7 may 2014

O fidalgo e outros relatos non forman unha unidade desde o punto de vista editorial. En efecto, o volume é unha escolma de oito mostras da narrativa breve de Otero Pedrayo, separadas no tempo por un longo período de vinte e cinco anos. Os catro primeiros (“O fidalgo”, “A criada”, “Dona Xohana e don Guindo” e “Medicina legal”) viron a luz no ano 1932 (Contos do camiño e da rúa, Santiago de Compostela, Nós).

Os catro restantes (“A revolta de Casdenón”, “Co luar escornado do San Martiño”, “O estraperlista dos coiros” e “O torques") proceden dunha obra publicada en 1957 que recollía un conxunto de vinte narracións breves que Otero escribiu en datas imprecisa. Porén, a súa edición formando parte dun mesmo volume é pertinente e oportuna xa que pertencen ao mesmo ciclo narrativo de Otero: unha narrativa realista na que non soamente imos atopar a épica de tema fidalgo, senón tamén unha cosmovisión do mundo galego, unha verdadeira antropoloxía galega.

10 comentarios:

  1. Algo que sen dúbida destacaría desta obra é a mestría de Otero Pedrayo para describir o ambiente rural da época na cal se desenvolve a historia. Toda a vida deste fidalgo, exceptuando o final, xirou entorno ao mundo rural, o gando, o campo, tec. Así vemos recreadas numerosas tarefas tradicionais, coñecendo en todo momento os ambientes que se crean ao longo desta historia.
    En definitiva, é un libro que me gustou, principalmente debido a que se conta detalladamente a vida e decadencia e vida dun fidalgo rural cunha brevidade inusitada para tal período de tempo.

    ResponderEliminar
  2. Laura López López15/5/14, 21:32

    "O Fidalgo" é un relato do volume "Contos do camiño e da rúa" publicado en 1932 en Santiago, pola editorial Nós. Foi escrito por Otero Pedrayo. A súa obra é narrativa e unha parte dela trata da alteración dos modos tradicionais de vida, como é o caso deste relato, que fala da decadencia da fidalguía.
    Relátase a vida do fidalgo don Xohán, dende a súa nenez, acompañado do seu pai, ata o seu suicidio, ao comezar o novo século. Non se sabe a que familia fidalga pertence don Xohán, o que fai que este personaxe se convirta nun símbolo da súa clase social. Nel represéntase a decandencia da mesma xa que o fidalgo remata a súa vida sendo funcionario despois de ver como a súa fortuna pasa a mans daqueles nos que confiaba para dirixila.
    O relato está narrado en episodios que transcorren de dez en dez anos. A linguaxe foi revisada e normativizada por Antón Palacios na edición da editorial Galaxia, facendo así máis doada a súa comprensión.
    É un relato fermoso, orixinal e moi ameno. Moi recomendable.

    ResponderEliminar
  3. Eugenia López7/11/16, 17:14

    O tema deste relato é o derrumbamento da fidalguía. Neste caso ponnos o exemplo de Don Xohán, que ao morrer seu pai, herda unha gran fortuna que pouco a pouco vai perdendo e decaendo. Hai un gran contraste entre o inicio da narración e o final, xa que ao inicio vemos un mozo que leva unha vida ben acomodada, na que viaxa dun pazo a outro, e ao final vemos a un home totalmente arruinado.
    Persoalmente pareceume un relato moi ben elaborado e entretido. Os personaxes caracterizan perfectamente a etapa que o autor quere representar. Ademais paréceme moi curiosa a forma de estruturar o relato.

    ResponderEliminar
  4. Patricia Barreiro Pérez, 2º BAC18/1/19, 12:55

    Está contado cunha realidade e cunha veracidade incribles, mostran con autenticidade a mentalidade e a vida da xente da época. É o que máis me gustou do relato, con diferenza.
    Recomendaríallo a xente que desexe saber máis sobre os costumes e a forma de vivir da Galicia do século XIX. Moi bo.

    ResponderEliminar
  5. Alba Varela, 2º BAC10/5/19, 13:55

    É un relato orixinal, moi ameno e cunha estrutura moi curiosa, xa que a historia de don Xohán vaise relatando de 10 anos en 10 anos.
    Eu recoméndoo xa que é moi curto e pódese ver, a través dos personaxes, a mentalidade e a evolución dunha clase social tan importante como foi a fidalguía.

    ResponderEliminar
  6. David López, 2°BAC
    Este relato cóntanos a vida do fidalgo Don Xohán, dende a súa nenez ata a súa morte. No comezo desta historia o personaxe principal pertence a unha familia fidalga, rica e poderosa. Cando Don Xohán herda os bens de seus pais, este realiza unha pésima administración dos mesmos, sendo presa fácil para os usureiros que semellaban ser seus amigos, que pouco a pouco van saqueando a riqueza da que dispoñía o fidalgo.
    O libro gustoume moito xa que define á perfección a fidalguía rural de finais do século XIX así como os costumes e as tarefas do campo.
    Recoméndoo por ser unha lectura amena, curta e sinxela.

    ResponderEliminar
  7. Sergio Fernández Núñez, 2ºBAC A
    É un relato onde se nos conta como foi a vida dun fidalgo do século XIX. Contén unha historia entretida e na que grazas a ela podemos ver como era a vida dos fidalgos galegos. A min gustoume porque é unha historia bonita aínda que que está dividida en diferentes etapas da vida do fidalgo entón nalgún destes saltos de etapas cóstache volver pillar o fío da historia.

    ResponderEliminar
  8. Javier López 2ºBAC16/12/19, 16:43

    "O fidalgo" é un relato escrito por Otero Pedrayo, que trata como tema principal o derrubamento da fidalguía e que representa con fidelidade o pensamento e modo de vida da xente que vivía no rural durante o século XIX.
    No texto vemos como ao inicio da narración don Xohán era un home con moitos pazos e propiedades,pero a medida que o tempo pasa vai perdendo as suás riquezas ata que, ao final do relato,vese sen cartos e con débedas.
    Baixo o meu punto de vista, paréceme un conto moi entretido e que fomenta que a xente sexa consciente co gasto dos seus cartos e non perda a cabeza.

    ResponderEliminar
  9. "O fidalgo" é un relato de Otero Pedrayo no que, o tema principal é a caída da fidalguía galega. O protagonista, don Xohán é un home que moi cedo queda orfo de pai moi pequeno. Vive varias aventuras ao longo da súa vida e ten algunhas propiedas pero que esta etapa comeza a decaer cas malas compañias, ca falta de diñeiro e cas débedas, ata que, finalmente, pola presión que tiña remata ca súa vida.
    Penso que o tema do libro é bastante entretido pero penso que o autor quería contar moitas cousas en moi poucas páxinas e penso que ás veces era complicado de entender.

    ResponderEliminar