11 abr. 2012

Palabras envelenadas

Palabras envelenadas

Premio Edebé de Literatura Xuvenil
¿Que pasou con Bárbara Molina? Nunca se encontrou o seu corpo nin se conseguiron probas para deter ningún culpable. Unha chamada a un móbil pon patas arriba o destino de moitas persoas: o dun policía a piques de se xubilar, o dunha nai que perdeu a esperanza de atopar a súa filla desaparecida, o dunha rapaza que traizoou a súa mellor amiga.
Palabras envelenadas é unha crónica dun día trepidante, vivido contra o reloxo e protagonizado por tres persoas próximas a Bárbara Molina, desaparecida misteriosa e violentamente cando tiña quince anos. 
Un enigma que, despois de catro anos sen se resolver, vaise ver sacudido por novas claves. Ás veces, a verdade permanece oculta na escuridade e só se ilumina ao abrir unha xanela. Unha historia de mentiras, segredos, enganos e falsas aparencias que pon o dedo na chaga sobre mitos incuestionables.
Un relato arrepiante que disecciona a hipocrisía da sociedade española moderna. Unha denuncia valente dos abusos sexuais infantís, as súas devastadoras consecuencias e a súa invisibilidade neste mundo benpensante
noso.

8 comentarios:

  1. Ana Laura Correa Ribeiro20/6/12 13:35

    Gustoume moitísimo este libro. Ao principio cría que o secuestrara a Bárbara era Martín Bórras, pero cando revisaron o soto da casa de Rosas e a rapaza non estaba comecei a sospeitar da actitude de Pepe Molina. Encantoume o misterio que tiña o libro e ese final tan sorprendende. Xamais pensei que o pobre Salvador Lozano tería un final tan triste! Morrer así, e aínda diso estaba feliz de haber encontrado a Barbara. Xa recomendei o libro a moitas persoas e vou seguir facéndoo porque é un libro inolvidable.

    ResponderEliminar
  2. Gloria García Vivero 2ºA20/6/12 13:41

    Paréceme unha historia que reflicte perfectamente a situación de moitos nenos e nenas que sofren esta desgraza na actualidade. Xente que coma Barbara sofre, desde pequena, o acoso dunha persoa, da que por ela mesmas nunca poderían escapar, e que se refuxian noutras persoas para intentar olvidalo todo. Paréceme unha historia que atrapa dende o principio, facéndonos crer que o sospeitoso está máis ou menos claro e logo despois as cousas complicanse ata confesarnos que o culpable é quen menos esperabamos.

    ResponderEliminar
  3. Adrián Castro Montenegro 2ºA20/6/12 13:48

    Gustoume moito esta historia, non só polo misterio que suscita, senón pola temática tan actual que ten, o maltrato dalgunhas nenas por parte dos seus pais. O principio é un pouco lento, pero o final da historia é apaixoante. Non puiden partar de ler un momento! Recomendo este libro.

    ResponderEliminar
  4. Laura Quintero Álvares 4ºB2/2/14 21:25

    Este libro gustoume moitísimo, había tempo que non lía un libro tan entretido e intrigante, aínda que tamén é realista debido a que a escritora está plasmando a desigualdade da muller con respecto aos homes. A historia que conta, aínda que é un caso moi estraño, pode ser real. A autora anima a todas as mulleres que sofren malos tratos, saxa dos seus país, nais ou parellas, a denunciar e pararlles os pés; posto que senón, a situación vai ir emeporando máis pouco a pouco e chegará un momento que se lle irá das mans e non será capaz de controlala.

    ResponderEliminar
  5. Andrea Fernández Núñez 4ºB28/4/14 11:15

    Esta historia gustoume moito, xa que é unha historia de misterio moi boa e fácil de entender. Ao contrario doutros contos de intriga, se es unha persoa que se fixa moito nos detalles, é fácil darse de conta de cal é o misterio, cousa que eu non vin ata o final da segunda parte e principios da terceira.
    Palabras envenenadas é moi entretido, unha vez que empezas a ler, non paras.
    Recoméndollo a todas aquelas persoas ás que lles guste o misterio.

    ResponderEliminar
  6. Iria Blanco Pérez 4ºC9/6/17 11:02

    Este libro, sen dúbida, é un dos mellores libros que lin na miña vida. Xa que ten misterio, aventura e amor, tres das cousas que me gustan que estean nun libro. É unha historia impactante que fai que te decates de certos detalles que seguramente che sirvan na túa vida.
    Eu recomendaríao á xente da miña idade, xa que estou segura de que lle vai encantar. Animádevos!

    ResponderEliminar
  7. Lucía Raña López8/11/17 20:54

    Este libro fala sobre a investigación de Bárbara, da cal non se sabe nada dende hai cuatro anos. No relato reflíctenos os sospeitosos e engade mais personajes, como por ejemplo Eva, a mellor amiga da rapaza e a que grazas a ela resólvese o enigma. É un libro fácil de ler e moi entretido, xa que non esperas para nada o que vai pasar. Ademais fala dun tema real ao que non lle prestamos moita atención e deberiamos. Recomendaríao totalmente

    ResponderEliminar
  8. Alicia Illán Sastre. 3º ESO6/6/18 10:07

    A verdade é que me gustou máis do que esperaba. Eu víao un pouco longo e non me apetecía lelo en Semana Santa. Ao final comeceino, lin tres capítulos e xa entón enganchoume a historia. Deixa moi claro polo que pode pasar unha persoa que sofre abusos, a demais do difícil e das voltas que pode dar a resolución dun caso, de como o culpable pode ser alguén do que ninguén sospeita no canto dos máis sospeitosos. Se tivera que puntualo sobre dez daríalle un nove, xa que me tivo enganchada ata o final.

    ResponderEliminar