Caderno do Departamento de lingua galega e literatura do IES LEIRAS PULPEIRO de Lugo. Ventá aberta para promover e comentar lecturas voluntarias.
Mostrando entradas con la etiqueta Do outro lado do espello. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Do outro lado do espello. Mostrar todas las entradas
1 may 2012
Do outro lado do espello
Aos seus dezaseis anos, Marisa aínda non sabe o que é o amor. Pide respostas a esa descoñecida que é a súa imaxe no espello. Mirándose sente unha dor invisible que arrinca dende o máis profundo do seu ser. Amalia, a súa mellor amiga; Luís Enrique, o rapaz que lle abre as portas ao mundo do teatro; Chari, a súa irmá e os seus pais son o espello onde as súas dúbidas van resolverse da forma máis inagardada. Jordi Sierra i Fabra, un dos autores máis lidos da literatura xuvenil contemporánea ofrece relato apaixonante sobre o descubrimento da identidade sexual na adolescencia. Con naturalidade e sen tabúes, a experiencia de Marisa ilustra sobre como aceptar e asumir a propia sexualidade para levar unha existencia feliz. Do outro lado do espello obtivo os premios Ramón Muntaner 2003 e Potagonista Jove 2005 ao mellor libro xuvenil en lingua catalana.
Autor: Jordi Sierra i Fabra
Suscribirse a:
Entradas (Atom)