21 nov 2013

Galván en Saor


O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas .Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxe ós antigos mesteres da narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben coñece. A palabra na súa medida xusta, o idioma en todo o seu frescor e galanura, a imaxe lírica ben medida para que non apague a historia senón que a potencie e enleve. Estas son as artes e as sabedurías de Darío Xohán Cabana.
    A obra foi Premio Xerais de Novela no1989.

1 comentario:

  1. Alba Valín 4ºB22/11/13, 11:23

    Ao principio, cando lin as primeiras páxinas do libro, comecei a pensar que sería coma outros moitos libros que nos recomendan ou obrigan a ler no instituto: aburrido e moi pouco interesante, pero teño que recoñecer que mereceu a pena proseguir coa súa lectura, pois foi un libro moi entretido e interesante.

    Nas primeiras páxinas non me resultou de todo doado comprender certas palabras xa que non estou acostuada a ler en galego, pero a medida que a novela ía avanzando, puiden seguir a narración con maior facilidade. Agora podo describilo como un libro de lectura sinxela. Ademais, o ton burlesco que utiliza o autor en todo momento faino ameno e divertido, especialmente cando o empregan os Cabaleiros do arco da vella.

    O que máis me chamou a atención, foron os saltos no tempo, ao principio desconcertáronme pero rápido me afixen a eles. É curioso que tan pronto se describe a Galván enriba dunha moto, de repente, o automóbil convértese nun veloz cabalo.

    Aínda que o que máis me gustou foi o que o autor nos contaba das aventuras de Galván por Saor ¡Non logro asimilar que fora un home de cincuenta anos! Cada pouco imaxinábao coma un rapaz de vinte xa que a súa maneira de pelexar en combante era áxil e con forza. Resúltame un personaxe interesante ao cal se lle podería sacar moito proveito cun libro sobre a súa mocidade.

    Isto todo fai un libro moi recomendable e que, sendo eu moi crítica cos libros, merece pola miña parte un oito sobre dez.

    ResponderEliminar