28 nov. 2012

Agosto do 36

En Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro aborda, con todo o dramatismo que comporta, o tema da guerra civil en Galicia, relatando, a partir dun feito real, o «paseo» do que foi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.Coa súa mestría de magnífico narrador, Xosé Fernández Ferreiro conduce con gran axilidade o lector pola trama da novela, e mergúllao nunha atmosfera abafante, de crueza e tensión, na que as paixóns das persoas, con todas as súas vilezas, saen a flote nun contexto en que amor e odio se tocan. A trama váisenos desvelando a partir da concepción polifónica da estructura, que dosifica a intriga e participa desa concepción tan cinematográfica.da narrativa de Ferreiro.Agosto do 36 é unha pequena xoia que continúa vixente e vivísima unha década despois da súa publicación.

Xosé Fernández Ferreiro


8 comentarios:

  1. Adrián Vázquez Castro28/11/12 10:02

    Agosto do 36 é un libro curto, pero intenso, baseado nunha historia real que ocorre nunha pequena vila galega durante a guerra civil española, unha historia de vinganza máis que de ideoloxía política, que remata traxicamente.
    Sorprendeume constatar o doado que é pasar do amor ó odio. Pareceume moi duro que un dos protagonistas poida facer tanto mal a unha persoa que quixo tanto.
    A novela tamén retrata as humillacións e os abusos que moitas mulleres sufriron durante a guerra civil.
    Adrián Vázquez Castro. 1º Bac B

    ResponderEliminar
  2. Laura Quintero 1ºBAC A12/6/15 12:18

    Pareceume un libro no que se describía demasiado os espazos onde se desenvolvía. Isto fixo que algunhas partes se me fixeran bastante pesadas.

    Outra cousa que non me gustou foi que relataba pouco o que sentían e o que pensaban Sara e Gregorio, centrándose máis nos falanxistas. Gustaríame poder saber mellor o que pensaban as vítimas sobre a situación deses momentos, tanto a situación persoal como a política.

    Quitando eses dous detalles, pareceume interesante porque reflicte unha situación que estivo presente en España durante moitos anos; aínda así, non é unha situación da que se fale moi a miúdo.

    ResponderEliminar
  3. Ignacio Arias Prado 1ºBAC C9/12/16 16:06

    Non é un libro recomendado para menores de 12 anos,polas súas escenas tráxicas e eróticas.

    Non me gustou como remata por mor dos horrores da Guerra Civil.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Agosto do 36 de Xosé Fernandez Ferreiro é unha obra magnífica e intensa.
    Relata a partir dun feito real, "o paseo" de dous muestres nunca aldea de Ourense, que acontecen os primeros días do alzamiento militar.
    Dende o primero momento o autor introdúcenos nunca atmosfera de tensión e intriga que continúa ata o remate.
    Nárrasenos, por desgracia, unha situación que foi dada besa época en repetidas ocasións. Trata o tema da guerra civil, pero dense unha perspectiva moi cercana, o que provoca que o lector teña unha gran empatía cos personaxes, sobretodo coa dor de Sara.
    Tamén atopamos o tema do amor e do odio, e como o Garabís, un dos falanxistas aprovecha a guerra para vengarse tanto de Sara como De Gregorio.
    En resumo unha historia emocionante, intensa e ches de paixóns, que tamén sirve para coñecer máis afondo parte da historia de Galiza.

    ResponderEliminar
  6. Agosto do 36 é unha curta novela ambientada nunha pequena aldea nalgunha parte de Galiza, coincidindo cos primeiros días da Guerra Civil. Unha parella de mestres é víctima dun grupo falanxista. Esta persecución ven dada máis por vinganza persoal que por asuntos políticos.
    Na miña opinión, o inicio do libro non empuxa a ler toda a historia, xa que sabemos o final nas primeiras páxinas. Pero aínda así segue a ser interesante como ocurren os acontecementos, os pensamentos dos protagonistas, a forma de narrar do autor…
    O que máis me chamou a atención foi o paso do amor ao odio de Manuel hacia a mestra. Paréceme incrible a súa forma de tratala depois de querela tanto como a quería.
    Este libro é un claro exemplo de como a Guerra Civil foi aproveitada, nalgúns casos, para xustificar unha vinganza persoal.

    ResponderEliminar
  7. Lucía Corral López 1ºBAC B14/2/18 19:23

    A maior parte do relato está centrado na figura de Sara, que viviu cinco días sendo vítima directa do odio, tortura e humillación.
    Nos cinco días nos que transcorre o relato Gregorio non intervén directamente, pero si se comunica con Sara mediante a imitación do canto da perdiz.
    A trama da historia crea un ambiente dramático, de medo, ansia e angustia sobretodo pola descrición da situación(calor insoportable, a Touza, a árbore que retén a Sara, os falanxistas , a ausencia de Gregorio)
    Gustoume esta lectura porque interpreta os feitos da Guerra Civil española dunha maneira menos xeneralizada, materializando a historia nun conflito entre dúas persoas, Manuel e Gregorio, o primeiro refuxiase no franquismo, non tanto polos seus ideais políticos senón para poder así vingarse de Gregorio por acontecementos pasados.

    ResponderEliminar
  8. Ana López 1BAC A21/3/18 8:51

    Este libro gustoume moito.Líno moi rápido polo que me gustou,aínda que xa sabía o final,eu quería saber o que sucedera xusto antes.
    Recomendaría este libro polo moito que me entreteu e o suspense que tiña para saber todo o que ía pasar.

    ResponderEliminar