4 oct 2019

O último barco

Domingo Villar

A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a un xantar coa familia na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios. E, aínda que nada pareza alterado na casa nin na vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña ha comprobar que na vida, coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de correntes devastadoras.

2 comentarios:

  1. María Lamas Fernández. 1ºBAC B28/10/19, 10:23

    Recomendo moito a súa lectura, aínda que ao principio pareza un libro moi longo, ao final resulta moi interesante e intrigante, ademais de ser moi doado de ler.

    ResponderEliminar
  2. "O último barco é a novela máis recente de Domingo Villar que continúa coa cronoloxía de novela negra do inspector Leo Caldas. Desta vez, o noso protagonista é asinado a un suposto caso de desaparición dunha rapaza chamada Mónica Andrade, veciña de Tirán e profesora de cerámica na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Así e todo, aínda que todo pareza quedo e apracible, Leo comprobará máis tarde que cedo, o mar revolto que envolve a misteriosa desaparción de Mónica.

    Dende a miña opinión, a única contra que se pode resaltar deste libro é o seu lento comezo, o cal pode chegar a fartar ao mesmo lector, mais, porén ó final da novela chega a convertirse nunha magnífica obra chea de intriga, misterio e emoción. Finalmente, "O último barco" foi unha novela que me gustou moito e que paga a pena.

    ResponderEliminar