8 nov 2021



A capacidade de observación e o talento dedutivo de Sherlock Holmes relocen nestes dous relatos subxugantes. En O misterio dos bailaríns, o famoso detective resolve un intrigante asasinato grazas ao enxeñoso desciframento dun criptograma, mentres que en Penca de Prata Holmes ten que empregar toda a súa perspicacia para desbotar as probas que acusan o presunto culpable e identificar o verdadeiro asasino.

1 comentario:

  1. Iria Burgo Rodríguez11/11/21, 16:55

    O libro: 'O misterio dos bailaríns. Penca de Prata', gustoume moito. A obra consta de dúas historias con dous casos completamente distintos, e aínda que os dous relatos en conxunto gustáronme, prefiro o primeiro que o segundo, pareceume máis interesante e causoume máis intriga. Os protagonistas do libro son Sherlock Holmes, un famoso detective de Londres, e John Watson, o seu axudante. As dúas cousas que máis me gustaron dos relatos foron a maneira en que Watson relata os acontecementos e o xeito tan particular de Sherlock Holmes para descifrar os misterios. Fascíname a facilidade coa que o detective é capaz de resolver algo que ata que nos dan a solución parece imposible, pero iso tamén é polo método que Holmes usa para sorprender aos interlocutores cos que trata nas historias, o cal consiste en elaborar unha serie de deducións apoiada cada unha na precedente, pero só dar ás persoas as iniciais e a conclusión e despois descifrarlles as do centro e deste xeito creas unha impresión extraordinaria. Outro dos motivos polos que me gustou moito o libro foi porque en tan só cento vinte e oito páxinas expóñense dous casos completamente elaborados, o cal tendo en conta que é un relato detectivesco paréceme moi difícil. Eu creo que máis que o libro o que me fascina é o autor, xa que non é o primeiro relato que leo de Conan Doyle e todos me gustan, encántame a súa maneira de describir e darlle vida ao detective e aos meus ollos e eu creo que aos de todo o mundo é un gran escritor, xa que redactar a maneira en que Sherlock descifra os casos e pensar unha forma de darlle sentido completo as súas deducións non me parece nada doado.

    ResponderEliminar