8 oct. 2013

Ollos de auga

Editorial Galaxia publica "Ollos de auga", novela coa que Domingo Villar inicia a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, un personaxe co que axiña se han familiarizar lectores e lectoras, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humor nas doses precisas que esixe o xénero negro. Un novo autor para a literatura galega e unha novela na que lectura e diversión son sinónimos.
Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.
Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense, "Ollos de auga" sitúa o seu autor na liña de escritores que, coma Andrea Camilleri e Henning Mankell, renovan o xénero negro desde Europa cunha obra na que o interese da narración se ve acrecentado por unha visión crítica da sociedade. Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia da música e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores.

5 comentarios:

  1. Adrián Castro Montenegro 4ºB11/10/13 11:11

    Gustoume moito este libro debido a que dista moito doutras novelas detectivescas que teño lido, principalmente porque os feitos se sitúan en Vigo, en lugares reais. Esta marabillosa caracterización dos persoaxes, dan lugar a un libro que garda a intriga ata o final.
    Ademais, a investigación do caso é incriblemente entretida, polo que non podes deixar de ler un só segundo. O final tamén me gustou, debido a que me sorprendeu moito. A forma na que se comete o asasinato é tamén moi orixinal.
    Cómpre engadir que a situación persoal do protagonista, aínda que nunca se trata moi a fondo, é un motivo máis polo que eu recomendo este libro. O único dsefecto que lle atopo á novela é que se fai demasiado curta.

    ResponderEliminar
  2. Adrián Figueroa 4ºB11/10/13 11:21

    Ollos de auga foi unha novela que me gustou,a pesar de que ao comezo non me suxiría moito,mais co paso dos capítulos foime introducindo nun compricado e indescifrable caso.Gustoume o argumento e que o lugar onde acontecen os feitos sexa real e próximo como a cidade de Vigo xa que lle dá unha dose de maior realidade coas perfectas descricións das rúas e lugares da cidade.
    Pareceume moi orixinal a forma de titular cada capítulo,cunaha palabra que despois ten certa relevancia co contido deste.
    En canto ós personaxes, detacaría a Rafa Estévez e as súas doses de humor.
    O final pareceume apaixoante e imprebisíbel.
    Se tivera que puntualo daríalle un notable alto e recomendaría a sua lectura.

    ResponderEliminar
  3. Andrea Blanco Pérez 4ºB23/10/13 16:20

    Esta novela pareceume impactante. É incríbel como Domingo Villar sucede os feitos e crea unha historia tan intrigante.
    Ao principio parece o típico libro de temática policial, mais co paso dos capítulos dáste de conta que é diferente aos demais, onde Leo Caldas, xunto co seu axudante Rafael Estévez, teñen que resolver un caso do máis estraño.
    Ten unha intriga que che fai seguir lendo até o final, mais unha das miñas cousas preferidas deste relato son os rasgos humorísticos que ten, como por exemplo o zaragozano Rafael, que é incapaz de frear os seus impulsos, provocando situacións certamente amenas.
    Sinceiramente recomendo este libro a calquera, amante ou non da lectura, mais en especial a aqueles que teñen preferencia pola literatura policial e de misterio.

    ResponderEliminar
  4. Gloria García Vivero, 4ºESO10/12/13 11:29

    A verdade é que me pese a que me resultou entretida, amena e sinxela de ler, o final da novela defraudoume bastante. Poida que isto veña dado a que lin con anterioridade a súa novela posterior "A praia dos afogados" e na miña opinión é moito mellor que esta, xa que o caso ten moita maior profundidade, e agocha tras de si unha historia moito máis sorprendente cun final máis elaborado. Algúns aspectos desta novela resultáronme un pouco surrealistas. Sorprendeume bastante que durante toda a novela tivese un ritmo lento e ó final de todo os acontecementos ocorreran moi rapidamente e cun desenlace moi precipitado. Paréceme tamén que o autor intenta facernos crer tan intensamente que o doutor é o asasino dende un principio que remata por facernos sospeitar. Coma no outro libro deste autor no que tamén aparecen estes personaxes gústame que non só se centre na investigación senón que tamén nos fale da vida dos personaxes da súas relacións etc. O personaxe de Éstevez na miña opinión está moi ben creado, e apórtalle moito á obra, xa que un home coma el con máis forza e torpeza que luces dálle a novela un moitos momentos humorísticos. Pero sen lugar a dúbidas o que máis me agrada desta novela é que este ambientada na nosa terra, con referencias e descripcións que nos fan situarnos na mesma cidade de Vigo.

    ResponderEliminar
  5. Alejandro Sánchez cela 4ºB10/12/13 17:17

    O comezo do libro é maxistral, coa boísima descrición da velada romántica de Lois Reigosa, con The man I love de fondo (canción que sería a banda sonora se a historia fose unha película) e preparando unas copas; ademais engádese á escena una ambientación tétrica mencionando as nubes negras, as pingas de choiva no cristal e a morte do músico que está a piques de suceder; esta imaxe traslada ao letor a unha película dos cincuenta. A novela ao meu parecer é moi recomedábel, pareceme moi boa. É una novela policial tratada dende un punto de vista cheo de humor, o personaxe que máis lle confire este tono a novela é Estévez, sobretodo polas leas que forma polo descoñecemento da ideosincrasia dos galegos. Como aspectos máis remarcables da novela destacaría as múltiples alusións a intelectuliades como poden ser Castelao, Blanco Amor, Cunquiero… Esto apréciase sobretodo na descrición do Elixio ( bar que existe na realidade) onde o autor inclúe a famosa cita de Castelao : Voltarei cando Galicia sexa ceibe para logo dárlle un toque humorístico, engadindo que o irmán Daniel morrera en Bos Aires. A parte das alusións a intelectualidades galegas, o autor adícalle un parágrafo enteiro a Misery novela de Stephen King que me encantou e tamén recomendó encarecidamente, podería tamén sinalar as amplísimas referencias a músicos de Jazz, e incluso ao mesmísimo Freddie Mercury cando citan o a súa archicoñecida frase ( que dá nome a una canción da súa banda) Show must go on. Ollos de auga non ten nin de lonxe a profundidade narrativa que ten a súa segunda obra, nin o pretende; na miña opinión é un libro lixeiro cargado de humor que será, para os amantes do seu xénero literario, una boísima elección.

    ResponderEliminar