tag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post4419179622686802035..comments2024-02-06T18:25:45.555+01:00Comments on Somos o que lemos: SOMOS O QUE LEMOShttp://www.blogger.com/profile/17844211828089366754noreply@blogger.comBlogger37125tag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-67539466725653404862021-03-08T20:55:49.867+01:002021-03-08T20:55:49.867+01:00Mediante contos sinxelos e curtos, o autor transmi...Mediante contos sinxelos e curtos, o autor transmite sentimentos, pensamentos e situacións moi reais. Unha delas, é a historia que se presenta no relato "Coma lobos", o cal está ambientado na época da Guerra Civil e representa a gran opresión e inxustiza vivida polos galegos. Este conto produciume unha sesación de gran desacougo e tristura.

Tamén me gustou o relato "O xogo da guerra" porque a situación presentada foi e segue sendo moi común: un neno inocente o cal se ve influenciado pola presión do grupo e acaba cometendo un acto de violencia, do que logo se quere vingar.

En resumo, recomendaríao moito polo elevado grao de realismo que presenta en cada un dos doce relatos, e pola súa gran variedade de temas: dende inxustizas sociais ou violencia ata amores de verán. Por todo isto, Vento Ferido é un dos libros que máis me gustou.IVÁN DONO DOÑÉ, 1º BAC Anoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-1875974373037611742020-04-27T22:17:09.791+02:002020-04-27T22:17:09.791+02:00Hola me llamo Sunita, estoy haciendo un trabajo de...Hola me llamo Sunita, estoy haciendo un trabajo de galego de este libro, quería saber si los relatos con que caracteristicas de la nova narrativa galega se juntan.Sunitahttps://www.blogger.com/profile/13392345915897218651noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-11843737646766733342019-06-18T10:45:39.818+02:002019-06-18T10:45:39.818+02:00Rocío Fernández Cordero 1ºBAC A
Vento ferido é un...Rocío Fernández Cordero 1ºBAC A

Vento ferido é un precioso libro de Carlos Casares. Está composto por doce relatos curtos onde o autor móstranos diferentes aspectos da vida cos que poderiamos sentirnos identificados, o que provoca un maior interese por parte do lector.
Isto tamén se debe á forma na que está escrito, cunha descrición moi detallada que reflicte perfectamente os sentimentos dos personaxes, facendo que pareza que en realidades estás vivindo o mesmo que os protagonistas dos relatos.
Eu recomendo a súa lectura a todo o mundo xa que é un libro fermoso e moi sinxelo de ler.
Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-85501940823118916832019-06-13T20:52:16.079+02:002019-06-13T20:52:16.079+02:00Javier López González 1ºBAC A
Este libro publicou...Javier López González 1ºBAC A

Este libro publicouno Carlos Casares en 1967 e é unha obra composta por 12 relatos breves. Os que máis me gustaron a min particularmente foron "O xogo da guerra" e "Agarda longa ao sol".
Este segundo gustoume especialmente, porque fixo que pensara no mal que o pode chegar a pasar unha persoa maior, debido a soidade na que viven moitos deles, e na pouca importancia que a xente nova lle damos a isto sen darnos conta.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-45784475810145568162019-06-09T23:04:32.058+02:002019-06-09T23:04:32.058+02:00É un libro de contos moi entretido, o meu favorito...É un libro de contos moi entretido, o meu favorito foi o xogo da guerra ainda que todos son bos.
Ten unha linguaxe sinxela e coloquial polo que é facil de entender.
Nos seus contos podes encontrar temas de amor e inxustiza. Eu recomendoo xa que moita xente se pode sentir identificado con algúns dos protagonistasbraishttps://www.blogger.com/profile/06259246215117190040noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-15263635201905501082019-03-04T15:35:57.896+01:002019-03-04T15:35:57.896+01:00David López Cordero 1ºBAC A
Este libro encantoume...David López Cordero 1ºBAC A

Este libro encantoume, gustáronme todos os contos que se recollen nel, algún coma "O xogo da guerra" xa coñecía de antemán.
Moitos dos contos do libro teñen un final triste, normalmente rematan ca morte dalgún personaxe.
a historia que máis me chamou a atención foi "A rapaza do circo", onde se contan os amores dun rapaz por unha rapaza do circo que estaba na vila, no mellor momento da súa relación, o circo marcha e a rapaza tamén.
A súa lectura pareceume sinxela e rápida, recomendaríallo a calqueira.
Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-77128125330434411332019-02-24T21:18:12.480+01:002019-02-24T21:18:12.480+01:00Sergio Fernández Núñez 1ºBAC A
A min este libro g...Sergio Fernández Núñez 1ºBAC A

A min este libro gustoume xa que conta varias historias, onde case todas estas son tristes porque acaban coa morte. Estas tratan de temas como a vinganza, o desamor ou o paso do tempo onde se ven reflectidos directamente nas historias, e puideron ser verdadeiras.

A historia que máis me gustou foi "Agarda longa ao sol" xa que conta a historia de un señor maior de como pasa os días de verán no balcón mirando para a rúa xa que a día de hoxe moita xente maior está vivindo isto, sobre todo en Galiza nas aldeas que están morrendo e isto provocache unha tristura interna.Sergio Fernández Núñezhttps://www.blogger.com/profile/14546119385212363116noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-30037934106745575492018-06-06T09:12:16.143+02:002018-06-06T09:12:16.143+02:00Este libro é moi interesante de ler xa que nos fal...Este libro é moi interesante de ler xa que nos fala en cada relato dunha situación que en moitas ocasións acaba mal.
Lino moi rápido xa que cada historia que contaba,encántabame.Ana López 1BAC Anoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-13683448303287708292018-01-02T17:00:31.610+01:002018-01-02T17:00:31.610+01:00yo estoy de acuerdo contigo tio es aburrido y solo...yo estoy de acuerdo contigo tio es aburrido y solo por una nota en gallegoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-8177505344233791892017-06-07T13:52:27.656+02:002017-06-07T13:52:27.656+02:00Este libro de relatos céntrase na temática da soid...Este libro de relatos céntrase na temática da soidade, o desamor, a violencia, o sufrimento… Tamén destaca a época na que se ambientan a maioría dos contos (na época franquista).
O que máis me chamou a atención e co que máis aprendín, foi con “Coma lobos”. Sitúanos en tempos da ditadura de Franco, no que un home esta nunha taberna e quere falar libremente de política, e os seus amigos avísano de que vai acabar en problemas. Cando chegan os gardas, o home quédase sen amigos e lévano nunha camioneta ata o cuartel. Ninguén se opón por medo.
Esto fainos referencia a vida que levaban os galegos e os oprimidos polo réxime franquista, no cal non podías expresar a túa opinión libremente nin ir en contra dos gobernantes. Vivías con medo.
Outro relato a salientar é “O Xogo da guerra”, no que vemos outro tema importante, á violencia. Aparece tamén a presión de grupo, que lle obriga a un rapaz a mallar a un amigo case ata matalo. Despois móstrase como prepara a vinganza durante a súa estancia no reformatorio dunha maneira fría e cruel.
Este libro transmitiume moitos sentimentos e aprendín moito con él. Recoméndoo porque axuda a entender e a ver como reaccionan as persoas ante situación difíciles.
Ángel Núñez Lamas 1º BAC Bnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-11349001904122609092017-06-07T12:42:16.890+02:002017-06-07T12:42:16.890+02:00Este libro escrito por Carlos Casares composto por...Este libro escrito por Carlos Casares composto por 12 relatos nos que predomina a soidade e a vinganza.
Aínda que algún conto non o lograra entender por completo, como é o caso de "Monólogo", "Cando cheguen as chuvias" ou "A tronada", foi un libro que me chamou a atención.
Os contos que máis me gustaron foron: " O xogo da guerra", xa que me impresiona a cantidade de vinganza que expón; "A capoeira", que volve tratar o tema da vinganza, pero este con un grao máis elevado, xa que pasan vinte anos dende que acontece o acto.
O libro en xeral gustoume bastante xa que me gustan os contos curtos, sinxelos(que non o cumpren todos) e que expresen algún tema que se debería de resolver na sociedade.
"Vento ferido" recoméndoo a toda persoa que le guste a lectura rápida. A miña nota para este libro é de un 8 sobre 10
Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/17526307758269019507noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-83251369002139152072017-06-07T12:40:34.056+02:002017-06-07T12:40:34.056+02:00Este comentario ha sido eliminado por el autor.Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/17526307758269019507noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-33065345257388221222017-06-06T00:36:14.869+02:002017-06-06T00:36:14.869+02:00eu penso que esto nn vale para nada,nin sequra hai...eu penso que esto nn vale para nada,nin sequra hai resumo no rincón do vago :v indignante,ademis se nn aprobas o libro suspendes a evaluación,e se o aprobas so che dan un punto,sinceramente...vaia merdaAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-66106788531415482962017-06-01T23:53:39.012+02:002017-06-01T23:53:39.012+02:00No estoy de acuerdo me parece un libro de lo mas a...No estoy de acuerdo me parece un libro de lo mas aburrido q perdida de tiempo y todo por un punto en la nota de gallego
Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-55673859308313800962017-02-20T19:57:30.401+01:002017-02-20T19:57:30.401+01:00Polo xeral eu non son moi partidario dos libros de...Polo xeral eu non son moi partidario dos libros de relatos, penso que intentan transmitir moitos temas e ó final non me transmiten nada. Mais neste libro aínda que non se asemellen moito os relatos entre sí, conseguen crear unha atmosfera de dor e soidade entre todos eles.
“O xogo da guerra” é un relato que me impactou moito, nel vense os extremos aos que pode chegar unha persoa para poder ser aceptado nun grupo. É unha historia moi triste, tráxica e con sede de vinganza.
Tamén me gustaría destacar o relato de “A rapaza do circo”. Este amor pasaxeiro consegue entrar na memoria das persoas que o len para facernos recordar. Non é precisamente fácil facer un relato curto e con tanta paixón, por iso, este é o que máis me gustou.
Outro relato que tamén me chamou a atención é “Agarda longa ao sol”. Esta é a historia dun ancián de oitenta anos que non se vale por sí mesmo. O único que o mantén con ganas de vivir é pasar o tempo que lle queda ao lado da súa familia, pode parecer algo sinxelo, incluso un pouco absurdo mais non o consigue.
“Vento ferido” acaboume de gustar por estas e outras historias que, aínda que non mencione, tamén son moi boas.
É un libro que recomendaría porque é doado de ler, intenso, cargado de emocións e paixón.
Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/04564161109150323087noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-27858094776679866352017-02-09T22:28:31.295+01:002017-02-09T22:28:31.295+01:00Esta obra causoume moitas sensacións tanto positiv...Esta obra causoume moitas sensacións tanto positivas como negativas. Gustáronme todos os relatos, uns máis e outros menos, pero todos fixéronme reflexionar, marcáronme. O relato que máis me gustou foi “O xogo da guerra”, xa que describe o que pode facer unha persoa polo simple xeito de cumprir unha orde do “líder do grupo”, case matar a un amigo. Foi castigado pero vingouse cando tivo ocasión. Este non é o único relato que aparece a vinganza como un dos temas principais, “A capoeira” describe esta mesma vinganza persoal onde o protagonista entra a un bar cunhas contas pendentes por un burro que tiña no pasado.
Por outra parte, chamoume a atención “A rapaza do circo”, transmite un amor moi intenso pero curto onde queda un bo recordo para toda a vida. “Agarda longa ao sol” inquietoume bastante, esa soidade, esa tristura que se pode percibir lendo palabra por palabra, frase por frase, fíxome reflexionar, pensar na vida, que é curta, vivila ben, para que cando chegues a esa idade, poidas conformarte co que tes.
O relato que menos me gustou foi “Cando cheguen as chuvias”, custoume comprendelo, polo tanto non tiven esa sensación que trasnmitiron os demais.Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/06563509366782704982noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-55177086230370674872017-02-09T22:26:16.899+01:002017-02-09T22:26:16.899+01:00Este comentario ha sido eliminado por el autor.Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/06563509366782704982noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-6049401454116523942015-06-12T12:19:46.799+02:002015-06-12T12:19:46.799+02:00Esta obra é un cúmulo de sensacións intensas, carg...Esta obra é un cúmulo de sensacións intensas, cargadas de crueldade e moitas tamén conmovedoras. Persoalmente, un dos relatos que máis me gustou foi "Agarda longa ante o sol", porque é moi conmovedor. O xeito en que Carlos Casares transmite esa profunda tristura que sente o avó e o sentimento de soidade co paso do tempo, foi unha das razóns polas que este relato me conmoveu tanto. Tamén me chamou a atención esa visión da vida na que nós dependemos moito doutras persoas a unha determinada idade.
En resumo, un libro cheo de emocións fortes e moi conmovedor que fai que sexa unha lectura agradable e fácil.Antia Ceide 1ºBAC Anoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-51881206547589756472015-06-12T12:02:06.243+02:002015-06-12T12:02:06.243+02:00Ao longo dos 12 relatos experimentei diferentes se...Ao longo dos 12 relatos experimentei diferentes sensacións. Algúns dos relatos gustáronme moito, e comprendín correctamente o seu contigo e os temas nos que se centraba. Outros, en cambio, parecéronme aburridos, ou tal vez simplemente non os souben comprender como debía.
Miña profesora de galego contoume que cando ela lera este libro coa miña idade pasoulle algo parecido, pero ao lelo anos despois, con outros ollos, comprendeuno dunha forma diferente.
O meu relato favorito foi "O xogo da guerra" e "A rapaza do circo". O primeiro trata temas como a violencia e a vinganza persoal, e o segundo trata sobre o amor.Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/10209567615487916746noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-81616088197631985922014-12-08T19:14:39.663+01:002014-12-08T19:14:39.663+01:00Este é o primeiro libro que publica casares polo t...Este é o primeiro libro que publica casares polo tanto o máis experimental, onde recolle moi brevemente os valores e ideas que ira desenvolvendo ao longo de toda a súa narrativa, el trata a problemática social dos anos 60, como era a sociedade nese tempo e como esta influe nos nenos provocandolles unha infancia dura, que os obriga a madurar antes de tempo para sobrevivir.
Este é un libro de relatos dividido en 12 fragmentos ou contos cunha clara crítica social recollida nestes, una crítica ácida pero contada dende o lirismo habitual da xeración da nova narrativa galega, o relato que abre o libro é un despregue tan inmenso e sobrecolledor de calidade literaria que mestura unha mensaxe chea de saevia e desgarradora cun modo de narrala que derrocha magnicidade por todos os seus poros, o autor faite sentir tan de preto o que sinte o protagonista que podes entender a perfección porque fai o que fai, que che parecerá estar lendo Crime e castigo de Dostojewski ou mesmo O conde de Montecristo de Dumas.
En xeral unha novela curta pero cargada de contido e chea de lirismo que te enganchará dende o primeiro relato ata o último, moi recomendable.
Alejandro Sánchez Cela 1 Bac Bnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-85847426349832770762013-06-13T14:12:34.231+02:002013-06-13T14:12:34.231+02:00Os relatos deste libro tratan temas moi diversos c...Os relatos deste libro tratan temas moi diversos como a vellez, a guerra, o amor, a soidade...
Os relatos son curtos pero, a pasar da aparente sinxeleza, contan moitas cousas. Os que máis me gustaron foron "cando cheguen as chuvias" e "A capoeira".
Os personaxes das historias son xente que ten problemas ou o pasa mal. A maoria dos relatos deixan un final aberto, no que o lector ten que implicarse.
En conclusión gustoume o libro e paga a pena lelo.Clara Coira Suárez, 1º BACnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-86100713736371477172013-05-16T17:06:02.702+02:002013-05-16T17:06:02.702+02:00Vento Ferido de Carlos Casares, é un libro de 12 r...Vento Ferido de Carlos Casares, é un libro de 12 relatos, nos que nos conta diferentes tipos de historias, cos temas da violencia, amor, soidade, etc.
Pareceume interesante xa que nos amosa moita da realidade que pasa nesta vida.Unha vida inxusta, na que se ve a crueldade de moita xente.Para nada é pesado nin aburrido. Parece que todos os relatos van acabar mal o final. É fácil, e está ben escrito. O autor fai que o letor se meta na historia como se nós fosemos algún personaxe.iago veigahttps://www.blogger.com/profile/15206871187863619378noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-43254306400799689012013-04-18T16:43:04.794+02:002013-04-18T16:43:04.794+02:00Vento Ferido é unha obra de Carlos Casares publica...Vento Ferido é unha obra de Carlos Casares publicada no ano 1967 e ca que se deu a coñecer o autor, de lectura fácil e interesante nos seus distintos capítulos.
O libro englóbase dentro da Nova Narrativa Galega e consta de doce relatos muy breves y mui pesimistas ambientados na sociedade galega do franquismo, todos os relatos están marcados pola violencia. Os relatos comezan con "O Xogo da Guerra" onde nos vamos atopar cunha pandilla de adolescentes que lidera o Rata, este obriga a Rafael, que nos conta a historia en primera persoa, a case asesinar a outro compañeiro chamado Zalo, será castigado por elo pero tomarase a sua venganza.
En todos estos relatos os protagonistas son adolescentes.
Na miña opinión, pese á dureza dos temas que trata, son creibles e fante reflexionar.diego abadhttps://www.blogger.com/profile/05439399875675168044noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-24018737951197233002013-04-18T09:21:34.102+02:002013-04-18T09:21:34.102+02:00Vento ferido é o primeiro libro de Carlos Casares....Vento ferido é o primeiro libro de Carlos Casares.Paréceme un libro moi interesante xa que a obra esta dividida en 12 relatos curtos nos que o autor propón diferentes temas da vida. Na súa maioría os relatos contan historias tristes que se poden relacionar coa historia de Galicia. Algúns dos temas que o autor quere reflectir son a violencia, a soidade, a vinganza...
Para min hai dous capítulos destacables pero que resultan difíciles de ler en canto ós sentimentos que producen: un deles é o monólogo interior que un profesor mantén (característica da NNG), amosa a súa monotonía e a evasión dos problemas mediante a bebida tras unha longa xornada de traballo.
Por último destacar outro relato “O xogo da guerra” que transmite a fatalidade e a vinganza a través dunha traxedia.
Martín López Rossnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-311968091127378015.post-85015985034444926572013-04-17T20:25:12.334+02:002013-04-17T20:25:12.334+02:00Vento ferido é un entretido, triste pero entretido...Vento ferido é un entretido, triste pero entretido libro de relatos.
Esta característica principal, o ser un libro de relatos, é o que para min o fai máis atractivo.
Para min cabe a pena destacar as moitas aparicións da vinganza en relatos como "A capoeira" no que o protagonista asasina a un antigo amigo por causa da vinganza polo seu burro ou o que máis chama a atención a todo o mundo "O xogo da guerra" este é un relato no que me gustaría afondar xa que ese afán de vinganza e ese odio deica o rata, que chegaron despois de que o protagonista matase a Zalo pola súa culpa, levano a acabar coa vida do rata finalmente. Foi unha vinganza moi premeditada durante a estancia no internado.
Outro dos relatos que mais me gustou foi "A rapaza do circo" , un relato co que canto menos un sintese un pouco identificado, ese amor de vrao que se vive con tanta paixón e que logo desaparece pero queda un fantástico recordo.
En xeral foi un libro moi ameno e entretido co que pasei un bo rato e que me aportou bastanteDiego Obarrionoreply@blogger.com