Obra
gañadora do V Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira
2012
N'A
Illa do Tesouro, Jim Hawkins, o narrador, ou Stevenson, o autor, non dan moitos
detalles sobre a vida de Long John Silver. Só temos algúns trazos: que navegou
co histórico capitán England, ou que está casado cunha muller negra.
Este
é o xermolo de Bandeiras negras. Quen é esa misteriosa muller, onde coñeceu a
Silver e como chegou a casar con el?
Páxina
a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se
converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis
sona: Bonnet, England... e Flint, o temible capitán do Walrus. Providence sabe
cal é a vida á que está abocada dende o seu nacemento e será quen de rebelarse
contra o seu destino. Non hai moitas oportunidades para as mulleres, e menos
para as mulleres negras, no século XVIII. Pero as oportunidades, e a sorte, ás
veces chegan andando sobre unha soa perna...
Este libro gustoume porque trata dunha rapaza negra que oculta a súa identidade para cumprir os seus sonos coma pirata e vivir unha vida moi complicada e arriesgada. Loita contra o racismo e a discriminación, gustoume moito, recoméndoo moitísimo. Que haxa máis coma este libro por favor!!!
ResponderEliminarÍñigo Barreiro Pérez. 1º ESO A
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
EliminarUnha das cousas que máis me gustan do libro é o seu final, no que se reflicte moi ben que os cartos que se poidan ter non serven para dar os máis importante, a felicidade. Isto pasoulle a Providence, que era negra e non tiña nada, pero conseguiu ser feliz e elixir o seu destino.
ResponderEliminarRecomendaría esta lectura porque ten un bonito e importante significado, xa que agora a maioría da sociedade, sobre todo a xente nova, vai detrás dos cartos e non doutras cousas que os poderían facer máis felices.
Iván Dono Doñé, 1º ESO B
É unha historia moi triste. Naquel tempo a xente era moi racista e machista e non me parece xusto que por ser muller tivese menos posibilidades ca un home en tódolos sentidos ,sobre todo por ser de raza negra. Ela enfrontouse ao seu destino e conseguiu o que sempre desexou.
ResponderEliminarEn xeral foi moi entretido e interesante.