18 dic. 2015


Unha historia de amor e morte, un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria.

O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente. Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas. Xunto a un inigualable traballo cos personaxes, que logran adquirir a verosemellanza do real, a recreación de certos momentos da infancia fan desta novela unha das obras ineludibles para calquera lector galego que guste do trato con esa literatura que, como di Albert Camus na frase que enceta o libro, se basea na "verdade de ser e de sentir".

2 comentarios:

  1. A obra está composta por recordos de todos os veráns que Helena pasou con Carlos dende a súa infancia.Os sucesos van desordenados intentando manter a intriga sobre preguntas que se vai facendo a propia protagonista.Os temas son o amor, o paso do tempo e a morte.

    Encantoume ler esta novela, a pesar de ser bastante extensa é moi entretida.O final é bastante predicible durante toda a historia pero aínda así o autor mantén o interese do lector ou lectora en chegar a ese momento.

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida, "O sol do verán" é una obra que recomendó ler vivamente, tanto pola súa sinxeleza en canto a linguaxe e estrutura, como polo moito que nos pode ensinar sobre a importancia que ten a infancia ó longo da nosa vida.
    Tal vez o máis importante se atope nas derradeiras páxinas da novela, pero iso é o maravilloso, porque non podemos parar de ler por mor do moito que nos sorprende páxina tras páxina, e iso, é o que importa; gozar dunha boa lectura, o que sen dúbida, esta obra representa con gran mestría.

    ResponderEliminar