Mostrando entradas con la etiqueta Malos tempos para os fantasmas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Malos tempos para os fantasmas. Mostrar todas las entradas

26 abr 2016

Malos tempos para os fantasmas

Cando Marta fai once anos, a súa familia abandona a vila onde residían e trasládase a vivir na cidade. Alugan unha casa antiga e espazosa, sobre a que circulan rumores inquietantes. Unha vez instalados na nova vivenda, comezan a se producir misteriosos sucesos, que afectan sobre todo á vida de Marta. A nena acabará descubrindo que na casa habita un fantasma invisible, co que se pode comunicar a través do ordenador. Un fantasma con raros poderes, condenado a permanecer na mansión ata que esta sexa destruída. Malos tempos para os fantasmas é unha novela de misterio que, axudándose do humor, nos achega ás dificultades que supón enfrontarse a múltiples cambios nos anos en que se abandona a infancia e comeza a adolescencia