Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.Caderno do Departamento de lingua galega e literatura do IES LEIRAS PULPEIRO de Lugo. Ventá aberta para promover e comentar lecturas voluntarias.
16 nov 2015
Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Resumo:
ResponderEliminarO libro está narrado dende o punto de vista dunha guionista chamada Alba Novo que, co resto do seu equipo, vai pasar un tempo a un hostal solitario situado na Fonsagrada. Ao pouco de chegar eles, comeza a nevar dunha forma incontrolable, e queda illados. Á vez, algúns hóspedes desaparecen de forma misteriosa. Os guionistas deciden aproveitar para escribir un relato cada un e lelos pola noite na sala, xunto á cheminea, para reunir ideas para o guión da serie.
Opinión:
Este libro encantoume!
Agustín Fernández Paz é un dos meus autores preferido, e esta novela, aínda que na miña opinión non chega ao nivel de “Aire Negro” ou “Cartas de Inverno”, está moi ben escrita. Gustoume especialmente que houbese unha trama centra e que no medio se fosen intercalando outros relatos. O do asasino do can e o das xemelgas foron os meus preferidos. Outro cousa que me gustou foi o inesperado final, aínda que me pareceu un pouco precipitado. Recomendaríalle esta novela á xente que lle guste o xénero de terror.
Diego Ardura - 4º ESO C
Neste caso, o libro co que nos encontramos é un libro que nos fala de relatos de terror cando realmente os personaxes que narran os contos están vivindo un pesadelo sen saber nin imaxinar nada. O libro ten una esencia xuvenil, xa que fala cun léxico moi fácil de ler e ademáis engade relatos cos que, a pesar de carecer de credibilidade e mezclar a ficción coa realidade, mantente espectante nas narracións. E sobre todo, o mellor é a trama da historia, xa que te mantén coa intriga de saber cal é o desenlace e saber cales serán os seguintes acontecementos. Lese moi rápido e é entretido. Recomendaríao totalmente, xa que coas historias que se afastan da realidade (non na súa totalidade) fai que a ficción obrigue a túa mente a imaxinar as historias. Encántame, porque a pesar de ser breve, conta con contido suficiente como para engancharte a ler o libro ata o final. Moi bo!
ResponderEliminar