7 may. 2014


Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na nosa lírica contemporánea. Unha certa perspectiva temporal salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos. Amor e desamor, paixón pola vida e afirmación de vellos e inconmovibles soños constitúen a base principal deste poemario renovador, intenso, poderoso.

1 comentario:

  1. Laura López López15/5/14 21:15

    "Con pólvora e magnolias" é un poemario de Méndez Ferrín, publicado en 1976. A publicación deste libro, xunto con "Mesteres" de Arcadio López Casanova, supuxo un cambio de rumbo na lírica, opoñéndose á corrente monótona do socialrealismo. Destacou este libro pola mestura de temas combativos e sentimentais, De aí ven o seu nome.
    O tema do paso do tempo vinculado á morte oponse ao tema do amor e do desamor. Trata outros temas como a decandencia e a revolución. O tema da tristura está presente ao longo de toda a obra.
    Dende o meu punto de vista, a linguaxe do libro é moi complexa. Predomina o verso libre e a maioría dos poemas non están puntuados. Isto supuxo que a lectura do libro fose complicada para min, polo que non considero que sexa doado de ler.
    Aínda que é un libro moi importante na historia da literatura galega, non me chamou moito a atención, probablemente por ser de difícil comprensión.

    ResponderEliminar