María Solar
“Premio Fervenzas Literarias 2017 ao Mellor Libro Xuvenil do ano”
Sen dúbida, estamos diante da novela máis ambiciosa e lograda de
María Solar. Desta volta achégase a unha das aventuras máis importantes
da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan
idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpor,
brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos
hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando
parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante,
Isabel Zendal, xogará un apapel determinante. A historia comeza en 1803.
Na miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha tumba. Nun
mar hostil e desapiadado. No medio dese universo cruel, a esperanza e un
posible futuro. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este
libro, xa non o serán máis nunca.