18 dic. 2015

Erros e Tánatos componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentidodo humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender. Erros e Tánatos é un libro magnífico que, con moita claridade narrativa, atrapa ao lector coas súas boas historias, historias e aconementos que se suceden medrando e creando unha grande tensión narrativa que remata nun final sorprendente, un final que explora os territorios do Tánatos por culpa dos Erros do azar. Partindo dunha forma clásica de narrar, Gonzalo Navaza escribiu un libro que divirte, que seduce; é o libro dun narrador eficiente que, sen lugar a dúbidas, constrúe unha obra notable. 

6 comentarios:

  1. ANTIA CEIDE CABADO 2ºBAC18/12/15 9:55

    Esta é unha novela moi interesante e dende o meu punto de vista moi orixinal polos temas que trata. O libro resulta sinxelo de ler e ten unha sintaxe sinxela. Trata diversos temas que interesan ao lector, como as consecuencias de namorarse, as desconfianzas, implicarse en situacións que non deberían, os medos e preocupacións, as inxustizas e a vinganza.
    A diversidade e variedade do autor fan que este libro sexa adecuado tanto para o público adulto como adolescente, e así poder deixarse atrapar polo seu talento.

    ResponderEliminar
  2. Peréceme un libro moi fácil de ler e de entender. Narra varias historias que teñen en común, a maioría das veces,un final tráxico. As historias en xeral gustáronme e parecéronme interesantes.

    ResponderEliminar
  3. Adrián Castro Montenegro18/12/15 10:08

    O libro pareceume realmente interesante. Normalmente non leo moitas historias curtas, e aínda que estas non aportan nada novidoso, parecéronme entretidas. Gustoume o feito de que as historias só compartan o seu final inesperado, que mesmo chega cando xa parece que a trama rematou.

    ResponderEliminar
  4. Erros e Tánatos é unha obra do profesor, tradutor, poeta e narrador Gonzalo Navaza, nado en Lalín o 1957. Foi publicado en 1996 e recibiu o Premio Arcebispo San Clemente

    A obra consta de 10 relatos curtos: “Bull e Mignonne”, “Castelos na area”, “O amigo Delmiro”, “Tinta chinesa”, “Decoración e interiorismo”, “O home do saco”, “A proba do alfinete”, “Balangandán”, “Viva a Revolución” e “Vinte pesos de prata”. Todos estes relatos teñen un tema en común: a morte ( Tánatos ).

    Cada un dos protagonistas ten un desexo que pretende cumprir.Os 10 teñen un final inesperado e tráxico. Rematan repentinamente.
    Nos relatos o narrador está en primeira persoa. Contan os feitos en pasado.


    Como lectora o libro déixame un baleiro de información xigantesco. E qué pasou despois?. Esta é unha pregunta que me viña á mente cando remataba de ler cada un dos relatos

    Para min a obra é moi entretida, non podes parar de ler para chegar a coñecer o desenlace. Utiliza un vocabulario apto tanto para o público adulto coma adolescente. Pola anterior razón, recomendo lela.

    ResponderEliminar
  5. Encantáronme todos os contos deste libro. Pareceume un conxunto moi entretido e divertido, e moi recomendable para un rato de desconexión e risa.

    Todos os contos teñen elementos sorprendentes e macabros, mais a pesar de ser así non se fan abafantes nin chegan a dar medo. Presenta a morte e a violencia dun xeito infomal e sen darlle importancia ou trascendencia.

    Sorprenden ao lector con desenlaces e accións brutais de personaxes aparentemente inocentes (como os nenos) situados no momento máis insólito.

    Por último, recoméndoo encarecidamente, sobre todo ó alumnado que estean agobiados e que teñan un rato libre, pois paréceme un libro relaxante, con ese humor macabro e esa forma de quitarlle importancia a feitos decisivos.

    ResponderEliminar
  6. Cómpre facer mención ao dinamismo presente en tódolos relatos debido a súa brevidade e ao uso dunha linguaxe sinxela e impregnada polo humor. Todo o conxunto do libro pretende transmitirnos a través de personaxes reais, a mensaxe de que as cousas non son o que parecen ser nun primeiro momento.
    En definitiva, a riqueza e variedade de Gonzalo Navaza converten este libro nun bo exemplar para un público tanto adolescente como adulto, para pasar un momento entretido e deixarse atrapar polo talento do autor.

    ResponderEliminar