3 abr 2012

Poetízate


A poesía non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libro Poetízate –que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo– é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.

Escritor/a: Varios autores
Editores/as literarios: Fran Alonso
     Edicións Xerais de Galicia

10 comentarios:

  1. Marta 4º B18/6/15, 10:23

    O libro de Poetízate axudoume a introducirme na lectura de poemas dunha maneira máis divertida e diferente ó habitual. Creo que é unha poesía moi acertada para a xente da nosa idade cunha idea, quizais, equivocada da poesía .Foi un libro doado de ler e comprender

    ResponderEliminar
  2. Cris López 4ºB18/6/15, 10:30

    Baixo o meu punto de vista, o libro de poesía "Poetízate" é un achegamento orixinal e atrevido da poesía aos adolescentes, que non adoitan ler este tipo de libros. É doado de ler xa que trata temas da vida cotiá e situacións ás que nos enfrentamos cada día e aínda que non o poida parecer sentínme identificada con algún dos poemas.

    ResponderEliminar
  3. Isabel López 4ºB18/6/15, 10:37

    Na miña opinión, "Poetízate" é un libro de poesía innovador e orixinal para achegar aos adolescentes este xénero. Aínda que a poesía non é o meu estilo de lectura preferido, sentínme identificada con moitos dos poemas que aparecen nesta recompilación.

    ResponderEliminar
  4. Laura Gómez 4º B18/6/15, 10:47

    Baixo o meu punto de vista, o libro 'Poetízate' é un libro interesante e cun contido bastante diverso e abundante, xa que contén poemas de numerosos autores e distintas etapas da lingua, dende o Rexurdimento de Rosalía, Curros, Pondal.. ata a poesía de autores e autoras novos como Yolanda Castaño, Olga Novo...
    Algo importante deste libro é que aumentan as voces poéticas femininas, e ademáis de isto tamén se observan distintos correntes poéticas, partindo dunha intimista a unha máis cotiá, pasando por outras. Este libro pareceume interesante e gustoume, polo que recomendo a todos os rapaces novos galegos que o lean.

    ResponderEliminar
  5. Patricia Andión, 4ºB18/6/15, 11:57

    O libro "Poetízate" pareceume unha mestura brillante de poemas de todo tipo cunha importancia salientable do feminismo, modernidade, igualdade...
    Aínda que non todos os poemas foron do meu agrado, recomendo a súa lectura en calquera idade, xa que este libro consegue aumentar o gusto pola poesía.

    ResponderEliminar
  6. Patricia Andión, 4ºB18/6/15, 11:58

    O libro "Poetízate" pareceume unha mestura brillante de poemas de todo tipo cunha importancia salientable do feminismo, modernidade, igualdade...
    Aínda que non todos os poemas foron do meu agrado, recomendo a súa lectura en calquera idade, xa que este libro consegue aumentar o gusto pola poesía.

    ResponderEliminar
  7. Natalia Torrón, 4ºB18/6/15, 12:10

    Na miña opinión "Poetízate" é unha aposta segura pola poesía de calidade tradicional e novidosa, que recomendo a todo tipo de lectores tanto deste como doutros xéneros tendo así un amplo abano de temas todos eles moi recomendables.

    ResponderEliminar
  8. Alicia Illán, 4ºB14/2/19, 11:52

    Lin o libro enteiro cando fixen o traballo, e aínda que algúns dos problemas do principio non os entendín moi ben, o resto gustáronme. Páreceme que, ás veces, a poesía reflicte moi ben o que nós pensamos e hai xente que non sabe apreciar esa característica. Se tivera que puntualo daríalle un 9 sobre 10, pois é algo distinto do que leo normalmente e sorprendeume para ben. Non toda a poesía é aburrida e iso queda demostrado nesta antoloxía

    ResponderEliminar
  9. Mireia Arcas 4ºESO14/2/19, 12:04

    A min persolmente non me chama moito a aención a poesía, pero esta vez fíxoseme moi fácil ler este libro xa que ten moitos poemas moi interesantes e cos que me sento identificada. Ademais, a maioría lense rápido e enténense facilmente. En resumo, é un libro moi interesante que recomendaría sen dúbida xa que se pode aprender moito del.

    ResponderEliminar
  10. Brais Piñeiro, 4º ESO14/2/19, 12:21

    Eu son unha persoa que le moito, sobre todo narrativa, pero este libro fíxome ver que os poemas, a lírica en xeral, está á mesma altura que os outros xéneros xa que, por exemplo,eu identifiqueime moito os poemas que falaban das cousas malas do pasado e Galicia, porque algunhas delas lle ocorreron á miña familia. É un libro que che fai sentir.

    ResponderEliminar