29 abr 2014

Un ollo de vidro.


Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete

Nesta primeira obra Castelao preséntanos as memorias escritas por un esquelete nun cemiterio de cidade e que o enterrador lle entrega a el. Desde o propio prólogo, o autor sitúanos perante unha obra de humor macabro:
Iste enterrador tense por home de ben e cóntame cousas tráxicas que fan rir e cóntame cousas de rir que arrepían.

Mais o humor non é un fin en si mesmo, senón unha forma de analizar criticamente a realidade. O narrador das memorias tivera en vida un ollo de vidro, o cal lle permite ver na súa existencia de ultratumba. Así, vainos presentando pequenos cadros con personaxes que levan consigo á cova a súa ideoloxía, a súa forma de vivir, etc. Encontramos entre estes personaxes unha ridícula namorada que morreu de amor, un zapateiro que morreu de saudade por non poder cantar nun orfeón, uns políticos centralistas que se negan a falar en galego, un fracasado na emigración, un inglés que pensa que todo se arranxa con diñeiro... e, como remate, un vampiro que todas as noites se levantaba para chupar sangue aos vivos e que “Era..., ¡era un cacique!”

1 comentario:

  1. Alejandro Sánchez Cela 4ºB7/5/14, 11:11

    Particularmente , este libro gustoume moito. Non tanto polo premisa principal, a historia dun esquelete, senón pola crítica social que se esconde detrás. O feito de que o personaxe principal sexa un ser de ultratumba non aporta nada a novela pero tampouco a desprestixia en absoluto, únicamente lle confire un telón de fondo para que o autor poida expresar a súas opinión respecto a sociedade da época. Castelao fala do deshumanizado do urbano en contra do humano do rural, da frustración, da explotación caciquil… Toca temas moi serios, de feito, bastante tristes pero sempre con ironía e un humor, cheo de retranca, que lle dá toques chistosos a situación que non o teñen moito humor, o que provaca que o libro sexa máis fácil de ler e que se che escape alguna que outra risotada mentres les. En resumo recomendo encarecidamente ler este libro que aínda lixeiro, cheo de contido.

    ResponderEliminar