17 nov. 2015

Obra gañadora do V Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2012
N'A Illa do Tesouro, Jim Hawkins, o narrador, ou Stevenson, o autor, non dan moitos detalles sobre a vida de Long John Silver. Só temos algúns trazos: que navegou co histórico capitán England, ou que está casado cunha muller negra.
Este é o xermolo de Bandeiras negras. Quen é esa misteriosa muller, onde coñeceu a Silver e como chegou a casar con el?

Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis sona: Bonnet, England... e Flint, o temible capitán do Walrus. Providence sabe cal é a vida á que está abocada dende o seu nacemento e será quen de rebelarse contra o seu destino. Non hai moitas oportunidades para as mulleres, e menos para as mulleres negras, no século XVIII. Pero as oportunidades, e a sorte, ás veces chegan andando sobre unha soa perna...

3 comentarios:

  1. Este libro gustoume porque trata dunha rapaza negra que oculta a súa identidade para cumprir os seus sonos coma pirata e vivir unha vida moi complicada e arriesgada. Loita contra o racismo e a discriminación, gustoume moito, recoméndoo moitísimo. Que haxa máis coma este libro por favor!!!

    Íñigo Barreiro Pérez. 1º ESO A

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

      Eliminar
  2. Unha das cousas que máis me gustan do libro é o seu final, no que se reflicte moi ben que os cartos que se poidan ter non serven para dar os máis importante, a felicidade. Isto pasoulle a Providence, que era negra e non tiña nada, pero conseguiu ser feliz e elixir o seu destino.

    Recomendaría esta lectura porque ten un bonito e importante significado, xa que agora a maioría da sociedade, sobre todo a xente nova, vai detrás dos cartos e non doutras cousas que os poderían facer máis felices.

    Iván Dono Doñé, 1º ESO B

    ResponderEliminar