25 feb. 2014

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades».Narrada en primeira persoa, altérnanse os puntos de vista de un e outro irmán en cada un dos capítulos. Con esta obra Suso de Toro inicia unha nova vía que el define como «unha aventura, unha narración mítica, que comeza lenta pero intrigante e se vai acelerando coma un thriller».

3 comentarios:

  1. Andrea Blanco Pérez 4ºB11/4/14 11:12

    "A sombra cazadora" é probablemente, dende o meu punto de vista, un dos mellores libros que lin en galego. É unha historia de ciencia ficción ambientada no futuro, que reflicte unha realidade na que todo está controlado por un ordenador e unha pantalla que, na miña opinión, pode non estar moi lonxe do futuro que nos agarda.
    É unha historia que no meu caso me enganchou porque, ademais de que a ciencia ficción é un dos meus xéneros favoritos, a súa trama fíxome imposible parar de lelo; acabóuseme demasiado pronto, quedeime con ganas de máis.
    Recoméndollo a calquera clase de lector, ou non lector, xa que é moi fácil de ler e ameno.

    ResponderEliminar
  2. Ana Laura Correa Ribeiro, 4ºESO29/4/14 11:18

    “A Imaxe? Pero que diantres é iso? Sen dúbida o autor acabou co libro” E iso foi o primeiro que pensei cando o pai dos mozos protagonistas lles conta todo o referente ao seu pasado e á Imaxe. Nese momento pensei que o libro era moi malo e que Suso de Toro inventara cousas sen sentido. Enfadeime por ter escollido ese libro e non aquel que me recomendara a miña amiga. Pensei: “E se o deixo e leo outro?” Non. Debía terminalo por moi incoherente que fose. Agora, arrepíntome deses pensamentos.
    Ao longo da historia a miña opinión foi mudando conforme transcurría. Aparece Miguel, sen dúbida o meu personaxe favorito. E a partir de aí, comenzan as aventuras, todo o que deben pasar Clara e Teseo para encontrar o seu padriño e como deben fuxir da Imaxe, aquela que no comezo me parecía moi irrealista e que ao final gustoume.
    Recomendo o libro a todos os que lles guste a ciencia-ficción e pídolles que non cometan o meu erro, o de xulgar un excelente libro sen sequera telo acabadado.
    E agora diríxome aos que xa o leron. Non vos identificades co libro? Pensade, alguna vez non vos pasou de ir pola rúa e ver a alguén pasar polo paso de peóns sen ollar para os lados porque ía concentrado no móbil? E nas cafeterías, nas que os mozos están sentados tomando un café e coa mirada fixa na pantalla do ordenador? E a que ti tamén pasaches toda a tarde vendo a televisión? Será Suso de Toro un adiviño e está a predicir o fututo? Seremos escravos dunha pantalla ou Imaxe? Creo que lle darei as vacacións ó meu ordenador por un tempo.

    ResponderEliminar
  3. Patricia Barreiro Pérez 4º ESO C12/6/17 13:59

    Este libro conseguiu atraparme xa ao comezo como poucos. A situación desta familia, narrada espectacularmente, que vive agochada entre os muros da súa finca, na que os nenos descoñecen o exterior e o motivo do seu encerro é sobrecolledora. Sénteste un deles, confus@ e con curiosidade páxina tras páxina; pero pese a isto o libro segue a sorprenderte, con novas situacións, personaxes e segredos. É un libro para ler nunha tarde, sen descansos, transportándote ao seu mundo. Ademais, o libro faiche pensar e deixa moito lugar á imaxinación.
    Defintivamente recomendaríao a calquera persoa curiosa á que lle gusten os misterios; se ti es así asegúroche que non te deterás nin para cear ou mesmo para durmir. Espectacular.

    ResponderEliminar