14 ene 2016

4ª Edición - Premio Fervenzas Literarias 2014 (Mellor libro xuvenil)
Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel frío que persegue a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais. Aquel frío que atenaza a Luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús. As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: «WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?».

1 comentario:

  1. Diego Ardura 4º ESO C22/1/16, 20:22

    Resumo:
    O libro trata sobre a vida de tres personaxes. Amanda, unha nai adolescente ; Uxío, un mal estudante que ten problemas coa noiva; e Luis, un profesor de instituto incapaz de asumir completamente a morte da súa muller.
    As súas vidas entrelázanse un dúa na estación de autobuses cando alguén fai un graffiti coa frase: WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISSAPEAR?

    Opinión:
    Este libro encantoume!
    A historia paréceme moi orixinal, e empaticei moito cos tres personaxes principais. Paréceme que están ben construídos e semellan estar cheos de vida. Gústame especialmente o modo no que as súas vidas se van entrelazando.
    A linguaxe na que está escrito o libro é sinxela, o que permite unha lectura lixeira e rápida. O libro non me aburriu en ningún momento e enganchoume especialmente no final.
    Se queres unha lectura lixeira e que che deixe unha boa sensación ao rematala, este é o teu libro!

    ResponderEliminar