3 dic 2011

A praia dos Afogados

Autor: Domingo Villar
Editorial Galaxia
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.
Presentación editorial

5 comentarios:

  1. É a mellor novela que lin nunca, produce moita intriga e ademais medo. Gustoume moito pola relación entre os personaxes e os lugares. Ó principio asustábame que fose tan longo, pero a medida que ías lendo, non podes parar. Eu aprendín que quero ser inspector de policía cando sexa maior. Os personaxes que máis me gustaron foron Marcos Valverde e Rafael Estévez pola súa maneira de vivir. Se tivese que darlle una puntuación sería de un 9,5. Espero que o leades, e se non o ledes, a vida non vos cambiará, senón que irá a peor. Isto é todo amigos. Adeus.

    ResponderEliminar
  2. María Castrillón Tort 4ºESO19/12/12, 12:09

    A novela de "A praia dos afogados" pareceume interesante. Aínda que ao principio a narración ía un pouco lenta e, todo hai que dicilo, a investigación do caso tamén, comezou, pouco a pouco, a coller ritmo, descubrindo máis probas, máis sospeitoso, máis personaxes e lugares que descubríamos lentamente nunha enrevesada historia de enganos, traición e dor entre as visitas ao hospital, os paseos en cohe e o fume que desprendían os cigarros de Leo Caldas, mesturados á súa vez coas súas intervencións na radio e a súa reación con Alba, a misteriosa muller mentada en ocasións e da que se sabe ben pouco.
    O que máis me gustou foron os cambios de dirección da investigación, que enganchaban ao lector sen apenas darse de conta. Doulle a este libro un 8, xa que índa que é un moi bo libro, hainos tamén mellores e peores, e como as novelas de detectives non son o meu forte, teño que dicir que foi unha das mellores que lin deste estilo.

    ResponderEliminar
  3. María García 4ºA27/1/15, 10:49

    A min personalmente este libro gustoume, xa que mantén o misterio ata o final, faite seguir paso a paso a investigación xunto con Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez, este último personaxe é o meu preferido, porque é o que lle dá uns toques de humor á historia.

    ResponderEliminar
  4. Zaira Valcárcel Núñez,4ºB6/6/17, 13:55

    O libro gustoume moito porque me resultou moi intrigante. A medida que o ía lendo imaxinábame distintos finais,pero nunca pensei no desenlace da historia que finalmente lle deu o autor. Gustoume esa sorpresa final.

    Recomendo a lectura deste libro ás persoas que lles gusten as historias de intriga porque a tensión mantense ata o final.

    ResponderEliminar
  5. Lucía Raña 4°B28/1/18, 12:54

    Nun principio o libro pode parecer pesado, porque o desenvolvemento da historia ocorre lentamente, mais cando a trama empeza sendo máis interesante non poder deixar de lelo. Engánchate , e sobre todo faite cambiar os teus pensamentos sobre que pode ser o culpábel. É moi impredecíbel, xa que cando pensas que tes un fío na historia e xa o tes todo claro, ocorre un xiro dos acontecementos. Pode parecer longo,sen embargo engánchate e tes ganas de ler outro pouco máis ata acabalo e sen darte conta. Encantoume e é un dos mellores libros que lin. Recoméndoo sen dubidalo!

    ResponderEliminar