Novela de xadrez (en alemán Die Schachnovelle, 1941) é a última novela do
escritor austríaco Stefan Zweig escrita pouco antes do seu suicidio, ocorrido o
22 de febreiro de 1942. Foi publicada de forma póstuma en 1944.
O relato é unha crítica clara contra o nazismo e os métodos da Gestapo, a
incomunicación e o exilio forzado, experimentado por Zweig, quen xamais
regresaría ao seu Austria natal. Novela de xadrez está considerada a súa obra
mestra.
Mirko Czentovié un home rudo e ignorante, ademais de ser o campión mundial indiscutible de xadrez. Durante unha viaxe en barco, algúns afeccionados do xadrez enfróntanse a el nalgunhas partidas amistosas que, por suposto, o campión gaña sen o menor esforzo.

Pero nunha partida co enigmático Dr. B., cos consellos dos pasaxeiros que
Czentovié non pode soportar, arrinca un empate. Czentovié, asombrado pide a
revancha ao día seguinte.
A noite antes da reunión, o Dr. B. conta a súa historia, e por que é
capaz de enfrontarse a un campión de xadrez. En realidade, o Dr. B. foi vítima
do nazismo, e torturado cun método particular: durante moito tempo permaneceu
nun illamento completo e total. Ao bordo da tolemia, a única cousa que lle deu
forza para resistir foi un manual de xadrez atopado por casualidade. O
"nobre xogo", coas súas infinitas posibilidades, mantivo viva a súa
atención, o que lle permitiu xogar centos de partidas na súa cabeza á vez que
manterse cordo.