Premio Nacional de Narrativa e Premio Torrente Ballester, este libro de
relatos de Manuel Rivas (A Coruña, 1957) supuxo a súa consagración
definitiva como narrador. Un orixinal universo literario que enxalza a
grandeza do pequeno, que descobre o milagre do mundo no soño dun
saxofonista ou na brancura luminosa do leite fresco. Unha ollada dura e,
ao tempo, delicada sobre ese territorio no que a realidade linda cos
soños, onde se agocha a verdade de cadaquén.
"Que me queres amor?" é unha obra de relatos curtos que polo título ben pasaría por unha novela. Cada relato trata dunha maneira diferente o concepto de amor:cara unha muller, amor familiar, á natureza... Caracterízase pola especial tenrura que lle colles ás personaxes. Hai algunhas en concreto coas que te sentes moi identificado. O autor consegue atraparte na historia e en numerosas ocasións acabas cun mal sabor de boca polo final tan inesperado. Por último, quero destacar a adaptación cinematográfica de "A lingua das bolboretas", un relato ambientado nos momentos previos ao estalido da Guerra Civil que conta a boa amizade entre un mestre e un neno. Moi conmovedora e esencial. Soubo trasladar as emocións do autor do relato ao cine. En xeral é un libro que che transmite uns sentimentos moi intensos.
ResponderEliminar