Madame Bovary
Gustave
Flaubert
A
historia dunha muller que rompe coas convencións impostas polo seu mundo e o
seu tempo. A crónica minuciosa do seu fracaso e da súa soidade. Unha obra
mestra da literatura universal.
Madame Bovary é a novela máis ambiciosa
de Flaubert. Protagoniza este cativador relato Emma Bovary, unha fermosa muller
de temperamento inquedo e soñador, insatisfeita coa vida de rutina provinciana
que lle brinda a súa voda cun médico de carácter bondadoso e espírito prosaico.
Atrapada pola saudade dun vivir que concibe como unha perpetua primavera,
Madame Bovary vaise adentrar no camiño da transgresión das regras morais da súa
época, enfrontándose co desprezo da sociedade e coa súa propia perdición
individual
No hay comentarios:
Publicar un comentario