| A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis de Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da poboación, recluído agora na ZNC (Zonas Non Controladas) que se crearon especialmente para acoller esas minorías. Nos anos en que transcorre a historia, o mundo está dividido en 8 zonas, das que Europa é unha delas. Nesta Europa, que vive de costas ás abrumadoras desigualdades mundiais, parece que xa só é posible unha vida baseada no consumo e no conformismo. Aínda que formalmente segue a existir un poder político, o certo é que o poder real está en mans do G-12, o grupo de persoas que dirixe os seus destinos desde a sombra. |
| Agustín Fernández Paz (Autor/a) |
| Colección: INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO |
| 13ª Edición |
Caderno do Departamento de lingua galega e literatura do IES LEIRAS PULPEIRO de Lugo. Ventá aberta para promover e comentar lecturas voluntarias.
Mostrando entradas con la etiqueta O centro do labirinto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O centro do labirinto. Mostrar todas las entradas
11 abr 2012
O centro do labirinto
Suscribirse a:
Entradas (Atom)