3 nov 2011

Chamando ás portas do ceo


Jordi Sierra i Fabra

Rodeira (2006)


Silvia, estudante de Medicina, marcha á India para traballar como cooperante durante o verán nun hospital situado nun perdido lugar do mundo. Ao facelo, enfrontáse cos seus pais e co seu noivo, e toma así, seguindo o seu instinto e o seu corazón, unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo non de dous, senón de tres mundos: por un lado Arturo, que a espera en España; por outro Leo, o médico, cooperante coma ela, capaz de renunciar a todo por estar alí; e, finalmente, Mahendra, o hindú que garda o máis doloroso dos segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen fronteiras.

3 comentarios:

  1. Paula Portela Cabana. 2ºA20/6/12, 13:37

    Este libro gustoume moito. Non aburre en ningún momento, o autor consegue meterte na historia e as cousas non se contan dunha maneira tan inocente coma noutras novelas. Os personaxes secundarios (Leo, Elisabet, Viji, Narayan...) son moi interesantes. O meu preferido sen dúbida foi Mahendra.
    O único que non me gustou nada foi Silvia, a personaxe principal. Na maior parte dos libros de Jordi Sierra i Fabra as protagonistas son rapazas guapas e intelixentes que están fartas de que só as valoren polo físico, e esta novela non é unha excepción, así que me gustaría que cambiara un pouco a personalidade das protagonistas. Polo demais, o libro recomendaríallo a calquera persoa.

    ResponderEliminar
  2. Andrea Blanco Pérez 2º ESO A20/6/12, 13:57

    É un dos meus libros preferidos, polo tema actual que trata e ademais polo que che fai reflexionar sobre a vida na India, o difícil que é ser alí unha rapaza con casamentos amañados...
    É unha novela que gusta dende o principio e difícil de deixar cando estás a lela. Por todo isto recomendo este libro a todos os que vos guate ler.

    ResponderEliminar