14 oct 2013

Enderezo descoñecido


 Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán. Agora, Xerais ofrécea en edición galega, traducida por Emma Lázare Rodríguez.Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes. Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Book Review como “a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma”.

28 comentarios:

  1. Antia Ceide, 1ºBAC A12/11/14, 11:23

    A crueldade do nazismo sempre é un tema que impacta, pasen os anos que pasen. Desde a miña opinión a lectura deste libro é unha maneira moi clara de ver este fenómeno en poucas páxinas. A min persoalmente o tema do nazismo é un tema que me atrae moito e animo á xente a ler esta novela xa que se pode aprender moito mendiante a súa lectura.

    ResponderEliminar
  2. Andrea Blanco Pérez 1ºBAC A1/3/15, 12:30

    Trátase dunha historia sorprendente que che fai pensar. Ademais de ser curta é moi doada de ler, por isto e polo que nos conta dun xeito sintético, mais acertado, recoméndoa a calquera.

    ResponderEliminar
  3. Lucía Pasarín López 1ºBAC A4/3/15, 22:04

    A verdade é que non me esperaba moito do libro, pois vino tan pequeno que non imaxinaba que nel entrara unha historia que, finalmente, resultou curta pero emocionante. A autora condensou nun texto moi breve o impacto que causou Hitler e o nazismo nos propios alemáns demostrando perfectamente, no ano e medio que dura o intercambio de cartas, o dramático reflexo do xerme do nazismo. É, sen dúbida, unha novela de fácil lectura, interesante e atractiva.

    ResponderEliminar
  4. Laura Quintero 1ºBAC A12/6/15, 12:10

    Este libro pareceume moi interesante e que está moi ben escrito, en moi pouco espazo, non máis de setenta páxinas, conta unha terrible historia que en moitos casos foi real e que afectou a miles de persoas.

    ResponderEliminar
  5. Jennifer Núñez, 1º BAC12/6/15, 12:20

    Dende o meu punto de vista esta novela a pesar de ser unha novela curta recolle un amplo número de temas xa que fala da emigración, a política, o amor, a traizón, a loita polos soños ... e iso fai dela unha novela entretida e interesante.

    ResponderEliminar
  6. María Lamela14/3/16, 21:30

    Enderezo Descoñecido paréceme una obra totalmente impresionante por varias razón, pero sobre todo, por ser una novela contundente na súa dureza, demostrando que non son necesarias moitas páxinas para falar dun tema tan importante e criticado como é o nazismo e as ideas políticas.
    Na novela podemos ver como vai cambiando a amizade entre os dous personaxes; Max e Martin, segundo os acontecementos que pasan en Alemaña e tamén o cambio que sufriu Martin nos seus pensamentos e actitude.
    A mensaxe que transmite é impresionante a par que entretida.

    ResponderEliminar
  7. Esther Pena, 1º BAC-A14/6/16, 10:37

    Gustoume moitísimo este libro, que conseguiu engancharme dende a primeira carta ata a última, sobre todo porque con tan poucas palabras a autora cóntanos moito sobre o sufrimento dos alemáns, ao mesmo tempo que critica esta situación.

    ResponderEliminar
  8. Enderezo descoñecido é sorprendente, amósamos como en poucas páxinas un autor pode ser capa de cautivar a un lector.
    o libro narra, mediante o suo de cartas como a relación entre un xudeu e un alemán,que nun primeiro momento eran como irmáns vaise deteriorando pouco a pouco, debido a que a historia acontece na Alemania Nazi.
    O libro demóstranos como as persoas actuamos, as veces,por medo. E mostra o peor lado do ser humano, xustíficanse a morte de persoa coa idea de salvar ao resto da humanidade. E aínda que esto non debería ser así por desgraza segue a suceder a día de hoxe.
    O final do libro deixoume asombrada, xa que despois de intentar facer todo o posible, Martín termina con "enderezo descoñecido". Así demóstranos por que non debemos deixar de lado a quen formou parte do noso pasado, non podemos renegar del e moito menos ser desagradecidos,xa que aínda que a ninguén se lle debe negar a axuda a un coñecido menos aínda.

    ResponderEliminar
  9. Enderezo descoñecido pareceume unha obra realmente magnífica. A pesar da súa brevidade, foi suficiente para que a súa historia me conmovese.

    A historia está ambientada a comezos dos anos 30 en pleno auxe dos movementos totalitarios en Europa. O escenario sitúase en San Francisco, California,nos Estados Unidos, onde viven dous amigos alemáns, Max e Martin e onde rexentan un exitoso negocio de arte, o que lle permite a Martin regresar ao seu país de procedencia.

    Cando Martin volve a Alemaña, o partido nazi de Hitler comeza a acumular poder, polo que a situación do país enteiro comeza a mudar paulatinamente, así como a mentalidade dos seus habitantes.

    Cun final sorprendente e inesperado, trátase dunha emotiva historia de amizade na que se retrata a dramática situación da Alemaña nazi que todo o mundo debería coñecer.

    ResponderEliminar
  10. Este libro pareceume unha magnífica obra de arte, a súa brevidade é o que fai que este libro sexa único. En tan poucas páxinas pode introducirte naquela época, podes percibir esa crueldade que vivía un gran número de persoas, ese impacto que xurdiu Hilter e transformou a gran parte dos alemáns en antisemitas.

    Nesta obra obsérvase como unha persoa, contando falacias, pode ser o líder dun amplo grupo de persoas que na maioría cambioulles a forma de actuar e de pensar.

    Encantoume o libro, recoméndollo a calquera.

    ResponderEliminar
  11. Enderezo descoñecido é unha obra curta, conmovedora e apaixonante. A historia ambiéntase nos anos 30, en pleno auxe da dereita en Europa. En San Francisco, dous amigos alemáns, Max e Martín teñen unha exitosa galería de arte. Martín, grazas a isto, é capaz de volver a Alemaña coa súa muller e cos seus fillos.
    O nazismo vai cobrando forza e a personalidade de Martín cambia co paso do tempo. Ocorrerá así un interesante intercambio de cartas entre él e o seu amigo e socio xudeo Max. A historia cambia a forma de ver o feito histórico do nazismo. Hoxe en día parece impensable mais tamén o podía parecer por aquel entonces.
    Na miña opinión é un bo libro que reflicte a corrupción, o medo, a amizade entre outras moitas cousas. Pese a ser curto non quere dicir que sexa incompleto. O libro é claro, conciso e está repleto de sentimentos.

    ResponderEliminar
  12. Carmen Reyes García22/6/17, 0:14

    Este libro a pesar de ser tan curto conta unha historia que min me pareceu moi triste.
    Está narrado en forma de cartas durante os anos trinta, na época de Hitler. Conta como a mentalidade nazi chegou a romper a amizade que tiñan os dous protagonostas. Non é unha historia real, pero seguramente houbo moitos casos similares de xudeus amigos de alemáns que se volveron en contra deles, e cóntasenos dunha maneira diferente.
    Sen ser un libro de historia, ensínanos un punto de vista distinto da Alemaña e a mentalidade nazi.

    ResponderEliminar
  13. Patricia Barreiro Pérez 1º BAC A20/6/18, 9:38

    Interesantísima. Magnetizante. Unha vez que me metín na historia non puiden soltala ata o final, curta de máis, pero cunha trama impactante.
    A novela, escrita de maneira epistolar, amosa dous puntos de vista moi diferentes; o dun americano liberal e o do seu amigo, patriota alemán. Desenvolta durante a subida ao poder de Hitler e narrando de forma desgarradora as consecuencias que isto trouxo.
    A novela tivo moitísimo éxito no seu tempo, e con razón, pois é unha obra marabillosa. Pese a todo, non podo dicir que me gustara, debido á dureza da historia, mais recoméndoa sen dubidalo a calquera persoa disposta a abrir os ollos.

    ResponderEliminar
  14. Martín Villares 1º BAC A6/3/19, 21:13

    Enderezo descoñecido é unha curta pero engaiolante historia. Certo é que a historia é un pouco triste polos feitos que lle acontecen aos protagonistas, os cales viron a súa amizade truncada debido a mentalidade nazi, e que narra o dura que foi aquela época debido a esta mentalidade.
    É un libro que recomendaria sen dubida algunha a todo o mundo.

    ResponderEliminar
  15. Sergio Fernández Núñez 1ºBAC A

    Recomendo este libro xa que é un libro entretido e rápido de ler onde nos conta unha historia de dous amigos, un deles xudeu; e como se foron distanciando por culpa do cambio de ideoloxía. Está ambientado na segunda guerra mundial.
    A parte que a min máis me gustou foi cando o xudeu empezou a mandarlle cartas ao alemán como forma de venganza por non haber axudado a súa irmá.
    Recoméndovolo en serio.

    ResponderEliminar
  16. David López Cordero 1°BAC A

    Este libro gustoume moito. Tratase dunha lectura rápida, sinxela e amena. Este libro conta unha historia na cal dous bos amigos rompen a súa amizade por cuestións ideolóxicas.
    Recomendaríallo a calquera xa é unha bonita lectura, apta para tódalas as idades. A parte que máis me gustou foi a boa relación que mantiñan os persoxes a través do correo.

    ResponderEliminar
  17. Claudia Gallego Fernández 1ºBAC C16/12/20, 1:14

    Enderezo descoñecido é un libro que conta unha historia ficticia entre dous amigos pero que está basada en feitos reais, como foi o movemento nazi.
    É unha novela curta pero con moito sentimento e moi interesante xa que ves como as ideoloxías dos personaxes van cambiando por influencia de terceiras persoas que farán que a relación de amistade finalice. Ademais é sencilla e rápida de ler, e aprendes historia coa súa lectura.
    Persoalmente gustoume moito este libro e recomendo a súa lectura sen dúbida algunha.

    ResponderEliminar
  18. Aroa Vargas Quiñoá 1º BAC C18/12/20, 12:19

    È un libro moi intenso na súa esencia debido a que conta un pasado histórico moi duro.
    Conta a historia de dous vellos amigos a cál remata nun tráxico final para un deles... Demostra como poden cambiar as ideas principais de alguén e os seus sentimentos a base da presión social.

    ResponderEliminar
  19. Samuel Vázquez López2/2/21, 19:52

    Recomendo moito este libro por moitos motivos. Por exemplo a historia é contada nun momento histórica moi importante para o mundo,empeza antes do inicio da Primeira Guerra Mundial e a historia continúa ata case o final desta. Tamén nos conta os feitos dende un punto de vista que non se ve tanto como foi ou puido ser unha relación entre inimigos,neste caso xudeus e alemáns. Outro factor moi atractivo é o uso do xénero epistolar e tamén dunha forma máis informal,xa que non é a típica novela senón que son cartas nas que os personaxes atúanse e falan sen ningún tipo de tímidez entre eles

    ResponderEliminar
  20. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  21. Nerea Durán 1ºBAC A13/2/21, 13:20

    Este libro fíxome ver o hipócritas e egoístas que podemos chegar a ser. Xa que Martín ao final do libro reclamoulle a Max todo o que un día lle negara a el. Pareceume que a pesar da súa brevidade, este libro ten unha mensaxe moi clara acerca da realidade que vivían en Alemaña e a forma en que lles lavaban o cerebro os nazis para que pensasen igual que eles.

    ResponderEliminar
  22. María Azarquiel Sánchez 1°BAC C

    Enderezo descoñecido é unha novela breve publicada en EEUU no ano 1938. Relata a relación de amizade que hay entre Max e Martin durante o ascenso do nazismo, dous amigos que nun momento das súas vidas deben separarase, un é alemán e vive en Berlín e outro é xudeo e vive en San Francisco.
    A novela é de carácter epistolar, xa que para relatar a historia emprega cartas as cales vanse enviando os protagonistas ao longo da historia.
    Para mín o máis nteresante da historia é o proceso de Martin, como a través da propaganda e o adoutrinamento nazi, pode chegar a cambiar tanto a súa maneira de ser e de pensar.
    Recomendo este libro, porque amosa de maneira breve, amena e entretida a realidade social e política da Alemaña Nazi, movemento histórico que me parece indispensable coñecer xa que forma parte da historia contemporánea do mundo e pode axudarnos a entender o noso presente.

    ResponderEliminar
  23. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  24. Andrea Vila López 1º BAC B13/4/21, 20:48

    Este é un libro que recomendo, pareceume que reflicte moi ben a situación dos xudeus e dos alemáns na época. Trata dos distintos puntos de vista dos protagonistas. Aínda que é un libro moi curto e de rápida lectura ten unha historia bastante completa nas súas páxinas. Nel obsérvase o cambio do personaxe de Martín en pouco tempo, que pasa de estar nunha amizade moi importante para él a non querer saber nada do seu mellor amigo e compañeiro de vida e negocios, incluso chega ao punto de non axudalo cando este necesitaba axuda urxente. É unha lectura válida para unha ampla variedade de idades. Paréceme que a autora intenta reflectir a súa opinión ao respecto deste tema,a collida do poder por parte de Hitler, e enfrontar aos grupos que existían na época

    ResponderEliminar
  25. Lucía Moreno Osés 1ºBAC B

    Para min, "Enderezo Descoñecido" é un libro fácil de ler pero difícil de esquecer. Nela vese claramente que, debido aos ideais políticos, inlcuso ao fanatismo, a xente esquece que todos somos humanos. Está cheo de crueldade. Os feitos da ficción desgraciadamente foron reais.
    Hai frases que che fan pensar, como: "Falo con toda sinceridade cando dis que te queren como amigo, non pola túa raza, senón a pesar dela".
    Recoméndollo a todos.



    ResponderEliminar
  26. ValentinaDesirée17/5/21, 17:21

    Recomendo encarecidamente leer Enderezo descoñecido, é un libro curto e fácil de entender, apesar de ser simple e sinxelo o tema do cal trata é crudo e en poucas palabras pode chegar a expresar innumerables feitos.
    Asimesmo é un libro moralizador centrandose na evolución dos pensamentos e ideais dos seres humanos(o cambio de Martin de ser unha persoa totalmente pacifista a ser un fiel seguidor do nazismo) e na evolución das relacións persoais entre as persoas(a amizade entre Martin e Max) ademais de histórico xa que relata o desenvolvemento e a influencia de Adolf Hitler durante a Alemania nazi.

    ResponderEliminar
  27. Pareceume un libro que sabe deleitar ao lector a pesar de ser curto posto que é bastante concreto. O que máis me chamou a atención foi a evolución de Martin, que pasou de ser unha persoa aberta, comprensible e moi amigo dos seus amigos a ser unha persoa moi patriótica e fría co ascenso de Hitler ao poder.
    Recomendoó porque considero que é un libro que sabe reflectir a situación que se viviu na Alemania Nazi con palabras simples e para todos os públicos.

    ResponderEliminar
  28. Nerea Villar Corral29/11/21, 23:06

    É unha historia curta pero que che fai pensar, no que foi o nacismo, a súa crueldade. Na miña opinión é un libro que todas as persoas debían ler, xa que dunha forma moi curta a autora resumiu o impacto que causou Hitler nos propios alemáns.

    ResponderEliminar