Texto: ANA FRANK
Fotografías: ANDRÉS PINAL
Fotografías: ANDRÉS PINAL
Tradución: TOMÁS RUIBAL
“Espero confiarche todo como non puiden facer con ninguén ata agora, que sexas para min un gran apoio”...
Así comezou o 12 de xuño de 1942 o seu diario unha rapaza de 13 anos chamada Ana Frank. Pertencía a unha familia xudeo-alemana afincada en Amsterdam. Durante a II Guerra Mundial víronse obrigados a agocharse nun refuxio para evitar seren levados aos campos de concentración nazis.
Desde o día do seu décimo terceiro aniversario, no que recibe de agasallo un diario, a cativa vai relatando as vivencias súas e da súa familia, e as persoas que compartiron con eles o encerro. Ana confíalle ao diario os seus medos, inquedanzas, o espertar á súa propia madurez, chegada de volta polo cambio repentino ao que a súa vida foi exposto, o cambio operado na xente que a rodeaba e os terribles acontecementos, o xenocidio e a barbarie que no exterior, fóra do “Cuarto de atrás”, vivía o pobo xudeo...