Coas cartas de libros que vos propoñemos queremos que conformedes o voso menú de lecturas.
Nelas ides atopar moitas posibilidades para adaptalas ao voso gusto persoal e ir aportando as vitaminas necesarias para medrar. Si, medrar intelectual e emocionalmente.
Coa lectura ides coñecer lugares lonxanos, personaxes interesantes, situacións misteriosas, aventuras de mozos e mozas coma vós, feitos emocionantes...
Lendo imos mellorar os nosos coñecementos.
Lendo imos mellorar a nosa comprensión.
Lendo imos mellorar a capacidade para expresármonos mellor.
Lendo imos mellorar a nosa ortografía.
Lendo podemos mellorar a nota en Lingua galega e literatura.
Lendo imos pasalo ben.