Un
adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha
boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890,
coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada
violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se
fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa
infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o
mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu
pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a
tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.
Neste relato Marcos Calveiro lévanos a Auvers, vila francesa , ao ano 1890 da man dun rapaz que é enviado pola súa nai a esa poboación. Alí non coñece a ninguén e séntese só, mais un inesperado encontro cambiará a súa vida. Un día, baixa do tren un home cun sombreiro de malvas, o que cambiará os seus aburridos días. El é un pintor con espírito libre e impulsivo e, o rapaz, fascinado, pola súa forma de ser sígueo. Neses días que pasan xuntos, o pintor ofrécelle moitas reflexións e consellos que ao rapaz, antes problemático e altivo e agora atento e razonable, faranlle ver o mundo doutro xeito. Pero non só lle ocurrirá iso ao protagonista, senón que atopará o amor cunha persoa que lle parecía inalcanzable con algunha axuda de Vincent, o pintor, mais a depresión non abandonará a este delirante home...
ResponderEliminarEste relato rezuma intriga e faite abrir os ollos nalgúns aspectos e reflexionar noutros. Pode que non sexa de aventuras, pero non o olvidarei.