3 abr 2012

Á lus do candil


Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira, as narracións de Fole conservan toda a frescura e espontaneidade, toda a graza e lixeireza que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias.
Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra. A descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos... Un libro que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e lectoras toda a intensidade e toda a forza de sedución da gran literatura.
  
Á lus do candil
  Anxel Fole

3 comentarios:

  1. Pablo López Mourín, 3ºB ESO3/6/16, 12:36

    O libro ``Á lus do candil´´ é un libro que me ensinou moito sobre a variedade dialectal que se fala no Caurel e sobre algúns contos tradicionais desa zona.
    O libro gustoume moito porque ten moitas historias, algunhas reais e algunhas fantásticas, cuns personaxes basados en galegos normais.

    ResponderEliminar
  2. Brais Pérez Fernández,3ºB ESO3/6/16, 12:53

    Gustoume bastante porque non trata sobre unha historia lineal senón sobre historia que lle contaban o narrador sobre feitos extraordinarios.O conto que máis me gustou foi Antón de Cidrán que viu a súa propia morte en vida.Eu darialle un notable.

    ResponderEliminar
  3. Marta Moreno Osés 3ºESO B3/6/16, 13:04

    Este libro gustoume moito porque conta moitísimas historias diferentes que lle contaban ao narrador.O que teñen en común todas elas é que narran feitos extraordinarios, eran historias que tiñan moita intriga e misterio pero tamén eran moi divertidas para ler .
    O conto ou historia que máis me gustou foi "As meigas atinan sempre".
    Eu recomendo este libro ás persoas que queiran pasar un bo rato de misterio e diversión .

    ResponderEliminar