16 nov 2015




Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.

2 comentarios:

  1. Diego Ardura17/11/15, 19:40

    Resumo:
    O libro está narrado dende o punto de vista dunha guionista chamada Alba Novo que, co resto do seu equipo, vai pasar un tempo a un hostal solitario situado na Fonsagrada. Ao pouco de chegar eles, comeza a nevar dunha forma incontrolable, e queda illados. Á vez, algúns hóspedes desaparecen de forma misteriosa. Os guionistas deciden aproveitar para escribir un relato cada un e lelos pola noite na sala, xunto á cheminea, para reunir ideas para o guión da serie.

    Opinión:
    Este libro encantoume!
    Agustín Fernández Paz é un dos meus autores preferido, e esta novela, aínda que na miña opinión non chega ao nivel de “Aire Negro” ou “Cartas de Inverno”, está moi ben escrita. Gustoume especialmente que houbese unha trama centra e que no medio se fosen intercalando outros relatos. O do asasino do can e o das xemelgas foron os meus preferidos. Outro cousa que me gustou foi o inesperado final, aínda que me pareceu un pouco precipitado. Recomendaríalle esta novela á xente que lle guste o xénero de terror.

    Diego Ardura - 4º ESO C

    ResponderEliminar
  2. Lucía Raña 4°B18/1/18, 17:08

    Neste caso, o libro co que nos encontramos é un libro que nos fala de relatos de terror cando realmente os personaxes que narran os contos están vivindo un pesadelo sen saber nin imaxinar nada. O libro ten una esencia xuvenil, xa que fala cun léxico moi fácil de ler e ademáis engade relatos cos que, a pesar de carecer de credibilidade e mezclar a ficción coa realidade, mantente espectante nas narracións. E sobre todo, o mellor é a trama da historia, xa que te mantén coa intriga de saber cal é o desenlace e saber cales serán os seguintes acontecementos. Lese moi rápido e é entretido. Recomendaríao totalmente, xa que coas historias que se afastan da realidade (non na súa totalidade) fai que a ficción obrigue a túa mente a imaxinar as historias. Encántame, porque a pesar de ser breve, conta con contido suficiente como para engancharte a ler o libro ata o final. Moi bo!

    ResponderEliminar