A poesía non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libro Poetízate –que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo– é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.
O libro de Poetízate axudoume a introducirme na lectura de poemas dunha maneira máis divertida e diferente ó habitual. Creo que é unha poesía moi acertada para a xente da nosa idade cunha idea, quizais, equivocada da poesía .Foi un libro doado de ler e comprender
ResponderEliminarBaixo o meu punto de vista, o libro de poesía "Poetízate" é un achegamento orixinal e atrevido da poesía aos adolescentes, que non adoitan ler este tipo de libros. É doado de ler xa que trata temas da vida cotiá e situacións ás que nos enfrentamos cada día e aínda que non o poida parecer sentínme identificada con algún dos poemas.
ResponderEliminarNa miña opinión, "Poetízate" é un libro de poesía innovador e orixinal para achegar aos adolescentes este xénero. Aínda que a poesía non é o meu estilo de lectura preferido, sentínme identificada con moitos dos poemas que aparecen nesta recompilación.
ResponderEliminarBaixo o meu punto de vista, o libro 'Poetízate' é un libro interesante e cun contido bastante diverso e abundante, xa que contén poemas de numerosos autores e distintas etapas da lingua, dende o Rexurdimento de Rosalía, Curros, Pondal.. ata a poesía de autores e autoras novos como Yolanda Castaño, Olga Novo...
ResponderEliminarAlgo importante deste libro é que aumentan as voces poéticas femininas, e ademáis de isto tamén se observan distintos correntes poéticas, partindo dunha intimista a unha máis cotiá, pasando por outras. Este libro pareceume interesante e gustoume, polo que recomendo a todos os rapaces novos galegos que o lean.
O libro "Poetízate" pareceume unha mestura brillante de poemas de todo tipo cunha importancia salientable do feminismo, modernidade, igualdade...
ResponderEliminarAínda que non todos os poemas foron do meu agrado, recomendo a súa lectura en calquera idade, xa que este libro consegue aumentar o gusto pola poesía.
O libro "Poetízate" pareceume unha mestura brillante de poemas de todo tipo cunha importancia salientable do feminismo, modernidade, igualdade...
ResponderEliminarAínda que non todos os poemas foron do meu agrado, recomendo a súa lectura en calquera idade, xa que este libro consegue aumentar o gusto pola poesía.
Na miña opinión "Poetízate" é unha aposta segura pola poesía de calidade tradicional e novidosa, que recomendo a todo tipo de lectores tanto deste como doutros xéneros tendo así un amplo abano de temas todos eles moi recomendables.
ResponderEliminarLin o libro enteiro cando fixen o traballo, e aínda que algúns dos problemas do principio non os entendín moi ben, o resto gustáronme. Páreceme que, ás veces, a poesía reflicte moi ben o que nós pensamos e hai xente que non sabe apreciar esa característica. Se tivera que puntualo daríalle un 9 sobre 10, pois é algo distinto do que leo normalmente e sorprendeume para ben. Non toda a poesía é aburrida e iso queda demostrado nesta antoloxía
ResponderEliminarA min persolmente non me chama moito a aención a poesía, pero esta vez fíxoseme moi fácil ler este libro xa que ten moitos poemas moi interesantes e cos que me sento identificada. Ademais, a maioría lense rápido e enténense facilmente. En resumo, é un libro moi interesante que recomendaría sen dúbida xa que se pode aprender moito del.
ResponderEliminarEu son unha persoa que le moito, sobre todo narrativa, pero este libro fíxome ver que os poemas, a lírica en xeral, está á mesma altura que os outros xéneros xa que, por exemplo,eu identifiqueime moito os poemas que falaban das cousas malas do pasado e Galicia, porque algunhas delas lle ocorreron á miña familia. É un libro que che fai sentir.
ResponderEliminar