3 abr. 2012

Chamábase Luís

Luís, trinta anos, dous fillos de trece e oito anos. Drogadicto dende os vinte, vivía sen traballar a costa da familia e do que sacaba en arrepañar no alleo. Luís é un ser humano que se consome, fráxil coma un vidro. A súa familia é arrastrada na mesma desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia e a resignación. Facer dunha vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende por forza do suxeito marcado. Chamábase Luis, de Marina Mayoral, novela editada en 1989 dentro da colección «Crónica» e reeditado en sete ocasións e agora recuperada para «Fóra de Xogo», pode ser o caleidoscopio dos reflexos dunha vida pendente da adicción á heroína con tódolos seus ingredientes, incluíndo mesmo o último castigo, a presencia da SIDA. Nove testemuños a falar, desde a súa propia óptica, sobre Luís ou sobre si mesmos. Todos vítimas dun dos maiores dramas do noso tempo. 



Marina Mayoral (Autor/a)
Colección: INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
8ª Edición - Premio Losada Dieguez (Creación Literaria), 1989

13 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Manuel 3a20/4/12 12:38

    Esta lectura pareceume moi interesante ao mostrar unha visión moi realista dos sentimentos e distintos pensamentos que xorden na família dun drogadicto.
    O pensamento e actitude que me parecen máis loables e que se parecen a actitude que tería eu son o de Alberte, ao que toda a xente considera egoísta e que eu creo que é moi valente ao intentar afastarse dese mundo.
    O feito de ler este libro aportoume unha idea máis aproximada de como se vive e os sentimentos que aparecen cando un membro da família é drogadicto.
    Non coñezo a ninguén que consuma droga pero si que beban ou fumen e non me canso de intentar que deixen de facelo advertíndolles das consecuenias.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  5. A mín persoalmente pareceume un libro que de poucos son capaces de contar unha historia tan traxíca de maneira que podese comprender a idea principal do libro e do que nos quere expresar de como se pode sentir a xente do arredor cercans as drogas de como cre cada un como axudar incluso como se sente o propio drogadicto e uhna aventura fascinante pola realidade de como os pequenos xestos de cada una de as experiencias que non se poden expresar con palabras senón que esto expresase no interior de cada persoa.

    ResponderEliminar
  6. Driss daki20/4/12 13:06

    A min na miña opinión me parece moi intereante este libro, nel se reflexa a realidade de forma curiosa, xa que con cada capitulo vemos o mundo dunha distinta forma.Cada capitulo e como unha pieza que cando encaxan forman unha bela e fermosa historia, eu a encontro fermosa, porque reflexa a pura verdade, e sirve para os que a lean como unha experiencia para mellorar a súa autoestima, algunas veces me preguntei como os drogadictos se sentían xa que eu veia que eles ian as drogas directamente sen tentar consolarse ou ao menos encontrar as boas cousas nas súas vidas, esta novela me mostrou que os drogadictos tamén son persoas sen importar o diferente que se vean.
    Driss Daki 3ºA

    ResponderEliminar
  7. Anónimo3/5/12 9:47

    A lectura "Chamábase Luís " é moi interesante e gustoume moito. É unha historia que ocorre na vida real polo que interesa aprender cousas que non sabes ou descoñeces. Pensar que é dificil estar na pel de Rosa que encima de ver como o seu fillo Luíspode morrer en calquera momento ten que estar traballando para darlle o vicioou aguantar os roubos del, pero fai ben, porque a un fillo por moi malo que sexa ou teña o que teña nunca se lle debe dar a espalda.
    O feito de nuncaestar nunha situación así faiche pensar o malo que é meter ese veleno no corpo porque ao mellor dende un mesmo non se ve, ao contrario ao mellor pensas que é bon, pero se o ves nunha situación allea a dun dáse de conta de que é perxudicial.
    Ainda así ás veces non se decatan porque por exemplo Luís viu que o seu irmán morreu e ainda así non deixou as drogas, sería un motivo suficiente para deixalas , máis así non o fixo.

    Paula Ceide 3ºA

    ResponderEliminar
  8. Ë un libro que sempre gusta moito polo seu verismo e porque fai poñerse na pel dos que sofren esta lacra social.

    ResponderEliminar
  9. O libro de ``Chámabase Luís´´, foime un libro ameno e fácil de ler, apropiado, para o meu gusto. No principio, iba camiño de parecerme un libreo un pouco pesado, pero pouco a pouco iso foi cambiando. No personaxe co que máis me identifico é con Alberte, aínda que por sorte non tiven que vivir nunca esa situación, penso igual ca el.
    A lectura ensinoume, que as drogas cando estas enganchado a elas e casi imposible liberarse da súa adicción, e se ti te metes nelas, e o teu problema. A verdade e que non coñezo a naide cercano que consome drogas ilegais, pero se fora así, o que intentaría facer ao principio sería axudalo a darlle consellos, pero se a cousa seguira avanzand, eu non podería facer nada, e culpa miña de que estivera adicto non iba ser.

    ResponderEliminar
  10. Adrián Castro Montenegro20/6/12 13:52

    Gustoume este libro, sobre todo a parte narrada por Rosa, xa que conta coma os seus fillos cambiaran a súa vida. A droga é un tema da actualidade e moitos rapaces caen nela hoxe en día. O que lle pasa a esta familia non é nada extraordinario. Este´, ó meu parecer, é un dos mellores aspectos do libro. Recomendo este libro xa que as drogas protagonizan moitas historias, pero esta forma de narrala é orixinal.

    ResponderEliminar
  11. Sara Fernández14/11/13 17:33

    A min a verdade é que me interesou a lectura porque era de drogas. Este tipo de libros acostuman a gustarme todos. Eu identifícome moito con Rosa, porque parécome a ela na forma de ser. É unha lectura bastante amena.

    ResponderEliminar
  12. Laura Gómez Trinidad17/11/13 20:42

    'Chamábase Luis' pareceume unha lectura bonita, pero non podo decir que me encantou. A verdade é que non me identifiquei con ningún dos personaxes. Para min foi a típica lectura na que non te aburres, pero tampouco te divirtes. Ensinoume que aínda que sólo te metas no tema das drogas para gañar diñeiro, acabas metido ata as trancas. E tamén é moi triste ter a un familiar ou un amigo drogadicto e, que por moito que o intentes é moi pouco posible sacalo dese mundo. Si, coñezo a alguén que consume droga e antes, e despois de ler este libro diríalle o mesmo, que a vida é moito máis bonita como para acabala moribundo nun hospital e que droga é a peor amiga que podemos ter.

    ResponderEliminar
  13. Luis es un gay

    ResponderEliminar