O Señor das moscas é unha novela
de William Golding, publicada en 1954 co título
orixinal en inglés de Lord of the Flies. Foi traducido ao galego por Xosé María Gómez. Clemente en 1993.
Conta a organización
dun grupo de 30 nenos británicos perdidos nunha illa tropical deserta. O avión
que os transportaba para salvalos dunha guerra mundial ten un
accidente a causa dunha forte tormenta e eles son os
únicos superviventes. Diante deles preséntase unha oportunidade única: a illa
ten froitos e comida dabondo, e case ningún perigo. A imitación de A illa de coral os nenos
comezan a organizarse para sobrevivir. Pero as cousas pouco a pouco comezarán a
torcerse cando os nenos dexeneren na crueldade e a barbarie.
