Volume que reúne dez relatos escritos nun amplo marco temporal. Todos
exploran, desde variadas perspectivas e rexistros, diversas concepcións
do amor e do desamor, desde o descubrimento adolescente á afirmación
póstuma, do amor idealizado ao pasional, do amor esquecido ou frustrado
ao recuperado. Os relatos indagan con gran profundidade nos sentimentos
humanos, ás veces desde a melancolía ou desde unha profunda tristeza;
con todo, conteñen un pouso de alegría que pon de manifesto o amor, unha
paixón capaz de cambiar completamente a vida das persoas, da que sempre
queda algo, aínda que sexa en forma de lembranza.
As historias mostran algunhas claves da poética do autor: o diálogo con creacións culturais diversas, a mirada literaria e cinematográfica, a evocación do pasado, neste caso a través da memoria sentimental, a homenaxe aos libros, a presenza do sobrenatural ou o imprevisible azar.

Este libro pareceume moi bo. É moi bonito e emocionante, e amosa un abano bastante amplo de varias historias de amor, diferentes todas, as unhas das outras.
ResponderEliminarO atractivo deste libro, para min, son os diferentes aspectos do amor, como o amor a un lugar, a un obexecto ou dun can, a parte do clásico amor dunha persoa cara a outra.
O meu relato favorito é 'Esta estraña lucidez', xa que, aínda que che dan bastantes pistas, o final é bastante inesperado e triste.