18 oct 2012



Carlos Casares


A obra literaria de Carlos Casares é unha das máis interesantes da literatura galega do século XX, e iníciase en 1967 con Vento ferido. Nestes doce relatos marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo, abrolla a mirada, xa orixinal, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector para afondar nos sentimentos e na vivencia humana do tempo.


37 comentarios:

  1. Lucía Cabado20/10/12, 15:38

    Vento ferido é un fermoso libro que eu alcumaría coma “O libro dos anacos perdidos” posto que ó estar formado por breves relatos permítenos gozar nunha historia ó completo nun período breve de tempo, polo que podemos aproveitar eses anacos doutra maneira mortos.
    Entre eses varios relatos atopamos temáticas moi diversas; dende escenas amorosas ata dramáticas vinganzas, pasando por episodios nos que nos relatan duras miserias ou nos transmiten a tenrura dun avó. Dentro destes algúns dos que máis me chamaron a atención foron:” A rapaza do circo”, no que nos mostra a rabia dun neno namorado ao non o deixaren seus pais irse despedir da rapaza que quería, membra dun circo ambulante que pasaba uns días na súa cidade.Outro relato que tamén me chamou a atención foi “O xogo da guerra”, no que o rapaz protagonista planea a vinganza contra o abusón do seu pobo que lle obrigou a facer cousas aberrantes, causa de que no momento no que se desenvolve a acción estea nun reformatorio.Tamén me gustou “ Agarda longa ao sol”, na que nos transmite a tenrura dun avó ao esperar durante toda unha tarde polo seu neto para que este lle relate historias e lle aprenda novas cousas, ou tamén,” Vou quedar cego”,no que nos ensina a astucia dun neno a piques de quedar cego “enganado” polos seus pais para evitarlle o sufrimento.
    Por outro lado, Carlos Casares, o seu autor, amósanos a España de fai uns 70 anos, doída pola proximidade da Guerra Civil, coas súas consecuentes represións e pobreza vivida durante os seguintes anos. A todo isto, hai que sumarlle outras escenas nas que nos amosa os costumes, divertimentos, medos, maneira de pensar... da época na que foi escrita.
    Ademais da súa temática, este libro tamén te engancha pola súa sinxeleza á hora de escribilo, xa que o seu modesto vocabulario e básica sintaxe, fan que sexa accesible para calquera persoa e de calquera idade.
    Como se pode observar, recoméndolle este libro como medicación a todas aquelas persoas que buscan unha cura para o aburrimento, e tamén a aquelas outras que desexen pasar un feliz e entretido anaco.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. No estoy de acuerdo me parece un libro de lo mas aburrido q perdida de tiempo y todo por un punto en la nota de gallego

      Eliminar
    2. yo estoy de acuerdo contigo tio es aburrido y solo por una nota en gallego

      Eliminar
  2. Vento ferido é o primeiro libro de Carlos Casares. Está composto de doce relatos curtos nos que o autor manifesta diversos temas da vida, dunha forma tan expresiva e cunha descrición tan detallada, que relaciona moito os sentimentos dos personaxes co lector. Deste xeito, cando estás lendo este libro, en realidade vives o mesmo que os protagonistas.
    Algúns dos temas son, por exemplo, recordar un amor pasado, ver como unha persoa pode controlar a outra es as súas consecuencias, o que pensa un señor maior, o que pensamos, en xeral, todos. En particular resalta a violencia, a soidade, o amor ou a dor.
    É un libro que mostra a sociedade na que vivimos tal e como é, con total claridade, tanto a parte boa como a mala.

    ResponderEliminar
  3. Nesta obra literaria de relatos de Carlos Casares trátanse temas como a soidade("Agarda longa o sol") ou a violencia("O xogo da guerra"). Este libro aporta coñecemento sobre situacións que non son moi lonxanas e que nunca se para un a pensar nelas.
    Relatos que sorprende ó final "A rapaza do circo" ou "Monólogo" que é un home que se queixa por demasiadas cousas. Un libro para ler só e recapacitar sobre o que ocorrería se escolleras actuar de outra maneira.

    ResponderEliminar
  4. Marta López Andón23/1/13, 18:27

    Vento ferido, de Carlos Casares pareceume unha fermosa formula para evocar a reflexión no lector; posto que trata temas do máis diversos, e polo tanto faite pensar en moitos dos aspectos da vida diaria nos que normalmente non recaemos, pero sempre están presentes.

    Algúns destes temas son o amor que aparece en “A rapaza do circo”, que nos conta a historia dun mozo o cal os seus pais non lle permiten saír a despedirse da moza do circo da cal se namorara. Aparece tamén a violencia reflectida en “O xogo da guerra”, no cal un rapaz que se atopa nun reformatorio planea a vinganza para o culpable de que el este alí, por habelo obrigado a cometer aldraxes indebidas; ou a frustración, que podemos ver en “Monólogo” no cal nos enchoupamos dos pensamentos máis íntimos dunha persoa que conversa consigo mesma.

    Coa lectura deste libro de relatos ademais de reflexionar sobre diversos temas cómo xa dixen pasase un rato entretido coas historias que se nos conta. Recomendaría polo tanto a súa lectura a todo o mundo, lectura que será doada pola forma na que esta escrito e entretida polo seu contido.

    ResponderEliminar
  5. Vento ferido é un libro de doce relatos escrito por Carlos Casares (1941-2002).
    Para min o título foi a atracción principal deste libro, xa que pareceme unha forma moi orixinal de nomear as desgrazas que ocorren en cada un dos pequenos relatos.
    Aínda que comece así o meu comentario ó libro, non cabe dicir que foi moi do meu gusto, non importa que sexan tristes as historias, xa que nos aportan taménn fermosura, neste libro estas palabras non son antónimas. E así é, xa non só porque eu aprecie os libros de relatos, xa que se fan moito máis levadeiros, senón que este en particular apórtanos historias que ocorreron nunha Galicia do pasado e outras que ben nos poden pasar a calquera de nós, coma as historias que falan de desamores.

    Para facer un breve resumo dos pequenos capítulos sinalarei algúns que me chamaron moito a atención; o primeiro, que pese a ser moi duro, nos amosa a crueldade dos nenos e como os xogos se nos poden escapar das mans, e o que é máis importante, a venganza non é un bo camiño, xa que podemos saír moi perxudicados polas nosas accións.
    E outro capítulo que me chamou moito a atención foi “A rapaza do circo”, eu non atopo a tristura neste relato, xa que en ocasións as cousas deben suceder así, están predestinadas, quizais se continuasen estropearíanse e o máis importante como non importa o idioma nin a raza nin o lugar de procedencía, que o amor e a amizade son o máis importante, e estes sentimentos son o mellor recordo que nos pode quedar.
    E moitos outros capitulos como “Aparecerá pola esquina”, e “O outro baile”, pese a que me deixan un regusto amargo, recórdanme máis á actualidade, e espero que eses personaxes aprenderan das historias coma eu o fixen e que coma a rapaza do último episodio que disfrute do seu verán e do resto das memorias que lle esperan por vivir, ó igual que vós, que disfrutedes destas crónicas e que aprendades delas para non olvidar a valía dalgúns sentimentos, e que non os leve o vento ferido, coma as verbas que lle dan título ó libro, que do malo tamén se aprende.





    ResponderEliminar
  6. Raquel Cela Dablanca25/2/13, 22:24

    "Vento ferido" é o primeiro libro de Carlos Casares, o que marca a incorporación deste autor á literatura galega. Este fermoso libro está composto por doce relatos, todos moi diferentes pero ó mesmo tempo moi semellantes porque todos están contados con moito sentimento que te fan sentir coma se estiveses dentro do libro vivindo o que contan e que ata poden chegar a emocionarte.

    Estesrelatos están marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo nos que podemos atopar as grandes consecuencias dun simple xogo infantil e no que podemos ver que a vinganza non é a mellor solución, tamén podemos chegar a poñernos na pel dun seños maior que está só e que espera con gran impaciencia a visita diaria do seu neto, mentres ve a vida pasar dende o balcón da súa casa, pero tamén podemos disfrutar con historias fermosas de amor, que aínda que terminasen e o final destas non fose todo o fermoso que nos gustaría, non se pode negar que foron bonitas mentres duraron, e con iso creo que é co que nos temos que quedar da vida, coa parte boa e esquecer a mala que ó final ó único o que nos leva é a non deixarnos disfrutar disfrutar das cousas boas que nos quedan por vivir.

    ResponderEliminar
  7. Vento ferido, é un fermoso libro que recolle doce relatos que nos mostran diferentes aspectos da vida, polo que fai que nos metamos afondo na lectura e sintamos os mesmos sentimentos que senten os protagonistas das historias.
    Isto débese á forma en que está escrito o libro, que reflicte perfectamente os sentimentos que ten cada personaxe en cada un dos doce relatos.
    Os temas tratados no libro son tales como o amor, a violencia, a nostalxia… sobre os que fai que relfexionemos ao estar tan próximos as vidas de calquera persoa, ademais disto fanos pasar un bo rato léndoo xa que as historias que conta son entretidas.
    A forma en que esta escrita tamén fai que pase isto xa que o vocabulario e as expresións que utiliza son sinxelas e fai que se dea unha mellor comprensión da lectura.
    Finalmente, recomendo a todo o mundo que o lea xa que me pareceu un libro fermoso e que mostra os aspectos tanto bos como malos que ocorren.

    ResponderEliminar
  8. Vento ferido foi o primeiro libro de Carlos Casares no que se recollen de forma sintética os valores do autor que iría desenvolvendo co paso dos anos. Ademais dos valores de Casares vemos neste conxunto de 12 relatos temas como a monotonía na vidas das persoas mediante a exemplificación dun ancián, a violencia recorrendo ós nenos ou por exemplo, a soidade ou o afán de superación.

    No relato onde vemos esa monotonía vital a través dun ancián é “Agarda longa ao sol”. Un avó espera no balcón da súa casa, como tódolos días dos últimos anos a chegada do seu neto a última hora da tarde para manter unha máis das súas conversas. Pero unha tarde o neto cambia unha desas conversas por unha sesión de cine. Vemos reflictido nese momento, na figura do avó, a soidade, ademais da profunda tristura que nos transmite ao lector.

    No relato “O xogo da guerra” vemos reflictido dun xeito moi inpactante a violencia, e o afán de crear dor nas persoas, xa que quen leva a cabo neste caso a acción da violencia son uns rapaces, cun tráxico final. Por este motivo é un dos textos que máis chamou a miña atención.

    Así como no relato “A capoeira” onde vemos o desexo de vingar a morte dun animal, un asasinato ocorrido fai anos. Este relato tamén presenta un tráxico final.

    Por outra banda vemos a loita por superar as dificultades físicas no relato “Vou quedar cego” onde un pequeno trata de superar a súa deficiencia a pesar do intento de pintar a realidade dun xeito que non é, por parte dos seus país.

    E como non podía ser doutro xeito, non falta neste conxunto de relatos, o amor. Nos relatos “A rapaza do circo” e “O outro verán” vemos reflictidos dous amores imposibles.

    En conclusión, a pesar de ser un libro de relatos curtos a par que doados de ler, resultou ser un libro intenso e cargado de emocións.

    ResponderEliminar
  9. Maria Fernanda Correa21/3/13, 15:53

    A min gustoume moito o libro porque reflicte a dura situación dalghunas persoas que senten soidade, dor e falta de amor.
    O libro englóbase dentro da chamada Nova Narrativa Galega e consta de doce relatos moi breves ambientados na sociedade galega do franquismo, moitos relatos están marcados pola violencia. Os relatos comenzan con "Xogo da guerra" onde nos imos atopar cunha cuadrilla de adolescentes que lidera O Rata, este obriga a Rafael, que nos conta a historia en primeira persoa, a case asasinar outro compañeiro(Zalo), será castigado por iso pero tomarase a súa vinganza.
    En todos estos relatos os protagonistas van ser adolescentes. ¿Por qué un pode converterse en vitima e outro verdugo? De verdugos, violencia... todo dentro dese tempo de represión que din que foi a ditadura franquista. Relatos alegóricos ou simplemente deixarse ir e seguir o fío destas curtas historias, moi pero que moi pesimistas.
    O relato que máis me chamou a atención e o que máis gústoume foi "Agarda longa ao sol" porque reflicte a dura trsitura e a soidade dunha persoa maior que se lle morreu a súa compañeira de toda a vida, o único que se acorda do avó é Milo pero co paso do tempo queda completamente só.
    Na miña opinión, a pesar da dureza dos temas que trata, son cribles e fanche reflexionar e a maiores resulta fermoso.

    ResponderEliminar
  10. Vento Ferido” é un libro publicado en 1967. Consta de 12 pequenos relatos, nos que podemos ver reflectidos temas coma a violencia, a soidade a monotonía ou o fatalismo.

    Na miña opinión cada un destes relatos a pesar de ser breves reflicten perfectamente os temas que quere transmitir o autor.

    Algúns relatos,como xa dixen, trata o tema da violencia, como o primeiro, no que se mostra a violencia nos nenos, ou nun dos relatos últimos, onde tamén se pode ver como o rencor pode dar lugar a violencia nas persoas e acabar nun tráxico final.
    Tamén podemos atopar neste libro relatos que transmiten ternura e incluso pódese chegar a sentir pena pola soidade dalgúns personaxes como é o caso do relato no que un avó espera con ganas o momento de que chegue a habitual visita do seu neto, ata o punto deque ese pequeno tempo que comparte con el é o único que lle alegra o día. Neste relato tamén pode apreciarse o tema da monotonía xa que a súa vida basase sempre no mesmo.

    Outro relato que me deu moita tenrnura foi o do “cego” como un neno tan pequeno, a pesar de que os seus pais queran disfrazar a realidade para que non se sinta mal, dase conta e intenta aceptala.

    En conclusión, o libro gustoume moito, cada relato transmitíame unha sensación diferente dependendo do tema que tratara e ademais foi moi doado de ler.

    ResponderEliminar
  11. No segundo libro lido esta avaliación como “libro recomendado” polo departamento de galego do I.E.S Leiras Pulpeiro, escollín “Vento Ferido” de Carlos Casares.

    Eu penso que Carlos Casares desexaba compartir con nós a súa visión do mundo e do home, cunha clara referencia á realidade. Unha das claves máis significativas destes relatos é a indagación nos sentimentos e comportamentos humanos.

    Nestes relatos esta moi presente o mundo da infancia perdida, a crueldade, o desamor, a soidade da vellez, a fatalidade do destino, a violencia da guerra..., o relato que máis me gustou foi “Agarda longa ao sol” é un magnífico exemplo da dependencia dos demais a unha certa idade e do paso do tempo. Neste relato Casares fala das ilusións e desilusións das pequenas cousas da vida cotiá cunha humanidade e un lirismo espectacular.

    Por outra parte, no relato “O xogo da guerra”, Casares trata a impotencia dos débiles fronte aos fortes, o maltrato e a crueldade. Un relato moi actual que reflicte conflitos sociais que ocasiona calquera tipo de maltrato e as súas consecuencias.

    A enfermidade e a morte cobran unha gran relevancia. O relato “Vou quedar cego” mostra un aspecto da vida que calquera podemos sufrir. A chegada inesperada dunha enfermidade ou de circunstancias que impiden o desenvolvemento norma dun rapaz.

    Sen dúbida, recomendo ler este libro. Lectura doada e rápida ao mesmo tempo que intenso e conmovedor.

    ResponderEliminar
  12. Román Paz Rodíguez17/4/13, 19:25

    Esta obra literaria de Carlos Casares gustoume bastante por varios aspectos:

    Primeiro, porque ó estruturarse a obra en doce relatos existen variedade de historias que aínda que teñen características moi relacionadas entre si, resultan, polo menos para min, unha volta a empezar centrándose nunha situación diferente con personaxes distintos e que me motivan a descubrir o que se esconde tras ese novo relato.

    Logo, pola temática utilizada ó longo da obra. A constante presenza da violencia, a soidade e esa sensación de que todo acaba por rematar nun amargo final, como se o destino fatal viñera xa marcado por adiantado, fan que medren en ti un especial sentimento que non deixa indiferente a ninguén. Eu vivín con tristeza case tódolos relatos, e foron poucas as veces nas que non me sentín coma na pel dalgún dos personaxes que se poden atopar (isto último era potenciado debido a aplicación do monólogo interior utilizado polo autor).

    E para finalizar, pola sinxela expresión literaria dos relatos, a pesar de que houbo algún que tiven que reler máis dunha vez para comprender o que se quería transmitir, que non sempre ten que ser aquilo que vén escrito directamente no papel.

    En conclusión, gocei moito do libro e para nada foi pesado ou aburrido. De entre os relatos lidos, impresionáronme especialmente “O xogo da guerra”, “Agarda longa ao sol”, “A capoeira” e “A rapaza do circo”. Adicionalmente, gustaríame facer unha mención especial a “Monólogo” por esa maneira tan especial de contar o lle sucede a un home, dende o seu pensamento. Isto foi todo, un gran libro moi recomendable para o lector.

    ResponderEliminar
  13. Diego Obarrio17/4/13, 20:25

    Vento ferido é un entretido, triste pero entretido libro de relatos.
    Esta característica principal, o ser un libro de relatos, é o que para min o fai máis atractivo.
    Para min cabe a pena destacar as moitas aparicións da vinganza en relatos como "A capoeira" no que o protagonista asasina a un antigo amigo por causa da vinganza polo seu burro ou o que máis chama a atención a todo o mundo "O xogo da guerra" este é un relato no que me gustaría afondar xa que ese afán de vinganza e ese odio deica o rata, que chegaron despois de que o protagonista matase a Zalo pola súa culpa, levano a acabar coa vida do rata finalmente. Foi unha vinganza moi premeditada durante a estancia no internado.
    Outro dos relatos que mais me gustou foi "A rapaza do circo" , un relato co que canto menos un sintese un pouco identificado, ese amor de vrao que se vive con tanta paixón e que logo desaparece pero queda un fantástico recordo.
    En xeral foi un libro moi ameno e entretido co que pasei un bo rato e que me aportou bastante

    ResponderEliminar
  14. Martín López Ross18/4/13, 9:21

    Vento ferido é o primeiro libro de Carlos Casares.Paréceme un libro moi interesante xa que a obra esta dividida en 12 relatos curtos nos que o autor propón diferentes temas da vida. Na súa maioría os relatos contan historias tristes que se poden relacionar coa historia de Galicia. Algúns dos temas que o autor quere reflectir son a violencia, a soidade, a vinganza...
    Para min hai dous capítulos destacables pero que resultan difíciles de ler en canto ós sentimentos que producen: un deles é o monólogo interior que un profesor mantén (característica da NNG), amosa a súa monotonía e a evasión dos problemas mediante a bebida tras unha longa xornada de traballo.
    Por último destacar outro relato “O xogo da guerra” que transmite a fatalidade e a vinganza a través dunha traxedia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola me llamo Sunita, estoy haciendo un trabajo de galego de este libro, quería saber si los relatos con que caracteristicas de la nova narrativa galega se juntan.

      Eliminar
  15. Vento Ferido é unha obra de Carlos Casares publicada no ano 1967 e ca que se deu a coñecer o autor, de lectura fácil e interesante nos seus distintos capítulos.
    O libro englóbase dentro da Nova Narrativa Galega e consta de doce relatos muy breves y mui pesimistas ambientados na sociedade galega do franquismo, todos os relatos están marcados pola violencia. Os relatos comezan con "O Xogo da Guerra" onde nos vamos atopar cunha pandilla de adolescentes que lidera o Rata, este obriga a Rafael, que nos conta a historia en primera persoa, a case asesinar a outro compañeiro chamado Zalo, será castigado por elo pero tomarase a sua venganza.
    En todos estos relatos os protagonistas son adolescentes.
    Na miña opinión, pese á dureza dos temas que trata, son creibles e fante reflexionar.

    ResponderEliminar
  16. Vento Ferido de Carlos Casares, é un libro de 12 relatos, nos que nos conta diferentes tipos de historias, cos temas da violencia, amor, soidade, etc.
    Pareceume interesante xa que nos amosa moita da realidade que pasa nesta vida.Unha vida inxusta, na que se ve a crueldade de moita xente.Para nada é pesado nin aburrido. Parece que todos os relatos van acabar mal o final. É fácil, e está ben escrito. O autor fai que o letor se meta na historia como se nós fosemos algún personaxe.

    ResponderEliminar
  17. Clara Coira Suárez, 1º BAC13/6/13, 14:12

    Os relatos deste libro tratan temas moi diversos como a vellez, a guerra, o amor, a soidade...
    Os relatos son curtos pero, a pasar da aparente sinxeleza, contan moitas cousas. Os que máis me gustaron foron "cando cheguen as chuvias" e "A capoeira".
    Os personaxes das historias son xente que ten problemas ou o pasa mal. A maoria dos relatos deixan un final aberto, no que o lector ten que implicarse.
    En conclusión gustoume o libro e paga a pena lelo.

    ResponderEliminar
  18. Alejandro Sánchez Cela 1 Bac B8/12/14, 19:14

    Este é o primeiro libro que publica casares polo tanto o máis experimental, onde recolle moi brevemente os valores e ideas que ira desenvolvendo ao longo de toda a súa narrativa, el trata a problemática social dos anos 60, como era a sociedade nese tempo e como esta influe nos nenos provocandolles unha infancia dura, que os obriga a madurar antes de tempo para sobrevivir.
    Este é un libro de relatos dividido en 12 fragmentos ou contos cunha clara crítica social recollida nestes, una crítica ácida pero contada dende o lirismo habitual da xeración da nova narrativa galega, o relato que abre o libro é un despregue tan inmenso e sobrecolledor de calidade literaria que mestura unha mensaxe chea de saevia e desgarradora cun modo de narrala que derrocha magnicidade por todos os seus poros, o autor faite sentir tan de preto o que sinte o protagonista que podes entender a perfección porque fai o que fai, que che parecerá estar lendo Crime e castigo de Dostojewski ou mesmo O conde de Montecristo de Dumas.
    En xeral unha novela curta pero cargada de contido e chea de lirismo que te enganchará dende o primeiro relato ata o último, moi recomendable.

    ResponderEliminar
  19. Ao longo dos 12 relatos experimentei diferentes sensacións. Algúns dos relatos gustáronme moito, e comprendín correctamente o seu contigo e os temas nos que se centraba. Outros, en cambio, parecéronme aburridos, ou tal vez simplemente non os souben comprender como debía.
    Miña profesora de galego contoume que cando ela lera este libro coa miña idade pasoulle algo parecido, pero ao lelo anos despois, con outros ollos, comprendeuno dunha forma diferente.
    O meu relato favorito foi "O xogo da guerra" e "A rapaza do circo". O primeiro trata temas como a violencia e a vinganza persoal, e o segundo trata sobre o amor.

    ResponderEliminar
  20. Antia Ceide 1ºBAC A12/6/15, 12:19

    Esta obra é un cúmulo de sensacións intensas, cargadas de crueldade e moitas tamén conmovedoras. Persoalmente, un dos relatos que máis me gustou foi "Agarda longa ante o sol", porque é moi conmovedor. O xeito en que Carlos Casares transmite esa profunda tristura que sente o avó e o sentimento de soidade co paso do tempo, foi unha das razóns polas que este relato me conmoveu tanto. Tamén me chamou a atención esa visión da vida na que nós dependemos moito doutras persoas a unha determinada idade.
    En resumo, un libro cheo de emocións fortes e moi conmovedor que fai que sexa unha lectura agradable e fácil.

    ResponderEliminar
  21. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  22. Esta obra causoume moitas sensacións tanto positivas como negativas. Gustáronme todos os relatos, uns máis e outros menos, pero todos fixéronme reflexionar, marcáronme. O relato que máis me gustou foi “O xogo da guerra”, xa que describe o que pode facer unha persoa polo simple xeito de cumprir unha orde do “líder do grupo”, case matar a un amigo. Foi castigado pero vingouse cando tivo ocasión. Este non é o único relato que aparece a vinganza como un dos temas principais, “A capoeira” describe esta mesma vinganza persoal onde o protagonista entra a un bar cunhas contas pendentes por un burro que tiña no pasado.
    Por outra parte, chamoume a atención “A rapaza do circo”, transmite un amor moi intenso pero curto onde queda un bo recordo para toda a vida. “Agarda longa ao sol” inquietoume bastante, esa soidade, esa tristura que se pode percibir lendo palabra por palabra, frase por frase, fíxome reflexionar, pensar na vida, que é curta, vivila ben, para que cando chegues a esa idade, poidas conformarte co que tes.
    O relato que menos me gustou foi “Cando cheguen as chuvias”, custoume comprendelo, polo tanto non tiven esa sensación que trasnmitiron os demais.

    ResponderEliminar
  23. Polo xeral eu non son moi partidario dos libros de relatos, penso que intentan transmitir moitos temas e ó final non me transmiten nada. Mais neste libro aínda que non se asemellen moito os relatos entre sí, conseguen crear unha atmosfera de dor e soidade entre todos eles.
    “O xogo da guerra” é un relato que me impactou moito, nel vense os extremos aos que pode chegar unha persoa para poder ser aceptado nun grupo. É unha historia moi triste, tráxica e con sede de vinganza.
    Tamén me gustaría destacar o relato de “A rapaza do circo”. Este amor pasaxeiro consegue entrar na memoria das persoas que o len para facernos recordar. Non é precisamente fácil facer un relato curto e con tanta paixón, por iso, este é o que máis me gustou.
    Outro relato que tamén me chamou a atención é “Agarda longa ao sol”. Esta é a historia dun ancián de oitenta anos que non se vale por sí mesmo. O único que o mantén con ganas de vivir é pasar o tempo que lle queda ao lado da súa familia, pode parecer algo sinxelo, incluso un pouco absurdo mais non o consigue.
    “Vento ferido” acaboume de gustar por estas e outras historias que, aínda que non mencione, tamén son moi boas.
    É un libro que recomendaría porque é doado de ler, intenso, cargado de emocións e paixón.

    ResponderEliminar
  24. Anónimo6/6/17, 0:36

    eu penso que esto nn vale para nada,nin sequra hai resumo no rincón do vago :v indignante,ademis se nn aprobas o libro suspendes a evaluación,e se o aprobas so che dan un punto,sinceramente...vaia merda

    ResponderEliminar
  25. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  26. Este libro escrito por Carlos Casares composto por 12 relatos nos que predomina a soidade e a vinganza.
    Aínda que algún conto non o lograra entender por completo, como é o caso de "Monólogo", "Cando cheguen as chuvias" ou "A tronada", foi un libro que me chamou a atención.
    Os contos que máis me gustaron foron: " O xogo da guerra", xa que me impresiona a cantidade de vinganza que expón; "A capoeira", que volve tratar o tema da vinganza, pero este con un grao máis elevado, xa que pasan vinte anos dende que acontece o acto.
    O libro en xeral gustoume bastante xa que me gustan os contos curtos, sinxelos(que non o cumpren todos) e que expresen algún tema que se debería de resolver na sociedade.
    "Vento ferido" recoméndoo a toda persoa que le guste a lectura rápida. A miña nota para este libro é de un 8 sobre 10

    ResponderEliminar
  27. Ángel Núñez Lamas 1º BAC B7/6/17, 13:52

    Este libro de relatos céntrase na temática da soidade, o desamor, a violencia, o sufrimento… Tamén destaca a época na que se ambientan a maioría dos contos (na época franquista).
    O que máis me chamou a atención e co que máis aprendín, foi con “Coma lobos”. Sitúanos en tempos da ditadura de Franco, no que un home esta nunha taberna e quere falar libremente de política, e os seus amigos avísano de que vai acabar en problemas. Cando chegan os gardas, o home quédase sen amigos e lévano nunha camioneta ata o cuartel. Ninguén se opón por medo.
    Esto fainos referencia a vida que levaban os galegos e os oprimidos polo réxime franquista, no cal non podías expresar a túa opinión libremente nin ir en contra dos gobernantes. Vivías con medo.
    Outro relato a salientar é “O Xogo da guerra”, no que vemos outro tema importante, á violencia. Aparece tamén a presión de grupo, que lle obriga a un rapaz a mallar a un amigo case ata matalo. Despois móstrase como prepara a vinganza durante a súa estancia no reformatorio dunha maneira fría e cruel.
    Este libro transmitiume moitos sentimentos e aprendín moito con él. Recoméndoo porque axuda a entender e a ver como reaccionan as persoas ante situación difíciles.

    ResponderEliminar
  28. Ana López 1BAC A6/6/18, 9:12

    Este libro é moi interesante de ler xa que nos fala en cada relato dunha situación que en moitas ocasións acaba mal.
    Lino moi rápido xa que cada historia que contaba,encántabame.

    ResponderEliminar
  29. Sergio Fernández Núñez 1ºBAC A

    A min este libro gustoume xa que conta varias historias, onde case todas estas son tristes porque acaban coa morte. Estas tratan de temas como a vinganza, o desamor ou o paso do tempo onde se ven reflectidos directamente nas historias, e puideron ser verdadeiras.

    A historia que máis me gustou foi "Agarda longa ao sol" xa que conta a historia de un señor maior de como pasa os días de verán no balcón mirando para a rúa xa que a día de hoxe moita xente maior está vivindo isto, sobre todo en Galiza nas aldeas que están morrendo e isto provocache unha tristura interna.

    ResponderEliminar
  30. David López Cordero 1ºBAC A

    Este libro encantoume, gustáronme todos os contos que se recollen nel, algún coma "O xogo da guerra" xa coñecía de antemán.
    Moitos dos contos do libro teñen un final triste, normalmente rematan ca morte dalgún personaxe.
    a historia que máis me chamou a atención foi "A rapaza do circo", onde se contan os amores dun rapaz por unha rapaza do circo que estaba na vila, no mellor momento da súa relación, o circo marcha e a rapaza tamén.
    A súa lectura pareceume sinxela e rápida, recomendaríallo a calqueira.

    ResponderEliminar
  31. É un libro de contos moi entretido, o meu favorito foi o xogo da guerra ainda que todos son bos.
    Ten unha linguaxe sinxela e coloquial polo que é facil de entender.
    Nos seus contos podes encontrar temas de amor e inxustiza. Eu recomendoo xa que moita xente se pode sentir identificado con algúns dos protagonistas

    ResponderEliminar
  32. Javier López González 1ºBAC A

    Este libro publicouno Carlos Casares en 1967 e é unha obra composta por 12 relatos breves. Os que máis me gustaron a min particularmente foron "O xogo da guerra" e "Agarda longa ao sol".
    Este segundo gustoume especialmente, porque fixo que pensara no mal que o pode chegar a pasar unha persoa maior, debido a soidade na que viven moitos deles, e na pouca importancia que a xente nova lle damos a isto sen darnos conta.

    ResponderEliminar
  33. Rocío Fernández Cordero 1ºBAC A

    Vento ferido é un precioso libro de Carlos Casares. Está composto por doce relatos curtos onde o autor móstranos diferentes aspectos da vida cos que poderiamos sentirnos identificados, o que provoca un maior interese por parte do lector.
    Isto tamén se debe á forma na que está escrito, cunha descrición moi detallada que reflicte perfectamente os sentimentos dos personaxes, facendo que pareza que en realidades estás vivindo o mesmo que os protagonistas dos relatos.
    Eu recomendo a súa lectura a todo o mundo xa que é un libro fermoso e moi sinxelo de ler.

    ResponderEliminar
  34. IVÁN DONO DOÑÉ, 1º BAC A8/3/21, 20:55

    Mediante contos sinxelos e curtos, o autor transmite sentimentos, pensamentos e situacións moi reais. Unha delas, é a historia que se presenta no relato "Coma lobos", o cal está ambientado na época da Guerra Civil e representa a gran opresión e inxustiza vivida polos galegos. Este conto produciume unha sesación de gran desacougo e tristura.

    Tamén me gustou o relato "O xogo da guerra" porque a situación presentada foi e segue sendo moi común: un neno inocente o cal se ve influenciado pola presión do grupo e acaba cometendo un acto de violencia, do que logo se quere vingar.

    En resumo, recomendaríao moito polo elevado grao de realismo que presenta en cada un dos doce relatos, e pola súa gran variedade de temas: dende inxustizas sociais ou violencia ata amores de verán. Por todo isto, Vento Ferido é un dos libros que máis me gustou.

    ResponderEliminar