7 dic. 2012

Dos arquivos do trasno


 


 Dieste, Rafael

Vinte relatos nos que Dieste trata con modernidade a presenza do sobrenatural no mundo popular.

"O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz". Esta é unha das sentenzas que no limiar do libro dá Dieste sobre a súa forma de entender o relato. E presenta a continuación contos breves, intensos, de linguaxe estilizada, nos que o sobrenatural e o misterioso se introducen na realidade. Un anticipo do realismo máxico situado nas vilas mariñeiras de Galicia.


























13 comentarios:

  1. Marta López Andón9/12/12 11:08

    Este libro pareceume unha fermosa recopilación de contos na cal se combinan diferentes temas, e ningún deles garda relación cos outros. Polo tanto a lectura desta obra é moi cómoda debido a súa estrutura en relatos curtos e sinxelos, a vez que entretidos.
    Trátanse diferentes temas como por exemplo a ficción, que podemos ver no relato que máis me chamou a atención que foi “O neno suicida” no que se narra unha historia de unha persoa que nace xa de maior, e vaise facendo máis novo; finalmente acaba suicidándose para non sufrir o ser un neniño.Este relato recorda a película de “El curioso caso de Benjamin Button”
    Tamén se tratan outros temas como pode ser o medo ou a morte. Chamoume a atención as numerosas veces que o autor fai referencia á morte, como por exemplo no relato titulado “Sobre da morte do Bieito” no cal van a enterrar ó Bieito e un dos homes que leva a caixa sinte como se o home fose vivo, pero por vergoña non di nada, máis tarde regresa cunha pa o camposanto para desenterralo e comprobar as súas sospeitas, pero escoita a alguén, e decide marchar.
    Os relatos que máis me gustaron foron os que mencionei anteriormente e tamén “Once mil novecentos vinteseis”, que narra como un home se mete nun nicho o cal o levará o ano once mil novecentos vinteseis. Cando logra saír perségueno uns caníbais, e el co medo pegoulles un tiro e matounos, e logo fixo o propio consigo mesmo. A súa alegría que solo fora un soño.
    Recomendaría a súa lectura a todo o mundo, posto que foi do meu agrado.

    ResponderEliminar
  2. Rafael Dieste escribiu este libro de relatos e publicouse no ano 1926, e na súa segunda publicación en 1962, o número de relatos aumentou a 20.
    Este é un libro que recomendo a calquera estudante de galego a ler, xa que axudarao nos seus estudos e amenizaralle as tardes, con el pódese pasar un bo rato, xa que non é un libro que se faga longo debido a estar dividido en diferentes contos.

    Cada unha destas historias trata dun tema diferente, ben sexa a emigración, a morte, a infancia… Un dos temas máis sonados, debido a que en Galicia afectou mouto nesas épocas é a emigración como se pode apreciar en “Nova York é noso”, “Na ponte de ferro”… en cada un destas historias móstrase a tristura a morriña que senten os personaxes pola terra, sendo o regreso o que máis desexan na súa vida ó outro lado do mar. Así mesmo o primeiro capítulo citado amosa o orgullo que un neno sente polo seu pai debido a que este foi emigrante, mais, pese a isto, pódese apreciar a amargura dos que marchan e o amor á terra. Moitos outros temas relativos á historia de Galicia e moitas crenzas son tratadas en estas páxinas.
    Así mesmo este libro fala doutros temas que ninguén pensaria atopar a principios do século pasado, e estrañamente moitos dos contos pódenvos recordar a películas da actualidade, xa que Rafael Dieste foi pioneiro en escribir algunhas destas historias que contan feitos fantásticos, como son “O neno suicida” que relata como un home nace vello e vai rexuvenecendo, ou como é “Once mil novecentos vinteseis”, ou, e que ninguén pensou en como sería o futuro? Non atopamos agora motas series e películas sobre zombies? Pois xa a comezos do século XX ideaba sobre o futuro e o que nos depararía, xa daquelas se falaba dos mortos viventes.

    Con este resumo espero chegar a vós e que vos apeteza ler este libro tan interesante, que de seguro que será entretido, incluso quedaredes con ganas de máis e de saber como rematan algunhas historias, que cousas maravillosas pode facer a imaxinación dun home e que belo e lelas en galego.

    ResponderEliminar
  3. Dos Arquivos do Transo é unha obra escrita por Rafael Dieste e publicada por primeira vez no 1926. Formada por contos curtos e de lectura sinxela, consegue sumerxer ao lector nun mundo cheo de misterios e fantasía, onde temas escabrosos como a morte ocupan un lugar destacado.

    Un dos relatos que máis me gustou foi “A historia dun xoguete”. Fala sobre un mariñeiro que durante a súa estancia no mar decide facer un barquiño de madeira para darllo ó seu fillo cando chegue a terra. O mariñeiro morre debido ao afundimento da embarcación onde viaxaba. Un día o neno atopa na praia un barquiño de madeira e decide colgalo na entrada da casa. A forma de narrar o relato e as palabras que emprega fan do relato unha historia triste pero tenra a vez, coma se a pesar de todo o tráxico sucedido aínda quedase espazo para cousas boas.

    Outro relato no que tamén está moi presente a morte e que me chamou a atención foi “A morte de Estreliña”. Estreliña era unha rapaza bondadosa e obediente que sempre estaba a facer cousas polos demais. Pero un día a pobre nena morre, e os seres queridos bótana de menos non por quen era, se non polo que facía. Aínda que ao principio nos poida producir un sentimento de amargura e de descontento cos pais de Estreliña, que só a querían porque facía cousas; nunha segunda interpretación chegamos á conclusión de que o autor está no correcto. As persoas non te recordan por como vas vestido, ou polas cousas que dixeches, ou por como eras. Recórdante por como lles fixeches sentir cando estaban contigo e polas cousas que fixeches, xa sexan boas ou malas. Por iso este conto tamén contén una ensinanza, e é que temos que portarnos ben cos demais, ser comprensivos e axudar porque é así coma nos recordarán.

    Na miña opinión, “Dos arquivos do Trasno” é unha obra sublime que nos envolve e nos leva a un mundo cheo de tradicións e de contos populares. Noutras palabras, lévanos ao máis profundo da nosa terra.

    ResponderEliminar
  4. “Dos arquivos do trasno” é un libro de contos de Rafael Dieste, foi publicado por primeira vez no ano 1926. Porén, na súa segunda publicación, no ano 1962, o número de relatos aumentou, chegando ós vinte actuais.
    Nesta obra, Dieste recolle diversos temas: a morte, o medo, o misterio, a infancia, a emigración... Tódolos relatos teñen un momento de tensión no que o lector desexa ler máis para poder saber como acaba a historia.
    En xeral, gustáronme todos os relatos, pero se tivera que elixir algún, optaría por “O drama do cabalo de xadrez” ou “O vello que quería ve-lo tren”. No primeiro, fai unha reflexión sobre un problema co que viven moitas persoas pero dende o punto de vista dunha figura de xadrez. No segundo, relátanos a historia dun avó que quería ve-lo tren, pero, unha vez visto, descubriu que no tren só viaxaban persoas dunha clase social alta, e atopar esta verdade entristeceuno pois deuse conta que existían máis mundos, un mundo no que estaban as clases altas e outro no que estaban as clases baixas, mundo no que non se podía optar por unha viaxe en tren, cousa que, hoxe en día, pode permitirse a maioría da xente, aínda que só sexa unha vez na vida.

    ResponderEliminar
  5. Laura García Viña

    " Dos arquivos do trasno " é un libro de Rafael Dieste , publicado en 1926. a obra tiña oito relatos pero tras a súa segunda publicación, en 1962 o número de relatos aumentou a vinte.
    Neste libro trátansenos numerosos temas como; a morte, que podemos ver xa no primeiro relato " Sobre a morte de Bieito " , que ocorre nun enterro e o protagonista, que leva ás costas o cadaleito sente un movemento e cre que o señor vai vivo pero, por medo ' ó que digan' queda calado. Outro tema predominante é a emigración como se pode ver en " Nova Jork é noso " onde un neno quere mostrar ós seus amigos a alegría de que o seu pai regresase pero ninguén o escoita. Tamén nomear os relatos que teñen como tema principal o medo como podemos apreciar en " Espanto de nenos ".
    A min especialmente chamoume a atención o relato " De cómo se condenou o Ramires " onde este non quere confesarse pola simple razón de non crer. Pero como este hai moitos máis que me chamaron a atención.
    Por todo isto eu aconsello que a todos os que lles guste ler, por moi pouco que sexa, lea este libro de Rafael Dieste, onde támen está reflectida a antiga Galicia, sobre todo temas que marcaron tanto: medo, emigración, pobreza....

    ResponderEliminar
  6. Raquel Cela Dablanca24/4/13 16:45

    Dos arquivos do trasno é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado no ano 1926. Na segunda, de Galaxia do 1962, o número relatos aumentou a vinte.

    Nesta obra atopamos tanto realidade coma fantasía, como se pode apreciar no relato “O neno suicida” ou en “ Once mil novecentos vinteseis”.

    Rafael Dieste aborda nesta obra diferentes temáticas como poden ser a morte, a morriña, o misterio, a dignidade, a emigración e o retorno á terra. Por exemplo a dignidade pódese apreciar no relato “Os tres fornos” no que un traballador dun barco encargado de limpar os fornos deixa o traballo porque o lle querían mandar facer o traballo que deberían facer tres persoas. No relato “Nova York é noso” pódese apreciar o tema da emigración e o retorno a terra, tema tratado dende a perspectiva dun neno que está moi ledo porque seu pai regresou de Nova York.

    Todos os relatos teñen algo que nos fan gozar mentres os lemos; pero eu se tivera que escoller algún sen, dúbida escollería “Sobre da morte de Bieito” relato no que trata o tema da morte e misterio; pero tamén trata dunha forma quizais secundaria o tema “do que dirán” é dicir que en moitas ocasión deixamos de facer ou dicir o que pensamos por se os demais pensan que estamos tolos, que somos parvos… e por suposto tamén me quedaría co relato “O vello que quería velo tren” un relato fermoso que nos conta a historia dun señor maior que o seu último desexo antes de morrer era ver o tren e a pesar de que non era como el esperaba, o relato segue sendo moi tenro.

    ResponderEliminar
  7. Sonia Rodríguez Goyanes3/10/14 15:30

    Se tivese que escoller o conto que máis me gustou para min sería "A morte da Estreliña". O conto relátanos a historia de Estreliña, unha nena moi obediente que sempre estaba facendo cousas polos demais, sen recibir nada a cambio. Pero cando a protagonista morre, os seus seres queridos non a botan de menos, non só por como era, pola súa dozura, senón polo que facía polos demais.
    A historia en si me gustou porque grazas a ela puiden comprender que, cando morremos, a xente vainos recordar sobre todo por como nos portemos cos nosos semellantes.
    Por outra parte, tamén me gustou o relato titulado “A Volta” que nos conta a historia de dous pais que sofren a marcha do seu fillo e só pensan no seu regreso. Cando o pai morre, a súa muller, despois dun tempo soa, oe ruídos na casa e, cando se achega a mirar viu ó seu fillo igualiño que cando era novo. Ao día seguinte, os veciños atopárona morta cos ollos ben abertos e non se soubo nada do seu fillo.
    O conto gustoume porque reflicte moi ben a dor que sofren os pais ao ver marchar o seu fillo sen saber que lle vai pasar, cando voltará, onde irá,… E sobretodo o mellor é o sentimento dunha nai que morre de felicidade ao ver ó seu fillo por última vez.


    A causa de todo isto, aconséllolle a todo o mundo que lea este libro de Rafael Dieste xa que, ademais de ser curto, farache reflexionar e daraste moi ben de conta de cousas nas que nunca pensaches.

    ResponderEliminar
  8. Alba Valín18/12/15 9:52

    O relato que máis me gustou foi o primeiro, "Sobre da morte de Bieito", pois realmente fíxome recapacitar no ruíns que podemos chegar a ser os humanos cando nos importa demasiado o que di a xente de nós; outro que tamén me gustou moito foi o das rapaces xogando naquel almacén abandonado onde descobren que alguén os está a observar. En xeral o libro paréceme bo aínda que con algunhas dificultades polo léxico que emprega o autor.

    ResponderEliminar
  9. Lucía Pasarín López 2ºBAC-A18/12/15 9:59

    "Dos arquivos do trasno" é un libro de relatos breves escrito por Rafael Dieste e publicado por primeira vez no ano 1926, onde cada relato trata un tema diferente que iría dende a morte, pasando por temas como a emigración, o medo, o paso do tempo, a infancia...
    Aconséllolle a todo o mundo que lea este libro pois cada relato é único, especial ao seu modo, e a lectura resultará lixeira e confortante, á par de levarnos a realizar un percorrido polas tradicións, contos populares e feitos que marcaron Galicia, así como unha pequena ollada a feitos do tipo futurista-fantásticos.

    ResponderEliminar
  10. Roberto Cedrón Zas 2º BAC A11/11/16 11:11

    Os contos que máis me interesaron foron:
    "A luz en silencio" porque o final que tivo púxome os pelos de punta, "Once mil novecentos vinteseis" que anuncia como será o destino do ser humano no ano 11926 e "De como veu a Rianxo unha balea" que demostra como é a estupidez humana.
    En resumo, un libro complexo que aborda moitos temas e que me resultou especialmente difícil polo vocabulario complicado que emprega.

    ResponderEliminar
  11. Eugenia López González 2º BAC B4/5/17 21:35

    "Dos arquivos do trasno" é un libro de relatos de Rafael Dieste, publicado por primeira vez en 1926.
    Nestes relatos atopamos unha clara mestura entre a realidade e a fantasía. Os personaxes son, en xeral, moi variados, polo que poderíamos dicir que Dieste recolle a sociedade galega nos seus relatos, aínda que na súa maioría son nenos ou persoas maiores.
    Algún elemento ou temática que está moi presente durante toda a obra podería ser a morte ( a cal é a protagonista de moitos relatos como "Sobre a morte de Bieito" ou "Na morte de estreliña"), ou o mar ( coma no relato "Historia dun xoguete"), e tamén a emigración é un tema moi constante coma en "Nova York é noso".
    En canto á maneira en que están contados os contos, recórdame a literatura popular oral, xa que relata a historia como se nola estivese contando en persoa.
    En xeral, gustáronme todos os relatos, aínda que algún custoume entendelo, xa que a linguaxe utilizada é complexa en ocasións e polo tanto difícil de compreder. Aínda así resultoume uha lectura entretida.

    ResponderEliminar
  12. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  13. "Dos arquivos do trasno" é un libro de contos escrito por Rafael Dieste en 1926, aumentado a vinte relatos no 1962. Nel mestúranse, principalmente, a realidade e a fantasía.
    Cada relato trata un tema diferente, pero, por exemplo, están en moitos deles presentes a morte e o misterio. Outros temas son a emigración, o medo, a infancia e as diferencias sociais.

    O relato que máis me gustou foi "O vello que quería ve-lo tren", no que se conta como un ancián pide ver o tren e o seu neto axúdao a convencer os país. Unha vez conseguido, dáse de conta de que os que aí viaxan son doutra clase social, e de que non só existen no mundo xente da súa condición.
    Outro relato que me chamou a atención foi "O neno suicida". Nel, cóntase como un neno se siucidou, pero realmente un home conta como ese neno naceu sendo un vello e que cada vez se facía máis novo. Vemos aquí o tema da fantasía, tamén o do misterio e no desenlance atopamos cunha leve nota de humor.
    [...]
    En canto ao estilo, pareceume un léxico algo complexo á hora de ser entendido. Chamoume tamén a atención a maneira de contar as historias, xa que parece que son relatos que Rafael Dieste vai anotando a medida que llos escoita a alguén.
    Aínda asó, creo que é un libro recomendable, sobre todo para a xente á que lle gusta esa mestura entre realidade e fantasía, así como o misterio.

    ResponderEliminar