10 dic 2012

Makinaria



Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio.



Escritor/a: Carlos Negro

6 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Decidín ler este libro, a verdade, no momento en que me chamou a atención, chamoume a atención porque pareceume algo totalemnte distinto ao que estou acostumada a ler, é unha visión da poesía totalmente diferente a que eu estou acostumada.
    Se son sincera, a poesía non é o xénero literario que máis me atrae, porén “Makinaria” foi un libro que me enganchou dende o principio.
    Antes de ler este libro xa lera algún outro libro de poesía como é “Poetízate” de Fran Alonso ou “Na fogueira dos versos” de Antonio García Teijeiro, pero non teñen nada que ver con “Makinaria”.
    Baixo o meu punto de vista “Makinaria” é un libro que nos dá unha visión da realidade de hoxe en día enfocada cara a dirvesión da xente máis nova a través da velocidade, dos coches, das drogas, do alcohol e da noite. Amosa unha serie progresiva de poemas nos que nos empeza sinalando simplemente esta maneira de diversión e acaba coas consecuencias desta e a morte. O valor da amizade dalgunha forma, tamén está presente.
    Gustoume moito o libro e recomendo a todo o mundo a que o lea xa que é algo innovador e que merece a pena, espero que vós guste tanto como me gustou a min!

    ResponderEliminar
  3. Unha boa amiga, gran lectora de poesía recomendoume ler “Makinaria” de Carlos Negro. “Corto e intenso” así mo describiu e así o describo eu. Efectivamente non tardei moito máis ca vinte minutos e lelo, pero non só basta cunha lectura.

    A pasada fin de semana, decidín ler nun tempo de descanso este libro de poesía. Tiña lido outro con anterioridade, así coma “Poetízate” de Fran Alonso, unha pequena forma de comezar a mergullarte no mundo da poesía. Ambos libros son de poesía pero mentres que “Poetízate” considero, que ten o fin de meterche ese gusaniño pola literatura, onde mestura poemas de diversos autores, dende Rosalía ata Lois Pereiro, e diferentes modos de poesía coma os acrósticos, “Makinaria” é un libro de poesía moito máis curto pero creo que máis intenso tamén. Carlos Negro, móstranos mediante unha serie de poemas breves de unha gran orixinalidade visual, a excitación do risco (velocidades, drogas, festa...) e un triste final, pois evidentemente non podería ser doutra forma. Digamos que “Makinaria” cóntanos unha historia a través de poemas.

    O libro de Carlos Negro, deume moito que pensar. Nun dos derradeiros poemas. Cando conta como un rapaz morre na estrada, tras unha noite de festa, os amigos limítanse a pensa que foi mala sorte, a curva era moi cerrada... Pero ningún cuestiona ocorreu porque é moi perigoso xuntar adrenalina, festa e drogas. Estaba acostumada a que fora un presentador de telexornal quen me informara da morte de rapaces ou rapazas nas estradas, ou que miña nai fora quen de comentalo na mesa, incluso teño lido en periódicos sobre estas tristes desgrazas, pero nunca lera un conxunto de poemas tan “impactantes” que en verdade, dá que pensar.

    Na miña humilde opinión, considero que debera de ser un libro a ler, se non obrigatorio si debería de engadirse a esa lista de libros recomendades, sobre todo para os nenos de entre os 15-16 anos, pois nesas idades comezas a medrar e tes ganas de experimentar, e este libro, dende a proximidade coa que che trata, empregando un léxico moi xuvenil e moderno resulta moi atractivo. Estou moi contenta de ler un libro coma este. “Corto e intenso” quedádevos con iso e ...a lelo!

    ResponderEliminar
  4. MAKINARIA

    “Makinaria” é un libro de poesía totalmente diferente os que lin ata agora. O seu autor é Carlos Negro, e mediante a poesía, consegue transmitir perfectamente a xuventude de hoxe en día, a través dunha aceleración poética presente en cada un dos poemas.

    Está formado por catro partes: "Sound Play Session" consta de dous poemas; "Radical hiere" contén seis; "061" organízase en cinco e "Game Over" agrúpase en catro.

    Tódolos poemas que aparecen no libro presentan unha gran intensidade neles e chegan a abraiarte fortemente. Comeza cunha serie de poemas nos que aparece a velocidade coma vía de escape, a noite, a festa, o alcohol, as drogas, as relacións entre mozos, as diferenzas entre pais e fillos … ata chegar a un tráxico final, a morte, onde xa non hai volta atrás.

    Algúns dos poemas que máis me gustaron foron “No way” onde expresa perfectamente o pensamento da maioría dos mozos que din que os seus país non os entenden, isto aparece reflectido nalgunha frase coma: “Que compartimos a mesma casa, pero non se cadra o mesmo planeta”. Dos poemas que trataban como tema principal a morte, impresionáronme todos, pero sobre todo os que maior impresión me causaron foron os poemas máis curtos, como con tan poucas palabras pódese cegar a provocar tantos sentimentos. E, sobre todo, este tipo de poemas dan moito que pensar. Algúns exemplos son “Autopsia” ou “chatarra”.

    Gustoume moito, é un libro curto pero cun gran contido, que pode interesar a tódolos adolescentes, e incluso pode chegar a abrir os ollos de moitos.

    ResponderEliminar
  5. “ Makinaria ” defínese como unha aceleración de cero a cen en tres segundos, e non menten. Calquera que estea acostumado a ler poesía, atopará neste libro algo totalmente diferente, con constantes referencias aos coches, a música tecno, a mocidade de hoxe en día e coa única meta ou destino, o cemiterio.

    Un dos primeiros poemas que chamou a miña atención foi “ Power racing love”, onde nos presenta unha visión do amor en constante relación có mundo do motor. Con versos como “debaixo do capó do peito” ou “ onde cada sentimento é unha peza misteriosa, un complexo mecanismo”.

    Outros poemas como “No way”, onde se nos presenta a situación que un mozo vive na súa casa e cos seus pais. Unha situación non pouco común nas relacións entres país e fillos actualmente, coas clásicas frases “a ver que vas facer da túa vida”, “vai matinando un pouco no futuro”, “algo práctico que teña saídas”... a par coas clásicas respostas de “eu que sei”, “paso diso”, “o que cadre”, etc.

    O conxunto de tres poemas “061”, “Autopsia”, “Mamá Carme” onde vemos a angustia dos país ou a tráxica final de moitas noites de festa descontrolada.

    Por último, o meu poema favorito dentro deste libro, “Nota necrolóxia”, que narra a morte dun mozo nun accidente de tráfico, que será xustificado polos seus amigos como un golpe de mala sorte, a curva era moi cerrada... sen nin sequera cuestionarse que a culpa desa morte foi a ansia de adrenalina, a festa sen control xunto co alcol e as drogas.

    ResponderEliminar
  6. Andrea Mª Gayoso Rodríguez , 4 ESO B12/6/15, 9:45

    Este libro é unha crítica á parte de sociedade moza que se atopa na idade de crecer e experimentar, pero non das maneira que o fai o personaxe da obra. Os rapaces e rapazas de hoxe en día deberían ter máis sentido e non deixarse levar polas drogas e o máis excitante.Falta madurez, esquécense os bos modais e acabas coa túa propia vida facendo o que máis che "molaba".

    Este libro pareceume bastante interesante e incide moito na idea que quere transmitir. Recomendaríao para que @s rapaces/as se deran conta de que hai que frear e non adiantarse á vida e menos malgastala achegándose á morte.

    ResponderEliminar