7 may 2014

Longa noite de pedra (1962) é un dos libros claves para entender a nosa literatura contemporánea, libro emblemático, referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) acada nestas páxinas algúns dos seus momentos máis intensos, brillantes, conmovedores. A eficacia da comunicación poética, a forza da súa palabra, a autenticidade do sentimento e a procura en cada caso da expresión máis directa e sentida para o corazón humano fai destes poemas un valor universal e, á par, crónica intransferible dun tempo decisivo.

4 comentarios:

  1. Nalgúns poemas poemas o autor critica de maneira directa a guerra e noutros, faino de maneira moito máis melancólica e intimista, usando varios elementos autoviograficos. Un exemplo disto é o poema "O solda" , onde o autor relata o sucedido a un rapaz dende a súa sinxela vida no campo ata a súa morte no campo de batalla. Tamén hai outros que tratan o tma de maneira irónica e recorrendo a elementos fantásticos como "Fábula do home e o lobo" no cal Celso Emilio reflexiona de maneira filosófica sobre a guerra as trav´es do diálogo entre un home e un lobo, chegando á conclusión do pouco sentido desta guerra, sendo unicamenteunha matanza fraticida. Outro exemplo desta ironía pero moito máis amarga, é "Cartas a miña muller", onde o autor unha carta de amor na que en realidade denuncia a total ausencia de liberdade en todos os seus ámbitos.
    Outro aspecto importante do libro é a liña intimista que o autor dewsenvolve en moitos poemas. Fundamentalmente, o autor recorda o pasado feliz, a súa infancia, unha nenez marabillosa nun mundo bucólico creado polo propio autor.

    ResponderEliminar
  2. Nalgúns poemas poemas o autor critica de maneira directa a guerra e noutros, faino de maneira moito máis melancólica e intimista, usando varios elementos autobiograficos. Un exemplo disto é o poema "O soldado", onde o autor relata o sucedido a un rapaz dende a súa sinxela vida no campo ata a súa morte no campo de batalla. Tamén hai outros que tratan o tema de maneira irónica e recorrendo a elementos fantásticos como "Fábula do home e o lobo" no cal Celso Emilio reflexiona de maneira filosófica sobre a guerra as través do diálogo entre un home e un lobo, chegando á conclusión do pouco sentido desta guerra, sendo unicamente unha matanza fratricida. Outro exemplo desta ironía pero moito máis amarga, é "Cartas a miña muller", onde o autor unha carta de amor na que en realidade denuncia a total ausencia de liberdade en todos os seus ámbitos.
    Outro aspecto importante do libro é a liña intimista que o autor desenvolve en moitos poemas. Fundamentalmente, o autor recorda o pasado feliz, a súa infancia, unha nenez marabillosa nun mundo bucólico creado polo propio autor.

    ResponderEliminar
  3. A figura máis destacada da Xeración do 36 (escritores nados entre 1910 e 1920 marcados pola moblización durante a Guerra Civil, tanto humana como literariamente) A súa obra é de especial transcendencia na evolución da poesía galega do século XX.
    "Longa noite de pedra" é un libro que coñeceu numerosas edicións, versións a outras linguas... e mesmo se converteu en obra de culto nos círculos antifranquistas. Ningún libro de poesía galega conseguira nunca antes un éxito e unha difusión popular semellantes. Mesmo a expresión do seu título resultará desde entón a metáfora máis usual para se referir ao período histórico da ditadura.
    Os poemas deste libro, cifran o segredo da poesía máis humana e veradeira, ademais do compromiso cun tempo histórico e cunha terra concreta e reclaman para a poesía unha posta ao servizo da liberdade.
    Na miña opinión, é un libro que creo que captou á perfección o sentimento de moitos españois que buscaban a liberdade nunha época de ditadura.
    É un canto á liberdade, contra a represión e contra a guerra, ademais dun chamamento á unidade e á colaboración de todos os cidadáns do mundo.
    Gustaríame destacar o poema "Irmaus", o meu favorito do libro. Creo que é un poema de plena vixencia hoxe en día; de aprendizaxe, e máis na situación que estamos a vivir actualmente no noso país, deberiamos reflexionar e aplicalo ao noso pensamento.

    ResponderEliminar
  4. O título da obra, xunto con contido do primeiro poema utilizarase en moitas ocasións para referirse a periodo da ditadura franquista.
    Todos os poemas do libro, deixan ver dunha forma moi evidente o gran compromiso que ten o autor coa súa terra e tamén coas súas xentes.
    na miña opinión paréceme unha obra digna de ler tanto pola súa calidade literaria como tamén polo reflexo dunha época histórica moi importante para España.
    O que máis destaco dos poemas, é as ansias de liberdade como por exemplo no poema "libremente" e "aire puro"á mesma vez que evoca un pasado de tempos mellores.
    tamén na obra podemos atopar un ton irónico á hora de contar a poca libertade de expresión como en "carta á miña muller"
    Os dous poemas que máis me gustaron foron "Non", xa que amosa o gran inconformismo do poeta ante a situación que estaba vivindo, e "maría soliña", un poema dedicado a unha muller que foi procesada e condenada pola Inquisición. Grazas a este poema coñecemos tamén o gran clima de represión cara as mullleres naquela época.
    En resumo, merece a pena a obra debido a que nos mostra e da voz a todos as persoas que foron vítimas da falta de libertade da ditadura.

    ResponderEliminar