14 ene. 2016



Novela de xadrez (en alemán Die Schachnovelle, 1941) é a última novela do escritor austríaco Stefan Zweig escrita pouco antes do seu suicidio, ocorrido o 22 de febreiro de 1942. Foi publicada de forma póstuma en 1944.
O relato é unha crítica clara contra o nazismo e os métodos da Gestapo, a incomunicación e o exilio forzado, experimentado por Zweig, quen xamais regresaría ao seu Austria natal. Novela de xadrez está considerada a súa obra mestra.
Mirko Czentovié un home rudo e ignorante, ademais de ser o campión mundial indiscutible de xadrez. Durante unha viaxe en barco, algúns afeccionados do xadrez enfróntanse a el nalgunhas partidas amistosas que, por suposto, o campión gaña sen o menor esforzo.
Pero nunha partida co enigmático Dr. B., cos consellos dos pasaxeiros que Czentovié non pode soportar, arrinca un empate. Czentovié, asombrado pide a revancha ao día seguinte.
A noite antes da reunión, o Dr. B. conta a súa historia, e por que é capaz de enfrontarse a un campión de xadrez. En realidade, o Dr. B. foi vítima do nazismo, e torturado cun método particular: durante moito tempo permaneceu nun illamento completo e total. Ao bordo da tolemia, a única cousa que lle deu forza para resistir foi un manual de xadrez atopado por casualidade. O "nobre xogo", coas súas infinitas posibilidades, mantivo viva a súa atención, o que lle permitiu xogar centos de partidas na súa cabeza á vez que manterse cordo.

9 comentarios:

  1. Atópome por primeira vez ante unha obra de Stefan Zweig e, a pesar da brevidade do texto, sorprendeue o seu xeito de estruturar a narración así como a súa forma de contar os feitos, direto e sen artificio, tanto nas descricións como nos diálogos.
    Como lectora puiden descubrir, ao mesmo tempo unha viaxe espazo-temporal nese navío onde nos sitúas os feitos, sendo os flashbacks un recurso moi utilizado, facendo uso, como fío condutor da novela, dun narrador-testemuña que nos introduce no pasado dos dous protagonistas.
    ...O Dr. B protagonista e alma do libro,é o creador de polos opostos vertebradors da acción: a intelixerncia fronte á brutalidade, o humanismo fronte á crueldade, o positivo e o negativo... Un dualismo que se manifesta en varios planos tanto físicos como da psique.
    Desde o meu punto de vista, Zweig móstranos a súa capacidade de observacíon da condición humana, o que se revela no talento co que aborda as biografías dos personaxes, como na súa capacidade de penetración sicolóxica.
    Polo tanto a engranaxe literaria que nos presenta é perfecta; xa que a partir das primeiras páxinas sentinme partícipe na súa espiral narrativa, involucrándome completamente na acción converténdome sen decatarme nunha testemuña máis dos feitos que estaban a acontecer.Considero esta obra moi recomendable para calquera amante da lectura.

    Natalia Torrón Sánchez 2ºBAC B

    ResponderEliminar
  2. Eugenia López González 2º BAC B2/3/17 21:08

    Esta historia recórdanos a humanidade das persoas. Hai personaxes máis fríos, pero tamén hai outros moi humanos, que foron os que máis me gustaron.
    A parte que máis me gustou foi a historia sobre o Dr.B. Creo que esta historia fainos reflexionar sobre a capacidade humana e sobre todo os nosos propios límites. Unha historia que fala dunha tortura, da soidade, porque as torturas non son só físicas. Este tipo de tortura íllate de todo, só estás ti, e acabas por explotar, porque o ser humano non está afeito á soidade. Nesta historia eu puiden sentir a deseperación, a andia e os desexos do personaxe, neste caso o Dr.B, polo que considero que é unha obra que transmite, aínda que o inicio da novela curta sexa máis ben unha narración na que tampuco poides profundizar moito.
    Persoalmente, gustoume moito esta obra, está moi ben escrita xa que en cada parte transmite o que quere o autor. Considero que é unha obra cuns personaxes moi ben caracterizados e sen dúbida unha obra extraordinaria.

    ResponderEliminar
  3. Nesta breve novela coñecemos a través do autor a dous homes que comparten a mesma paixón polo xadrez. Czentovic provén dunha vila rural, é un home bruto e inculto que resulta ser o campión mundial dese xogo. A outra cara da moeda é o doutor B, un intelectual que foi prisioneiro dos nazis baixo unha cruel tortura psicolóxica. Para ambos, o xadrez semella unha obsesión, e miden a súa habilidade nun duelo de titáns a bordo dun transatlántico rumbo a Bos Aires.

    Pareceume incrible que, a pesar de que os temas que trata parezan monótonos, lles poida conferir tanto dinamismo. Transmitiume a angustia, a desesperación que tivo que sentir un dos protagonistas a través da análise psicolóxica.
    Engaioloume de principio a fin, e que non vos engane o título, non é necesario coñecer o mate do pastor ou a defensa siciliana para ler esta novela. O autor conseguiu unha obra extraordinaria, facendo que o lector se involucre na historia coma se estivese a sentir a mesma presión que as demais testemuñas desas partidas de xadrez.

    ResponderEliminar
  4. Rocío Valín, 2 Bac15/6/17 12:03

    Na miña opinión, esta novela reflícte moi ben como a mente humana funiona ante situacións extremas. A min pareceume fasinante como a raíz do libro do libro que atopou comezou a obter unha vía de escape. Mais, ó converterse na enfermidade. Isto recordame o termo medio de Aristóteles, pois está ben ter afeccións, mais non podemos deixar que pasen a dominar a nosa vida.

    ResponderEliminar
  5. Esther Pena, 2º Bac15/6/17 12:14

    Gustoume moito esta novela, non pola historia en si, senón mais ben pola caracterización dos personaxes e pola forma de narrar do autor. Tamén por aquilo que o autor nos dá a entender sen dicilo explícitamente, esa loita que presentan os personaxes, a loita de dous opostos coma o son o branco e o negro no xadrez. Non sabería dicir con exactitude que representa cada personaxe, nin tampouco se dá a entender un claro vencedor no desenlace da novela, con todo a conclusión do libro paréceme idónea. A acción desenólvese rapidamente e, ademais, lese realmente rápido, xa que os personaxes atrápante dende a primeira ata a derradeira páxina.

    ResponderEliminar
  6. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  7. Nesta novela atopámonos nun barco que viaxa desde Nova York a Bos Aires, no cal destacan dous personaxes: O Dr.B e Czeentovic.

    O autor pretende que o lector entenda a historia que hai detrás das partidas de xadrez, o verdadeiro significado do libro: os abusos, as mortes e os encarceramentos no réxime nazi de Hitler. Neste caso céntrase especialmente nos abusos e torturas psicolóxicas que levaba a cabo a Gestapo para substraer a información favorable ao nazismo. Pero non só iso, senón que tamén cobra especial importancia a persoa torturada, que sufriu problemas psicolóxicas e acabou desenvolvendo una estraña adición polo único que o poñía en "liberdade".

    Persoalmente, o libro gustoume moito xa que trata un tema importante, e ademáis paréceme curioso que o manteña escondido detrás dun taboleiro de xadrez. Esta novelaa recoméndolla a calquera persoa interesada na lectura e especialmente a aquela xente que busque un libro que en poucas páxinas recolla una historia moi interesante.

    ResponderEliminar
  8. Ángel Núñez Lamas15/12/17 9:19

    Persoalmente fíxome reflexionnar moito a tortura psicolóxica que sufría día tras día o Dr.B, estando encerrado nun cuarto meses e meses, sen máis entretemento que ficar a súa mesilla, as paredes ou o baño... e coa presión diaria de someterse a un interrogatorio no cal podíase decidir a súa vida.
    Tamén me gustou moito o desenlace da novela, a tensión e a emoción que se creou coa partida final, na que se enfrentan o campión Mundial e o Dr.B; dúas mentes totalmente opostas que se deixan levar polo xogo ata chegaren a ser inimigos.
    Ángel Núñez Lamas 2ºBAC A

    ResponderEliminar
  9. O que máis nos chama a atención deste libro non é o ben que xogan ó xadrez, senón a situación pola que pasou o Dr.B. Como o ser humano pode ser torturado situándoo na nada, coa incomunicación… Como despois de estar meses sen saber nada do mundo, o atoparnos cun simple libro podemos chegar a tolear, neste caso cun libro de xadrez. Polo tanto estamos a ser conscientes unha vez máis das atrocidades dos nazis e da reacción do ser humano ante situacións como esta e tamén das súas consecuencias.
    Tamén debemos darnos de conta de que ás veces aínda que sexamos os mellores do mundo sempre pode chegar a haber alguén mellor ca nós, como ocorreu con este descoñecido home que resultou ter un talento para xogar ó xadrez impresionante, polo que nunca nos debemos crer superiores que ninguén.

    María Gómez 2ºBAC B

    ResponderEliminar