2 abr. 2012

O inferno de Marta




Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no inferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de escapar de alí. Esta novela de Pasqual Alapont, escrita ao xeito dun thriller, con psicópata incluído, pon os pelos de pé. Esta é a historia de Marta, unha moza que se enamorou da persoa equivocada; pero tamén é a historia dunha amizade a proba de bombas que cativa pola súa tenrura. O libro complétase con A máscara do amor, un texto no que o psicólogo e criminalista Vicente Garrido analiza os comportamentos de risco que calquera persoa moza debería ter en conta para evitar caer no inferno do maltrato físico ou psicolóxico. Un libro útil que combina unha novela emocionante chea de suspense e un práctico libro de autoaxuda.

Pasqual Alapont (Autor/a), Ignacio Chao Castro (Tradutor/a)





4 comentarios:

  1. Antía Ceide Cabado 2º ESO A22/6/12 10:02

    Este libro gustoume moito, creo que debería lelo moita xente, en especial as rapazas, pois reflicte sucesos que acontecen demaisado a miúdo nos nosos días.
    Vese comom un home manipulador pode separarte das túas amigas, familia, do mundo, cambiar a túa personalidade, anularte, encerrarte e, o que é peor, facerte sentir que a culpa é túa. Os casos de maltrato son un verdadeiro inferno. Recomendaría este libro a toda a xente, tanto adultos coma rapaces.

    ResponderEliminar
  2. O libro "o inferno de Marta " gustoume moito xa que conta a historia dunha rapaza que é maltratada polo seu mozo.
    Isto que lle ocorreu a Marta pasalle hoxe en día a moitas persoas pero igual ca ela non saben saír desa relación.
    Este libro aprendeche a seleccionar ben a persoa que tes ao lado e abreche os ollos ante situacións que nunca viches.
    Polo simple motivo de que Marta logrou saír desa relación xa merece unha gran valoración e enhoraboa , sobretodo un gran apoio por parte dos seus amigos e familiares.

    Paula Ceide Sixto 3ºA

    ResponderEliminar
  3. Ana Laura Correa Ribeiro, 3º ESO13/6/13 13:38

    Este libro resultoume moi intereante e fácil de ler. O autor pretende mostrar aos lectores o perigo que hai cando alguén non quere ver o que de verdade ten diante. Marta namorase de Héctor pero non se decata de que o amor del non é verdaddeiro.
    O libro móstranos como as mozas tamén poden ser as protagonistas dos maltratos, que debemos de estar atentas a todo o que nos rodea e que o perigo pode estar máis cerca do que pensamos.

    ResponderEliminar
  4. María Fernández Cordeiro, 3º ESO13/6/13 13:45

    Gustoume moito este libro porque non só é un libro co que te podas entreter, senón que tamén aborda un tema tan importante como é o do maltrato de xénero.
    Desde a primeira ata a últma páxina crease un clima de suspense sobre o que vai pasar con Marta, Héctor e todos os que rodean a parella.
    Recomendo este libro a todos os lectores que lles gusten os libros de intriga.

    ResponderEliminar