19 ene 2021

Dragal I

A herdanza do dragón

Elena Gallego Abad (Autora)

Premio Frei Martín Sarmiento 

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega cunha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de "Dragal", o dragón galego.


 

2 comentarios:

  1. Olmo Portomeñe Sánchez24/1/21, 19:39

    DRAGAL: A HERDANZA DO DRAGÓN

    Este libro é o primeiro da saga Dragal, escrito por Elena Gallego Abad. Foi finalista do Premio Fundación Caixa Galicia en 2009.

    Tras a morte do seu pai, un neno múdase a unha pequena vila onde empezarán a suceder extraños acontecementos relacionados con Dragal. Outros nenos, que o protagonista califica coma mafiosos (abusóns), queren decubrir o segreto que el garda. Na historia coñece a unha nena que lle axuda na procura do dragón Dragal.


    COMENTARIO:

    O libro gustoume porque me encantan as historias de dragóns e de aventuras. A parte que máis me gustou foi o capítulo dezasete, cando aceden as catacumbas. A historia tamén ten un pouco de misterio e investigacións, xa que van descubrindo cousas sobre Dragal.

    Sen embargo hai partes do libro que non me gustaron tanto. Nalgúns capítulos non evoluciona a historia e quédase en cousas superficiais. Por exemplo: a veces conta o que Hadrián, o protagonista, fai calquera día normal. Para min ten que profundizar na historia porque pode que haxa cousas que non interesen.
    Tamén hai capítulos nos que non explica moito a trama e a historia queda flotando no ar.

    Recomendo lelo porque é apaixonante.

    ResponderEliminar
  2. Todavía no puedo creer que no sé por dónde empezar, me llamo Juan, tengo 36 años, me diagnosticaron herpes genital, perdí toda esperanza en la vida, pero como cualquier otro seguí buscando un cura incluso en Internet y ahí es donde conocí al Dr. Ogala. No podía creerlo al principio, pero también mi conmoción después de la administración de sus medicamentos a base de hierbas. Estoy tan feliz de decir que ahora estoy curado. Necesito compartir este milagro. experiencia, así que les digo a todos los demás con enfermedades de herpes genital, por favor, para una vida mejor y un mejor medio ambiente, por favor comuníquese con el Dr. ogala por correo electrónico: ogalasolutiontemple@gmail.com también puede llamar o WhatsApp +2348052394128

    ResponderEliminar