9 ene 2012

Cartas de inverno

Agustín Fernández Paz
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. A narración está estructurada ó xeito das monecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995. 













19 comentarios:

  1. Eu imaxino que na cripta hai un burato negro no que non se ve nada, ó entrar nela caes nun cuarto pechado, no que só hai una pequeña fiestra polo que te tes que asomar, entón recoñecen que es un humano e ábreseche un burato no solo polo que che mandan baixar, entras nunha sala igual ca do gravado na que te atan e o demo empézate a devorar.
    Iago Montero Piñeiro 3ºB

    ResponderEliminar
  2. É un libro bastante bo, ten de todo, intriga, ciencia-ficción, misterio, aventura e realidade.
    No libro hai varios feitos que me gustaron como que a Xabier lle daba igual o que lle dixera a xente por escribiren en Galego e outro feito que me encantou foi como un bo amigo como Xabier foi en busca de Adrián sen saber o que lle ía pasar na cripta.
    Tamén hai dúas cousas que non me gustaron nada, o libro non explica o que hai na cripta nin o que lle ocorre a Xabier e Adrián, tampouco me gustou que Tareixa queimara o libro onde tiña que estar a trapela da cripta, bueno, non é que non me gustara, é que non o entendín.
    É un libro que lle recomendo ler só a xente que lle gusten estes tipos de libros porque o que lles gusten os libros amorosos vai ser incapaz de entendelo.
    Gozar lendo no gozei porque a lectura non é unha das miñas pasións.
    Iago Montero Piñeiro 3ºB

    ResponderEliminar
  3. Eu imaxino que na cripta hai uns zombies qe capturan á xente que vive na casa e lles convérten neles. Esteszombies están cubertos por un manto negro para tapar a súa pel que é parecida á terra. Aos que capturan comenlles o cerebro e hipnotizan para que non intenten fuxir. Os zombies só se instalan en lugares apartados para chegar a ser unha masa deles que poida acabar co mundo. Só se pode acabar con eles facendo que beban sangue do ser humano do que saíron e queimalos para eliminar a terra da pel.

    ResponderEliminar
  4. Antía Ceide Cabado 2º ESO A22/6/12, 9:56

    É un libro que polo xeral gustoume, aínda que os capítulos finais non moito porque che deixan coa dúbida do final dos protagonistas. Aínda que teña un pouco de ciencia ficción, conta o relato de forma moi realista. Non é un libro curto pero tampouco moi denso e as palabras e as expresións usadas son de vocabulario xeral e non hai problema á hora de entendelas. Eu recomendaríalles este libro ás persoas que lles gusta ler obras de misterio porque está moi ben.

    ResponderEliminar
  5. Joel González Cabana, 3º A19/2/13, 9:34

    Gústame moito este libro. Ao principio parece que vai ser aburrido, pero ao final o libro dá unha volta á historia e convértese nunha historia de medo.
    Deixoume con algo de intriga polas cousas que podería pasar, e tamén porque non chegamos a saber que é o que realmente había na cripta.

    ResponderEliminar
  6. Este libro gustoume bastante, exceptuando o final, que me esperaba outra cousa, pero quitando iso, a intriga que este ten gustoume moito, nunca sabes o que pasará polo que agrada lelo. Cando comezas non te esperas que a historia se desenvolva así, e o final é aberto, cada un pode imaxinar unha cousa e... por todo esto recoméndolle a calquera que o lea,que fixo que lle gusta

    ResponderEliminar
  7. VILARIN :(28/4/16, 12:16

    O libro gustoume, pero decepcionoume ao final, xa que me deixou coma se faltase algo, como se estivese incompleto :(. O resto a verdade é que non me defraudou. A parte que máis me gustou é cando Adriá na súa casa empeza a recibir fax, empézase a asustar, desenchúfao, mais segueos recibindo, con papeles escritos que non tiñan sentido

    ResponderEliminar
  8. Anxo Toimil, 2ºC28/4/16, 12:18

    O libro gustoume, a o principio era aburrido, pero despóis tanto misterio, foi moi intrigante, gustaríame saber que habería na trapela.

    ResponderEliminar
  9. Nacho 2ºC28/4/16, 12:18

    Gústoume moito o libro porque cada vez que pasas cada paxina, cada capítulo cada vez tes máis intriga do que vai pasar despois.
    O que máis me gustou foi cando Xavier foi en busca do seu mellor amigo Adrián, sen saber que había na casa, entrou con moita valentía, pasando grandes perigros.
    Eu persoalmente recomendo que leades este libro, é moi interesante!

    ResponderEliminar
  10. Héctor Ulloa Carballo28/4/16, 12:19

    Este libro pareceume interesante porque é unha mestura de realidade e ficción.GUSTOUME

    ResponderEliminar
  11. Noelia Valín Buján 2ºESO C
    O principio do libro non me gustou para nada o que fixo que me desanimara moito o seguir lendo pero según avanzaba na historia ía entrando máis no libro e cando me quixen dar conta xa estaba intrigada pola trama.
    Encantoume.Foi o mellor libro en galego que lín e sen ningunha dubida recomendariallo a calquer persoa.
    O que menos me gustou foi o final, non esta demasiado claro o que pasa con Xabier e Adrián e creo que ocuparon o lugar da nena.
    Non me foi difícil entendelo e o máis seguro é que o volva a ler.

    ResponderEliminar
  12. Persoalmente, o libro gustoume moito. Trata moito o medo e misterio, e fai que te introduzas facilmente dentro do libro e que te poñas na pel dos personaxes.
    A parte que máis orixinal me pareceu foi a do gravado, porque cando ves o misterio que trae consigo méteste aínda máis na historia e estás ansioso por ver como segue.
    O único pero que lle poño e que tarda en intrigarte...
    Póñolle un 9 de 10

    ResponderEliminar
  13. Tamara Villamor28/4/16, 12:20

    O libro gustoume moito xa que, foi un dos poucos que me intrigaba saber como acababa, un dos que non podía parar de ler. De lingua galega foi o que máis me gustou sen dúbida ningunha. Si que llo recomendaría a un amigo, sobre todo ao que lle guste o misterio, o medo e a ficción. Pareceume doado de ler,o vocabulario non era difícil e entender quen era o narrador en cada momento tampouco.

    ResponderEliminar
  14. Einés Herráez Fernández28/4/16, 12:21

    O principio do libro é moi monótono e bastante aburrido polo que pensei que seria así todo o tempo pero a medida que a historia avanzaba poñíase mellor, maís interesante. O misterio está en todo momento e síntese case a mesma presion, medo e curiosidade que Andrés. O final aberto deixa moito que pensar sobre que ve Tereixa no libro e que pasa con Andrés e Xavier. Teño moitas teorias ao igual que moitas dudas. Durante todo o libro estiven ca tension no corpo e non puiden evitar gritar a Andrés durante o relato. Está moi ben e gustoume moito.

    ResponderEliminar
  15. Un libro de misterio e tensión. A verdade é que a trama é moi orixinal con respecto a outras que teño lido. Gústame sobre todo o de que conte a historia con cartas xa que enlaza moi ben e a fai máis amena. O feito do gravado e de que se mova fai que te manteñas en tensión intentando imaxinar o próximo movemento.
    É un libro que da paso a moita imaxinación ao deixar partes da trama abertas para que complete o lector e o feito de que esté ambientado en Galicia fai que sexa máis creíble.

    ResponderEliminar
  16. Gustoume moito este libro, sen dúbida é o libro que máisme gustou dos que foron obrigtorios nesta lingua. O que máis me gustou do libro foi cando encontrou o libro de gravados. E o que menos o final, non me gustou que Adrián e Xabier morreran no incendio, tampouco me gustou que me deixáran coa intriga do que había na cripta.

    ResponderEliminar
  17. Naila de la C. Hernández Gácita .28/4/16, 12:22

    Gustoume o libro Cartas de Inverno aínda que me costou lelo porque estoume iniciando e na lingua galega

    ResponderEliminar
  18. Martín Villares, 2ºC28/4/16, 12:23

    Gústoume moito este libro. A intriga non chega ata a metade do libro, pero unha vez que empezas non podes parar. Gustoume tanto o libro que sentía o que sentían Adrían e Xabier. Quedeime coa intriga de saber que había na cripta. O final é o unico que non me gustou pero o resto do libro gustoume. non sei que máis dicir de este marabilloso libro. Recomendobolo moito.

    ResponderEliminar