London, Jack (Autor/a)
Navaza, Gonzalo (Traductor/a)
No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da loita pola existencia para, ao cabo, sentir a chamada do atávico, o achegamento ao lobo, o seu irmán salvaxe, que ha cantar co seu ouveo a canción do mundo primitivo.
Sorprendeume este relato.Un can "mimado" convértese no máis temido de Alaska.
ResponderEliminarEu recomendo esta lectura, xa que non é un libro tipico, é moi orixinal. Un relato dende o punto de vista dun can, é moi bonito e distinto.
Andrea Blanco Pérez 2º ESO A
O tema do que fala é o maltrato, a explotación e o abandono dos animais, un tema moi presente na actualidade. Gustoume a capacidade se supración do can e entristeceume a parte na que Buck era maltratado. Aínda que o protagonista principal é un animal, ás veces sínteste identificado con el.
ResponderEliminarO final é positivo e deixoume unha sensación agradable. Recomendaría este libro ás persoas que lles gusta ler obras non moi densas.
Eu recomendo este libro a todas as persoas maiores de 10 anos que lles gusten as novelas de cans e aventuras, xa que é curto e moi interesante.
ResponderEliminarA parte que máis me gustou foi a parte na que o can protagonista vive cunha manda de lobos, salvaxe como se fose un deles, cazando para sobrevivir nas frías terras de Alaska