14 oct. 2013

Enderezo descoñecido


 Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán. Agora, Xerais ofrécea en edición galega, traducida por Emma Lázare Rodríguez.Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes. Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Book Review como “a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma”.

12 comentarios:

  1. Antia Ceide, 1ºBAC A12/11/14 11:23

    A crueldade do nazismo sempre é un tema que impacta, pasen os anos que pasen. Desde a miña opinión a lectura deste libro é unha maneira moi clara de ver este fenómeno en poucas páxinas. A min persoalmente o tema do nazismo é un tema que me atrae moito e animo á xente a ler esta novela xa que se pode aprender moito mendiante a súa lectura.

    ResponderEliminar
  2. Andrea Blanco Pérez 1ºBAC A1/3/15 12:30

    Trátase dunha historia sorprendente que che fai pensar. Ademais de ser curta é moi doada de ler, por isto e polo que nos conta dun xeito sintético, mais acertado, recoméndoa a calquera.

    ResponderEliminar
  3. Lucía Pasarín López 1ºBAC A4/3/15 22:04

    A verdade é que non me esperaba moito do libro, pois vino tan pequeno que non imaxinaba que nel entrara unha historia que, finalmente, resultou curta pero emocionante. A autora condensou nun texto moi breve o impacto que causou Hitler e o nazismo nos propios alemáns demostrando perfectamente, no ano e medio que dura o intercambio de cartas, o dramático reflexo do xerme do nazismo. É, sen dúbida, unha novela de fácil lectura, interesante e atractiva.

    ResponderEliminar
  4. Laura Quintero 1ºBAC A12/6/15 12:10

    Este libro pareceume moi interesante e que está moi ben escrito, en moi pouco espazo, non máis de setenta páxinas, conta unha terrible historia que en moitos casos foi real e que afectou a miles de persoas.

    ResponderEliminar
  5. Jennifer Núñez, 1º BAC12/6/15 12:20

    Dende o meu punto de vista esta novela a pesar de ser unha novela curta recolle un amplo número de temas xa que fala da emigración, a política, o amor, a traizón, a loita polos soños ... e iso fai dela unha novela entretida e interesante.

    ResponderEliminar
  6. María Lamela14/3/16 21:30

    Enderezo Descoñecido paréceme una obra totalmente impresionante por varias razón, pero sobre todo, por ser una novela contundente na súa dureza, demostrando que non son necesarias moitas páxinas para falar dun tema tan importante e criticado como é o nazismo e as ideas políticas.
    Na novela podemos ver como vai cambiando a amizade entre os dous personaxes; Max e Martin, segundo os acontecementos que pasan en Alemaña e tamén o cambio que sufriu Martin nos seus pensamentos e actitude.
    A mensaxe que transmite é impresionante a par que entretida.

    ResponderEliminar
  7. Esther Pena, 1º BAC-A14/6/16 10:37

    Gustoume moitísimo este libro, que conseguiu engancharme dende a primeira carta ata a última, sobre todo porque con tan poucas palabras a autora cóntanos moito sobre o sufrimento dos alemáns, ao mesmo tempo que critica esta situación.

    ResponderEliminar
  8. Enderezo descoñecido é sorprendente, amósamos como en poucas páxinas un autor pode ser capa de cautivar a un lector.
    o libro narra, mediante o suo de cartas como a relación entre un xudeu e un alemán,que nun primeiro momento eran como irmáns vaise deteriorando pouco a pouco, debido a que a historia acontece na Alemania Nazi.
    O libro demóstranos como as persoas actuamos, as veces,por medo. E mostra o peor lado do ser humano, xustíficanse a morte de persoa coa idea de salvar ao resto da humanidade. E aínda que esto non debería ser así por desgraza segue a suceder a día de hoxe.
    O final do libro deixoume asombrada, xa que despois de intentar facer todo o posible, Martín termina con "enderezo descoñecido". Así demóstranos por que non debemos deixar de lado a quen formou parte do noso pasado, non podemos renegar del e moito menos ser desagradecidos,xa que aínda que a ninguén se lle debe negar a axuda a un coñecido menos aínda.

    ResponderEliminar
  9. Enderezo descoñecido pareceume unha obra realmente magnífica. A pesar da súa brevidade, foi suficiente para que a súa historia me conmovese.

    A historia está ambientada a comezos dos anos 30 en pleno auxe dos movementos totalitarios en Europa. O escenario sitúase en San Francisco, California,nos Estados Unidos, onde viven dous amigos alemáns, Max e Martin e onde rexentan un exitoso negocio de arte, o que lle permite a Martin regresar ao seu país de procedencia.

    Cando Martin volve a Alemaña, o partido nazi de Hitler comeza a acumular poder, polo que a situación do país enteiro comeza a mudar paulatinamente, así como a mentalidade dos seus habitantes.

    Cun final sorprendente e inesperado, trátase dunha emotiva historia de amizade na que se retrata a dramática situación da Alemaña nazi que todo o mundo debería coñecer.

    ResponderEliminar
  10. Este libro pareceume unha magnífica obra de arte, a súa brevidade é o que fai que este libro sexa único. En tan poucas páxinas pode introducirte naquela época, podes percibir esa crueldade que vivía un gran número de persoas, ese impacto que xurdiu Hilter e transformou a gran parte dos alemáns en antisemitas.

    Nesta obra obsérvase como unha persoa, contando falacias, pode ser o líder dun amplo grupo de persoas que na maioría cambioulles a forma de actuar e de pensar.

    Encantoume o libro, recoméndollo a calquera.

    ResponderEliminar
  11. Enderezo descoñecido é unha obra curta, conmovedora e apaixonante. A historia ambiéntase nos anos 30, en pleno auxe da dereita en Europa. En San Francisco, dous amigos alemáns, Max e Martín teñen unha exitosa galería de arte. Martín, grazas a isto, é capaz de volver a Alemaña coa súa muller e cos seus fillos.
    O nazismo vai cobrando forza e a personalidade de Martín cambia co paso do tempo. Ocorrerá así un interesante intercambio de cartas entre él e o seu amigo e socio xudeo Max. A historia cambia a forma de ver o feito histórico do nazismo. Hoxe en día parece impensable mais tamén o podía parecer por aquel entonces.
    Na miña opinión é un bo libro que reflicte a corrupción, o medo, a amizade entre outras moitas cousas. Pese a ser curto non quere dicir que sexa incompleto. O libro é claro, conciso e está repleto de sentimentos.

    ResponderEliminar
  12. Carmen Reyes García22/6/17 0:14

    Este libro a pesar de ser tan curto conta unha historia que min me pareceu moi triste.
    Está narrado en forma de cartas durante os anos trinta, na época de Hitler. Conta como a mentalidade nazi chegou a romper a amizade que tiñan os dous protagonostas. Non é unha historia real, pero seguramente houbo moitos casos similares de xudeus amigos de alemáns que se volveron en contra deles, e cóntasenos dunha maneira diferente.
    Sen ser un libro de historia, ensínanos un punto de vista distinto da Alemaña e a mentalidade nazi.

    ResponderEliminar