8 oct 2013

A neta do Señor Linh


Dúas soidades que se xuntan. Un vello, o señor Linh, que abandona o seu país fuxindo da guerra e levando nos brazos a súa neta, único motivo polo que vaiaxa cara a unha terra hostil da que descoñece a lingua e os costumes. E un home só, o señor Bark, que vive decote sumido nas súas lembranzas.

O día a día do protagonista mostra unha experiencia de soidade, desarraigo e illamento, unha realidade crúa, pero é tamén un canto á tolerancia, ao respecto e á esperanza a través da amizade.

41 comentarios:

  1. "A neta do Sr. Linh" é un libro breve pero moi interesante. Trata temas como a vellez, a amizade, a guerra, a inmigración e a soidade en pouco máis de 100 páxinas. Pareceume un libro precioso, porque fai pensar sobre o importante que é ter esperanza e o valiosa que pode chegar a ser unha amizade. É un libro moi triste pola historia que nos conta e tamén polo final tan insesperado. Dá unha visión da inmigración e da vellez moi diferente á típica, axudando a reflexionar sobre estos temas.
    En conclusión, é un dos libros máis bonitos que lin, é unha historia que estou segura que non vai decepcionar a ninguén.

    ResponderEliminar
  2. María Lamela 2ºBAC11/10/13, 11:18

    Este libro é moi fácil de ler e bastante breve. Trata varios temas como por exemplo o valor que pode ter unha amizade nalgúns momentos da túa vida, a soidade, a guerra, as inmigracións e tamén a vellez. Pareceume un libro moi interesante, e gustoume moito. Creo que llo recomendaría a todo o mundo para que poideran gozar da súa lectura. A pesares de que o final é moi triste, gústame a forma na que se vai explicando como, pouco a pouco, a vida do señor Linh se vai indo e o cariño coa súa neta.
    En conclusión recomendaríallo a calquera porque invita a reflexionar sobre moitos temas que nos poden ocorrer ao largo da nosa vida.

    ResponderEliminar
  3. Adrián Vázquez Castro10/2/14, 11:26

    Este libro cóntanos a historia dun home vello de orixe asiática que debido a unha guerra no seu país ten que marchar da súa pequena vila e exiliarse. O único que lle queda na vida é a súa neta, xa que o resto dos seus familiares faleceron durante a guerra. Chega a un país decoñecido onde coñecerá a un home, o señor Bark, que se converterá nun gran amigo e co que terá moi longas conversas a pesar de non falar a mesma lingua.
    É un libro moi sinxeliño de ler, recomendable, pero moi intenso, métese un facilmente na historia, historia que na miña opinión é moi triste, pero da cal se sacan moitas ideas. O final é sorprendente e engade valor ao lido anteriormente.

    ResponderEliminar
  4. Katia Lodeiro Penas3/10/14, 11:25

    É unha novela que destaca pola dozura que desprende.
    Un vello, o señor Linh ten que marchar do seu país por culpa da guerra, o único que lle queda é a sua neta, que fai un papel moi importante na novela, xa que todo o que fai o ancián faino por e para ela, sempre mirando polo seu ben, e esa foi unha das cousas que máis me gustaron, a tenrura e o amor dun avó cara á súa neta.
    Outro elemento que destacou cando lin a novela foi, a soidade e as lembranzas do señor Bark, a súa muller está moi presente na súa vida aínda que ela falecera. Todo isto fai que a unión que teñen os dous homes crease ynha amizade que supera a dificultade que ten non falar o mesmo idioma, isto demostra que dá igual a lingua que fales, de onde sexas.. a amizade ten outro tipo de valores...

    ResponderEliminar
  5. Sara Gallego Cruz9/10/14, 11:23

    O libro "A neta do señor Lihn" é unha historia de amizade que xorde entre dúas persoas que se atopan terriblemente soas.
    Gústame moito o personaxe do señor Bark. Ten moitas cousas en común co señor Lihn, é un home triste porque tamén estaba só no mundo e que abriu o seu corazón a ese home que acababa de coñecer. Ademais, era dos poucos que entendía o valor da neta para o seu amigo a pesar de que non falaran a mesma lingua.
    O libro fainos pensar que o que realmente importa na amizade son os sentimentos, non as palabras.


    Sara Gallego Cruz, 2ºBAC

    ResponderEliminar
  6. Ana Pena López9/10/14, 19:23

    O que máis me gustou da historia foi, sen dúbida, a relación entre o señor Bark e o señor Linh, xa que era unha amizade moi especial, entendianse e compartían todo a pesar de non falar a mesma lingua, o señor Bark era quen lle daba felicidade e esperanza ao señor Linh. Ademais no fondo eran os dous moi parecidos, dous homes que compartían a súa soidade. Tamén me resultou moi interesante poder observar as dificultades que ten que superar unha persoa que se ten que marchar do seu lugar natal, para adaptarse a outro completamente distinto, como é o caso do señor Linh.
    É unha lectura que recomendo a todo o mundo, ademais de ser unha historia interesante, permítenos observar moitos aspectos relacionados cos refuxiados e co sentimento de soidade nunha cidade allea.

    Ana Pena López, 2ºBAC

    ResponderEliminar
  7. Eva Rodríguez Carretero 2º BAC16/10/14, 22:15

    Polas páxinas deste libro convertiraste no Señor Lihn, vivirás o seu día a día como home que o perdeu todo, e que o único que lle queda é unha maletiña cunha vella e descolorida foto, un saquiño con terra do seu fogar e a cousa máis valiosa, a súa pequena neta Sang Diu.
    Viviremos o seu día a día como refuxiado, sufriremos como sofre por sentirse incomprendido, por estar nun lugar que non entende, cunhas persoas as que non entende e cunha lingua que non entende.
    Este foi un libro que me pareceu realmente fermoso, e que me fixo emocionar en cada unha das partes da historia. Recoméndovos a todos que leades este libro e asegúrovos que non vos arrepentiredes de seguir esta historia da man do Señor Lihn, un home para quen un simple "bos días" é motivo de ledicia.

    ResponderEliminar
  8. Ana López Andón, 2ºBAC5/11/14, 11:28

    O que máis me sorprendeu desta historia foi o final , non porque non me gustara , senón porque me esperaba un final diferente con máis datos de como serían as vidas dos persoaxes no futuro.
    Gustoume ler este libro xa que á parte de que a historia era entretida, era un libro simple der ler , curto e fácil entender , así que recomendo a súa lectura a todo tipo de personas , tanto adolescentes como máis maiores.
    Ana López Andón. 2ºBAC

    ResponderEliminar
  9. Manuela Correa Giraldo20/11/14, 16:22

    Os sentimentos expostos nel parécenme moi fermosos ademais a trama do libro é intrigante e faime querer lelo cada vez máis.
    A historia do señor Linh é daquelas que fan reflexionar sobre a vida, xa que pode ser unha hitoria da vida real.
    Móstranos o difícil que foi para o señor Linh abandonar o seu país, debido á súa situación, e aínda así conseguiu seguir vivindo, sobre todo pola súa neta, que era indefensa ante calquera situación.
    A amizade que se mostra neste libro é para ter en conta, xa que na vida debería haber persoas tan boas como o señor Bark, que brinden cariño, comprensión e felicidade nunha situación difícil e nun país descoñecido.
    Tamén nos mostra a superación ante un momento difícil.
    En conclusión este libro expón que non todo na vida é como queremos, e que sempre debemos loitar polos nosos soños e intentar saír adiante, ante calquera situación.
    Manuela Correa Giraldo 2ºBAC

    ResponderEliminar
  10. Nuria Méndez Alonso, 2ºBAC22/1/15, 11:15

    A neta do señor Linh é unha fermosa historia na que se nos mostra o valor da amizade sobre o resto das cousas.
    O señor Linh, o protagonista desta historia, ten que abandonar o seu país por culpa dunha terrible guerra.
    Con respeto a amizade que entablou pouco a pouco co señor Bark, a pesar de falar en linguas distintas, destaca un elemento común entre eles: a soidade na que se atopan ambos os dous homes e que os leva a entenderse sen palabras.
    Este libro paréceme que está moi ben estruturado, eu só lle cambiaría unha cousa que é o final, xa que non me parece moi acertado.

    Nuria Méndez Alonso 2ºBac

    ResponderEliminar
  11. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  12. O libro relata unha amarga pero fermosa historia dun home que deixou todo atrás ( o seu país, a súa lingua ) pero á vez, non pode parar de rememorar o seu pasado, a súa aldea, o seu fogar. Para Linh non hai cousa máis fermosa. Perdeuno todo. Estaba seguro que aínda lle quedaba algo para loitar: a súa neta. Era o único, ademais do seu novo amigo, que lle daba esperanzas.

    ...O señor Bark cóntalle todas as súas vivenzas ao seu novo amigo. Linh, non é capaz de comprender nada. Non coñecen a lingua do outro, pero poden entenderse. Hai temas que son universais e estes personaxes tiñan moito en común. O tema que máis os une é a morte...

    Para min o libro ensina a importancia que ten para cada un a súa cultura e o interese que pode ter para os demais. A universalidade de temas como a morte, o amor, a emigración, a soidade…E sobre todo a facilidade que teñen as persoas de entenderse sen falar a mesma lingua, cousa que tamén ocorre coas obras literarias.

    Gustoume moito o contido do libro e a forma que ten o autor de expresar os sentimentos dos personaxes.

    2ºBAC B

    ResponderEliminar
  13. María Lamela López7/11/16, 21:22

    O día a día do señor Linh móstranos una experiencia de soidade, e, sobre todo, dunha dura realidade, pero cun final agradablemente inesperado.

    ResponderEliminar
  14. Esta non é unha novela para destripar nunha tarde e quitala de enriba, é para ler paseniño, é un libro para volver a empezalo unha vez coñecido o final.
    Hai quen critica as novelas así porque din que foron escritas buscando os resortes que espertan as respostas emocionais que causan estas historias. Non obstante, eu non entendo como alguén podería desprezar a amizade sincera do señor Bark, o único que acepta a "mentira" na que vive o señor Linh, que o perdeu todo e se aferra ao único que quere creer que lle queda.
    Fascinoume a sinxeleza da linguaxe, como pode transmitir tanta dor e dureza sen profundizar nin recrearse no horror que tivo que supoñer. Xunto co aire universal que lle dá, sen concretar tempo ou espazo, o resultado consegue chegar ao corazón.
    Moitos falan do inesperado do final, pero hai indicios da verdade ao longo de toda a novela. E, aínda que puiden intuír a realidade tras a historia, resultoume belísima na súa mestura de tristura e dozura.
    Arantxa Carricoba Muñoa, 2º BAC B

    ResponderEliminar
  15. Trátase dunha breve historia, chea de beleza e tristura, narrada polo autor Phillipe Claudel, cun estilo que suxire máis do que conta e que é posuidora da dureza na súa xusta medida sen necesidade de profundizar no horror.
    Dende as súas primeiras liñas amosa o seu apoio a "Todos os señores Linh da terra e as súas netas" na súa dedicatoria, dando visibilidade a un colectivo (refuxiados)tema de candente actualidade.
    Fala sobre o seu complexo proceso de adaptación e máis concretamente da relación que establece co señor Bark, solitario e bondadoso co que coincide fortuítamnete nun banco da nova cidade espazo que, pasará a converterse no seu punto de confidencias a pesar de todo tipo de diferenzas; el representa a tolerancia.
    Cabe destacar na dozura do relato o seu final, sorprendente aínda que ao longo da novela vainos dando pistas que non chegarán a encaixar ata este momento onde, se revela que a nena apoio, forza e esperanza do señor Linh é realimente unha boneca, na que el atopou a súa vía de salvación ante a crueza da realidade imposta, aspecto que sempre entendeu o seu compañeiro e amigo.
    Polo tanto, considero esta obra un excelente canto á amizade, que desborda de esperanza dentro da desolada realidade dos seus protagonistas, ambos desahuciados emocionais que na súa desgraza se atopan aliviando a súa existencia mutua.
    Natalia Torrón Sánchez, 2º BAC B

    ResponderEliminar
  16. O señor Lihn é un vello que foxe do seu país pola guerra coa súa neta que quedou orfa, ela é o motivo polo que loita e deixa atrás a súa aldea.
    Na nova terra o señor Lihn séntese desubicado e morriñento, mais alí coñece ao señor Bark, un home peculiar que aínda que non fale a lingua do señor Lihn non necesitan palabras para entenderse e forxan unha gran amizade.
    Laura Marey Álvarez, 2°BAC B

    ResponderEliminar
  17. Eugenia López González 2º BAC B8/2/17, 14:58

    En canto ao espazo no que se desenvolve a historia só sabemos que é unha gran cidade, preto do mar, pero nunca chegan a dicir o seu nome, ao igual que non coñecemos excatamente o lugar de procedencia do señor Linh, pero deducimos que é un país do oriente, en Asia, incluso eu chegaría a dicir que se trata de china, pero no libro nunca se aclaran estes datos.

    Algo que eu destacaría desta obra é a amizade que se forxa entre o señor Bark e o señor Linh, a pesar de non se coñecer de nada e de nin sequera entenderse, posto que non falan a mesma lingua. O significado desta aceptación por parte de ambos, de aceptar o outro tal e como é, esa tolerancia e respecto que se intenta transmitir, chegando a ser tan forte esa unión que é un dos piares fundamentais de ambos homes.

    Persoalmente gustoume moito este libro, xa que a historia que conta pareceume preciosa, unha historia que transmite diferentes sentimentos. Ademais os personaxes parecéronme moi ben caracterizados, e son personaxes cos que un pode empatizar perfectaente

    ResponderEliminar
  18. Marta Meijide20/2/17, 20:46

    Persoalmente resultoume un libro doado de ler e que engancha, dende o primeiro momento queres saber que será do Señor Linh e da súa entrañable neta.

    Creo que é un libro que fai que sintamos o que sentiron moitos dos nosos antepasados, fuxindo da súa propia casa, e coas mans valeiras chegando a un novo lugar totalmete descoñecido sentindo unha gran soidade.

    Marta Fernández Meijide 2º BAC B

    ResponderEliminar
  19. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  20. “A neta do señor Linh” é unha historia moi conmovedora que trata a soidade e o valor da amizade dunha forma moi sentimental. A historia é moi breve pero ten unha gran carga emotiva e certa complexidade con trasfondo psicolóxico. Caracterízase pola súa humanidade, fainos saber sobre o necesario que é ter esperanza, aínda nas situacións máis difíciles, e tamén nos mete na pel do emigrante facéndonos ver o duro que é a saudade da terra, o rexeitamento, a soidade e a adaptación a un novo lugar.
    O que máis me gusta do libro, é a amizade entre o señor Linh e o señor Bark, que é marabillosa, ningún dos dous entende ó outro porque non falan os seus respectivos idiomas pero enténdense a través da linguaxe verbal, das miradas e xorde entre eles complicidade e moito agarimo. E tamén as partes nas que fala das súas lembranzas que son as máis poéticas describíndonos un auténtico paraíso idealizado e o amor que sinte pola súa terra.
    Sinto unha especie de amor-odio polo final, dame moita pena que Sang Diu sexa unha boneca porque penso nas veces que o señor Linh estivo só, pero comprendo que é o que lle dá sentido á historia.

    ResponderEliminar
  21. Esther Pena, 2º Bac15/6/17, 11:53

    O libro gustoume, aínda que non digo que me encantase ata o punto de querer relelo unha e outra vez. É unha historia cun trasfondo triste, pero a súa lectura resulta sinxela e entretida. Máis ca pola historia en si, o libro gustoume pola forma en que o autor relata como os personaxes superan a dor e as dificultades dando paso á esperanza.

    ResponderEliminar
  22. Rocío Valín, 2 Bac15/6/17, 11:56

    Este libro abriume novas perspectivas respecto á vida, as voltas que pode dar e, sobre todo, a como pode cambiar esta segundo a nosa maneira de enfrontala.

    ResponderEliminar
  23. "A neta do señor Linh" un libro breve pero moi emotivo.
    Narra a historia do señor Linh, un home maior obrigado polo guerra a abandonar o seu país, deixando atrás toda a súa vida, o único que lle queda é a súa neta, a cal coidará como a súa vida.

    Na miña opinión é un libro moi recomendable, xa que aínda que é unha historia triste, a súa vez nos ensina o valor da verdadeira amizade, xa que o señor Bark coida a boneca como se realmente fose unha nena, sen importar que non coñeceran o idioma do outro.

    Un dos momentos que máis me emocionou foi cando van ver o mar e o señor Bark dáse conta de que de novo él participou nunha das guerras no país de Linh, e como intenta xustificarse sabendo que non o pode entender.

    En resumo un libro moi breve que deixa unha gran pegada.

    ResponderEliminar
  24. Escapando da guerra que asola o seu país, o señor Linh chega a unha terra totalmente descoñecida para el. Tras deixar atrás o pouco que lle quedaba, atópase só cunha vella maleta e a súa neta Sang Diu; así, o ancián debe enfrontarse a un complicado proceso de adaptación (especialmente tendo en comta a súa idade), aínda que saca forzas pola súa neta.
    Todo cambia cando coñece ao señor Bark, un home robusto e fumador que sen apenas coñecelo lle brinda a súa amizade incondicional.
    Este libro é unha tenra e profunda reflexión acera da soidade, a indiferenza e a perda, pero tamén acerca de como a tolerancia e a amizade poden cambialo todo.
    Sen dúbida algunha, atopámonos ante un libro que deixou unha fonda pegada en min.
    Amósanos dunha forma totalmente distinta os efectos devastadores dunha guerra e como as poucas persoas que logran escapar deben construír unha nova vida, ás veces con pouco, ás veces con nada.
    Tamén nos amosa cómo ás veces as mellores persoas chegan nos peores momentos (como é o caso do señor Bark) e como a amizade verdadeira e desinteresada pode mover montañas e sandar feridas.
    Destaco tamén a importancia do amor da familia no relato, pois a pesar da revelación clave que se fai no final do libro; vemos que o señor Linh é capaz de facer o imposible con tal de asegurar o benestar da súa neta, que é o seu tesouro máis prezado.
    A neta do señor Linh trátase dun libro, aínda que breve, absolutamente conmovedor.

    ResponderEliminar
  25. Aray Rodríguez Díaz 2 bac B16/11/17, 14:02

    Resumo:
    Este libro amósanos a historia dun vello, o señor Linh, que ten que abandoar a súa terra de orixe, xa que a guerra arrebatoulle a súa familia e só lle queda a súa neta.Colle un barco, e chega ó novo país, onde terá que facer todo o posible por adaptarse.Un día coñece ó señor Bark que e moi semellante, e a vez diferente a el e, faranse moi amigos.A partir de ahí ocorreran unha serie de acontencementos que faran que se separen e que a amizade que todo o pode, os volva xuntar.

    Comentario crítico:
    É un libro cunha carga emocional moi forte.Chamoume a atención a conexión de pensamento que teñen os personaxes en diferentes partes do relato.Se tivera que poñerlle unha pega sería que, o autor especificase a localización exacta da aldea do señor Linh,(pero por curiosidade propia xa que está moi ben descrita e intúese).É emocionante como o señor deixa todo có fin de protexer a súa neta e coma dúas persoas son capaces de entenderse e forxar,unha forte amizade sen falar a mesma lingua.É moi recomendable, emocionante e sinxelo de leer xa que, é unha lectura amena e rápida.

    ResponderEliminar
  26. A neta do señor Linh é un libro que che permite coñecer moitos aspectos da vida, polo que me gustou moito, pois non che conta unha historia e fin; é un libro que che fai reflexionar e axúdache a cambiar a forma de pensar, por exemplo neste caso referíndose ás persoas maiores. Ademais ten un vocabulario sinxelo o que permite que se entenda sen problema e facilite a lectura.

    2º BAC B

    ResponderEliminar
  27. Este libro narra a historia dun vello que se ve na necesidade de exiliarse a outro país debido a una guerra. As únicas cousas que lle dan esperanza son: a súa neta e un home que coñece no país ao cal chegou, o señor Bark.

    Para min, o libro quere transmitir os sentimentos da amizade, tal e como se dá entre o vello e o señor Bark, pero non só iso, senón que tamén quere que o lector se decate das terribles consecuencias que provoca una guerra, e concretamente o duro que é ter que abandonar o país no cal pasaras toda a vida.
    Pero isto non queda aquí, o que verdadeiramente quere transmitir o autor en xeral con este libro, é que a ilusión é o último que se perde, xa que o vello pese a perder a súa familia, fuxir da aldea que llo deu todo e demais, segue coa ilusión de seguir loitando.

    Este libro gustoume moito, xa que conta una historia moi conmovedora, e ademáis é moi entretido. É un libro moi sinxelo de ler e que mantén una sorpresa ata o final. Recoméndollo aos lectores/as que busquen un libro que os faga pensar por si mesmos.

    ResponderEliminar
  28. Alba González20/11/17, 15:52

    Esta novela é interesante porque nos pon no papel dunha persoa que ten que loitar por sobrevivir, o que fai que nos plantexemos valorar máis a sorte que temos ás veces.
    Un compañeiro recomendoume este libro, e a verdad é que eu tamén o recomendaría, porque che fai ver a realidade dende outro punto de vista, e ás veces, é necesario.

    ResponderEliminar
  29. A neta do señor Linh, é unha novela que narra a historia dun vello o cal se ve obrigado a marchar de seu país coa súa neta, porque está en guerra.
    Persoalmente, pareceume un gran libro. Pasa por diferentes situacións, facéndonos ver a vida dende diferentes perspectivas. Podemos sentirnos na pel dun refuxiado, é algo que están vivindo moitas persoas neste mismo momento, e non nos paramos a pensalo. Habitualmente non valoramos a sorte que temos, e creo que esta historia nos leva a reflexionar sobre iso. Tamén nos da unha idea sobre como é estar interno nun asilo, o que tamén me parece un tema moi importante. Simbolicamente, apréciase como para o señor Linh, a súa neta significa volver a comezar, as forzas que le faltan para apreciar a vida. Vemos tamén sinais de soidade no señor Bark, son dúas persoas que saben apoiarse, aínda sin falar o mesmo idioma, e que xuntos, van atopando a ilusión que perderan xunto cos seus seres queridos.
    Escollín este libro porque mo recomendou un compañeiro, e despois de lelo, aconsellariállo a todo o mundo. Mantén a intriga, ten un final inesperado, fai sentir emocións boas e tamén malas, e sobre todo, ensina a valorar a vida.

    ResponderEliminar
  30. Carmen Reyes, 2º Bac15/12/17, 8:53

    Personalmente o libro encantoume. A medida que vas avanzando na historia, parecíanme moi bonitos os actos do señor Linh, como cos poucos medios que ten intenta facer todo o posible pola súa neta, e incluso establece esa relación con señor Bark; pero cando chega o final fai que custiones toda a historia desde o comezo.

    ResponderEliminar
  31. Jennifer Gómez 2ºBac A15/12/17, 9:01

    A min encantoume, xa que te fai pensar e seguir reflexionando sobre a propia historia narrrada, os sentimentos e pensamentos dos personaxes.O escritor decríbenos as diversas facetas da humanidade e transmítenos o caos que trae consigo a guerra.Eu recomendaría esta lectura.

    ResponderEliminar
  32. Este libro paréceme unha fermosa historia de amizade, que mostra como dúas persoas se entenden e incluso traban amizade sen falar a mesma lingua. Ademais tamén conta a triste historia dunha guerra, unha guerra que deixa ao vello señor Linh sen todo o que tiña e o obriga a comezar unha nova vida dende cero, nun lugar descoñecido para el. Ademais tamén mostra como paradoxicamente o seu novo amigo atacou este país uns anos atrás, facendo que moitas familias sufrisen a mesma pena que a do señor Linh. Este trauma é conxunto de malos ratos e perdas para o vello fan que este concentre toda a súa atención e cariño nunha boneca, boneca que pertencía a súa neta e que se atopa na escena na que o ancián ve os corpos da súa familia, incluída a súa neta, tirados no chan sen vida, desde aquel momento aquela boneca convértese na súa neta para el, debido a un trauma que todo o ocorrido lle provoca.

    ResponderEliminar
  33. A neta do señor Linh é unha obra breve pero chea de significado que recomendaría a calquera persoa para ler no seu tempo de lecer, por moi escaso que sexa, pois son apenas 130 páxinas de historia.

    Nesta obra podemos atopar distintos temas e mensaxes, como a esperanza, a tolerancia, o esforzo, o altruísmo, a amizade… Escrita de maneira sinxela, prodúcese nun lugar descoñecido e un tempo indeterminado, co que se consegue que o lector se centre na trama e á vez, ó poder situala en case calquera espazo, achegue a historia ó seu propio mundo.

    ResponderEliminar
  34. Iria Blanco Pérez 2ºBAC A20/12/18, 12:45

    Gustoume debido á descrición dos pensamentos e emocións do protagonista, xa que facía que me puxese no seu lugar. Mais, sen dúbida, o que máis me gustou foi o tesouro que esta obra esconde.

    ResponderEliminar
  35. Rocío Fernández Cordero16/12/19, 22:31

    A neta do señor Lihn de Philippe Claudel, resultoume un libro moi doado de ler e cunha historia moi conmovedora. A pesar da súa brevidade, ten a capacidade de facernos pensar no que supón chegar coas mans valeiras a un novo país totalmente descoñecido, sentindo unha gran soidade e un inmenso temor polo que poida suceder. O que máis me agradou deste libro foi a forma na que resalta o valor de amizade entre o señor Lihn e Bark, os cales a pesar de non falar a mesma lingua, tiñan unha complicidade inigualable.

    ResponderEliminar
  36. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  37. Sergio Fernández Núñez 2ºBAC A
    Este libro gustoume porque foi doado ler e cóntanos unha historia onde podemos observar ata onde pode chegar a mente humana. A este personaxe sucédenlle desgrazas pero aférrase a "algo", e a unha amizade que fixo no novo país para poder seguir adiante na vida e poder conseguir os seus obxectivos.

    ResponderEliminar
  38. Iria Vila, 2° BAC A24/1/20, 21:16

    "A neta do señor Linh", de Philippe Claudel, é unha historia moi bonita que fala,principalmente, de supervivencia e de amizade. Móstranos a dureza da soidade, da chegada a un mundo descoñecido, do rexeitamento, da perda dos seres queridos... Mais tamén unha fermosa historia de amizade que se consolida nos peores momentos e que nos amosa a gran capacidade de resiliencia do ser humano,o cal busca calquera recurso para sobrevivir. En resumo,é unha novela moi recomendable xa que, malia a súa brevidade, ten a capacidade de conmover ao lector e, sobre todo, de ensinarlle moitas cousas.

    ResponderEliminar
  39. Jimena García, 2º BAC A2/11/20, 16:25

    "A neta do señor Linh" de Philippe Claudel é sen dúbida algunha un dos libros máis tenros que lin na miña traxectoria coma lectora. A sinxela e humana maneira que ten o autor de narrar os acontecementos fixo que esta historia, ademais de ser doada de ler, me resultase moi conmovedora. A dor e a superación persoal despois de perder todo na guerra, unha verdadeira amizade e o gran tesouro que esta historia garda ata o final son as cousas que fan destas 120 páxinas unha gran obra que recomendo a todo o mundo.

    ResponderEliminar
  40. Alicia Illán 2ºBAC A16/1/21, 16:46

    A verdade é que este libro sorprendeume moito para ven. A pesar de que non ten un argumento que enganche demasiado ou que te manteña con algo de intriga, gustoume moito como reflicte o que sente un vello refuxiado que ten que aprender a vivir nun país do que non coñece nin a cultura, nin os costumes, nin a lingua. Paréceme moi importante que a sociedade coñeza eses sentimentos ademais do de soidade que caracteriza ao vello cando deixa de poder ver ao seu amigo. A forma na que o señor Linh e o señor Bark se comunican entre eles a pesar de non entender a lingua na que fala o outro é moi interesante e mostra que ás veces podes entender a alguén sen necesidade de utilizar as palabras.
    Para puntualo daríalle un 9 sobre 10, pois resultoume doado de entender e gustoume moito o final que lle deu o autor á historia, a verdade é que non mo esperaba para nada. Paréceme un libro que podería ler calquera persoa da miña idade ou máis pequena.

    ResponderEliminar
  41. Diego Arza 2ºBAC A27/1/21, 19:39

    A neta do señor Linh,é unha novela que narra a historia dun vello o cal se ve obligado a fuxir da súa aldea coa súa neta,deixando así toda a súa vida atrás,todo isto pola guerra.
    Persoalmente,pareceume un libro moi interesante e moi doado de ler.Debido a que narra a historia dun vello que ten que fuxir da súa aldea,soamente coa súa neta,renunciando aos recordos vividos,e tamén me gustou polo simple feito de que se te pos na pel do vello,que se só noutra cidade totalmente descoñecida para el,sen coñecer a súa fala,os seus costumes;e el só intenta protexer a súa neta,como se o demais non importase.
    Recomendo lela a todo o mundo porque é moi doada de ler,e tamén porque é unha historia impresionante.

    ResponderEliminar