20 oct. 2011

Cabeza de Medusa. Marilar Alexandre

Autora: Marilar Alexandre
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, “unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve”. A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura.
[Presentación editorial]

10 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Antia Ceide Cabado 2º ESO A20/6/12 13:38

    Creo que este libro serve para ter en conta que non se pode confiar en todo e en todos porque hai xente mala no mundo. Con esta lectura vin que a repercusión social fai moitísimo dano a unha persoa.
    Este libro trata un tema da actualidade como é a repercusión social das violacións. Nesta época hai moita xente que sofre iso. A lectura deste libro fíxome ver a vida doutro xeito e entender que non todo son pétalos de rosa. Para min o final foi imprevisible e non o cambiaría.
    Respecto das personaxes, vinas ben caracterizadas aínda que non me identifico con ningunha.
    A parte que máis me impactou foi cando os pais dunha rapaza non querían denunciar polo que se poidese dicir no instituto.
    Eu recomendo esta lectura xa que é moi interesante, ensina cousas da vida que poden ocorrer e porque é fácil de ler e non moi denso.

    ResponderEliminar
  3. Ana Laura Correa Ribeiro20/6/12 13:46

    O libro reflicte moi ben a realidade e faiche pensar nas cousas que unha cre que nunca lle pasaría pero ó final pásalle. Gustoume moito a parte na que Jessica cóntalle a Sofía o que lle pasara, o que menos me gustou foi a pintada de Mauricio, paréceme moi mesquiño e egoísta que alguén lle faga iso ás rapazas. O final paréceme moi curto, gustaríame que contara que pasa con Sofía e Lupe, como acaba o da violacíon, se Mauricio segue portandose mal coas rapazas...
    Recoméndolle o libro as persoas que lles gustan ver a realidade. Realmente, foi unha lectura moi interesante.

    ResponderEliminar
  4. Eva Rodríguez Carretero, 4º ESO A28/12/12 20:03

    A Cabeza de Medusa.
    Este é un libro que relata o día a día de dúas rapazas despois de seren violadas. Conta todo o que elas sofren pola vergoña que algúns queren que sintan por algo que non é culpa súa, e como con axuda de outros van intentar superar, pouco a pouco, o trauma daquela noite de Entroido. No relato aparecen uns amigos verdadeiros dos que só hai tres ou catro, algún rapaz que as queira de verdade, uns pais comprensivos e outros menos, persoas que o único que queren facer é dano… A vida destas dúas rapazas cambiará moito despois de todo isto, convertendo esta novela nun relato realista e que vos recomendo de verdade.
    A autora cita a Metamorfose, a Biblia, ou outros contos de mitos e lendas, utilizando un pequeno fragmento ó comezo de cada capítulo para demostrar como, dende hai séculos, as mulleres violadas eran obxecto de burlas e mofas, e sentían a dor da marxinación . Tamén quere demostrar que,en moitos casos, sofren todo iso por algo que non é culpa súa, contra o que elas non puideron facer nada, e que han de ser elas as castigadas, cando o castigado debería ser o violador e non a violada.

    ResponderEliminar
  5. Laura Quintero Álvarez 4ºB27/11/13 11:23

    Cabeza de Medusa pareceume un libro moi interesante, fácil, rápido de ler e que conta cousas moi reais, que están por desgraza hoxe en día na nosa sociedade. O autor pretende denunciar dalgunha maneira a situación das mulleres e pretende concienciar a quen o le de que o feito de que unha muller sexa violada non debe ser unha vergoña para ela, senón para o agresor.
    Persoalmente, pareceume un libro moi interesante e do que aprendín bastantes cousas, Animo a que o lea o maior número de xente posible.

    ResponderEliminar
  6. Roberto Cedrón, 4º ESO19/6/15 9:19

    Pareceume un libro bastante interesante porque este tema acostume ser tabú, e eu nunca lera un libro así. A pesar da temática cruenta reflicte a situación que sofren moitas mulleres, sobre todo adolescentes. Tamén se aprende sobre a cultura grega, concretamente sobre a historia de Medusa.

    ResponderEliminar
  7. Alba Varela García 4ºESO C12/6/17 14:09

    O libro gustoume moito, porque é moi interesante e fala sobre un tema moi presente na actualidade: as violacións e como o entorno das persoas que as sofren actúa e reaccionan ante esta situación. Tamén fala das medidas que se toman tanto legalmente como personalmente e todas as consecuencias que leva consigo o simple feito de denunciar e querer que o violador pague polo que fixo. Recoméndoo a todos os adolecentes, xa que é fácil de ler e trata temas curiosos para nós.

    ResponderEliminar
  8. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  9. Este libro a mí gustoume moito e recomendaríao totalmente, xa que fai unha crítica sociale de como se porta a sociedade fronte ás violacións e de como reaccionan as persoas afectadas. O que máis me chamou a atención foi o título do libro, xa que non entendía que relación podería ter. Ata que descubrín que era unha historia basada na mitoloxía grega dunha mortal chamada Medusa que foi violada por Poseidón por parecerlle moi atractiva. Neste caso,Medusa é a que recibe o castigo en vez de o seu violador. Foi bastante entretido e ademáis chama moito a atención, xa que deixa un final aberto

    ResponderEliminar
  10. Lucía Rouco 4ºESO B20/1/18 12:15

    Personalmente é un libro que me enganchou e que recomendaría a todos lelo, incluso o vexo necesario xa qe¡ue refricte moi ben a sociedade e relátao dunha maneira na que nos deamos de conta do que hai que cambiar.
    Apréndese moito, a versión dunha rapaza que foi violada, como ela o ve e o diferente que, por exemplo eu podia ver fai un tempo.
    O punto que destacaría do libro é a maneira de contalo, sen tabús e dicindo todo tal e como é, e tamén destacaría a maneira que fai para contar diferentes puntos de vista sen escapar do fío.

    ResponderEliminar