Agustín Fernández Paz
Trátase dun libro formado por cinco relatos de diferente temática e extensión, pero cun fío común que lles dá unidade: todos teñen a unha rapaza como protagonista. Nun deles,Visitante das estrelas, unha extraterrestre chega á Terra e vese mergullada en diversos conflictos.
Noutro, Dúas rosas murchas, unha rapaza mantén unha estremecedora relación cunha pantasma. A protagonista de Unha pedra na area vive o seu primeiro amor influída pola presenza dunha estraña pedra...
Os relatos, desde a súa variedade de argumentos e enfoques, tratan de achegar ó lector ós problemas e vivencias desa idade fronteiriza en que comeza a adolescencia.